Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 27 de decembro de 2012

Segundo posto do equipo alevín en Abegondo


O día 26 de decembro participamos no "I TORNEO DE NADAL MINIBALONMÁN CONCELLO DE ABEGONDO"




O torneo comezou coa presentación dos equipos e continuou coa celebración dos partidos, moi aplaudidos polo público asistente.
O equipo alevín de Ribadosar tivo unha extraordinaria actuación, clasificándose primeiro de grupo, derrotando a grandes rivais como o CB Xallas e o Xiria A. Noraboa aos nosos xogadores pola súa grande actuación:

Alex (22), Antón (17), Felipe (47), Pedro (45), Ricardo (10), Rodrigo (54), Sergio (49), Teo (30), Xoaquín (62) 

Despois dunha disputadísima final contra CB Pontedeume, acadamos un segundo posto.

Nenos e pais disfrutamos dunha xornada de deporte que finalizou coa entrega dos trofeos.




Moitas grazas a todos os pais que nos acompañaron e fixeron posible esta xornada.

Dende o Club Balonmán Ribadosar queremos felicitar á organización do Torneo.


mércores, 12 de decembro de 2012

Horarios partidos fin de semana

Este fin de semana comeza a competición das categorías alevín e benxamín, xogamos en Carballo en modo de concentración. O autobús salira do colexio Quiroga Palacios ás 9:00 da mañá e estaremos de volta sobre as 14:10 horas.
Deixámosvos a relación dos partidos que xogamos este fin de semana en todas as categorías, con horarios e mais información no seguinte link.

martes, 27 de novembro de 2012

Competición Benxamín e Alevín

O sábado día 15 de decembro comezan as competicións das categorías, Benxamín e Alevín,  en breve poñeremos os horarios.




mércores, 21 de novembro de 2012

O sábado 24 de novembro xogaremos cos infantís na casa.

Os benxamíns e alevíns xogarán en Santa Comba un partido amistoso contra o Balonmán Xallas, e pola súa banda ao finalizar os devanditos partidos xogarán os cadetes.

mércores, 31 de outubro de 2012

Entrevista a Gregorio en Radio Obradoiro

Deixovos aquí a entrevista que lle fixerón o día 30 de outubro a Gregorio en Radio Obradoiro


Partido do equipo cadete este sábado en Bueu

Este sábado día 3 de novembro ás 10:00 da mañá xogase o partido entre os equipos cadetes  RIBADOSAR ABRIGADOIRO - BUEU ATL. no pavillón municipal de deportes en Bueu.


Saímos as 8:00 da maña do colexio Quiroga Palacios

Como chegar o Pavillón Municipal de Deportes

luns, 8 de outubro de 2012

DEBUT DO EQUIPO CADETE RIBADOSAR ABRIGADOIRO CON BO SABOR DE BOCA

Primeiro partido dunha longa tempada, para o noso equipo cadete celebrado en Redondela ante a S.A.R.

Dende o principio os xogadores do equipo local demostraron a súa maior experiencia neste deporte, impoñendo o seu xogo ante os nosos voluntariosos rapaces que, pouco a pouco foron asentándose no campo e que mesmo por momentos e grazas ás boas intervencións do noso porteiro 
Andrea, se impoñía en curtos parciais do partido.


A destacar a achega de 
Danyer e Adrián dende o punto de vista ofensivo e o traballo de todos e cada un dos compoñentes do equipo en labores defensivos.




Por outro lado, celebrar o debut neste deporte de 
Iago e Xabi que demostraron a súa ilusión e entrega en todo momento, ao igual que o resto dos seus compañeiros.


En resumo, merecida derrota do noso equipo, que deixou claro que ten que mellorar moito, pero que con esa actitude e entrega, a bo seguro o conseguirá ao longo da tempada.


Aliñación: 
Andrea, Antón, Lorenzo, Adrián, Oscar, Iago, Quique,Roberto, Emilio, Xabi e Danyer.

venres, 28 de setembro de 2012

HORARIOS DE ADESTRAMENTOS TEMPADA 2012/13



INFANTILES E CADETES: 18:15 a 20:00 - Lúns e mércores.

BENXAMÍNS E ALEVÍNS: 16:00 a 18:00 - Venres


sábado, 22 de setembro de 2012

ADESTRAMENTOS PRÓXIMA SEMANA

 
Mentras non nos asignen o horario definitivo para este curso 2012/13 esta semana teremos os seguintes horarios de adestramento:

LÚNS E MÉRCORES (24 e 26 de setembro) ADESTRAMENTO DOS EQUIPOS INFANTIL E CADETE
HORARIO: 17:00 a 19:00
LUGAR: PAVILLÓN DO QUIROGA PALACIOS


VENRES (28 de setembro) ADESTRAMENTO DOS EQUIPOS PRE-BENXAMÍN, BENXAMÍN E ALEVÍN
HORARIO: 17:00 a 19:00
LUGAR: PAVILLÓN DO QUIROGA PALACIOS

martes, 18 de setembro de 2012

PARTIDOS AMISTOSOS ESTE FIN DE SEMANA


Este fin de semana, sábado 22 de septiembre, se van a jugar una serie de partidos de todas las categorías contra el Balonmano Xallas en Santa Comba.

ALEVINES Y BENJAMINES
Hora: 16:00
Lugar: Santa Comba. Pabellón Municipal

INFANTILES Y CADETES
Hora: 17:30
Lugar: Santa Comba. Pabellón Municipal


Hora de salida: 15:00 desde el Pabellón Quiroga Palacios. Tenemos que ir en coches particulares.

domingo, 16 de setembro de 2012

HORARIOS ADESTRAMENTOS DESTA SEMANA

Horarios adestramentos desta semana:

INFANTILES E CADETES
Lúns 17/09/12 e venres 21/09/12 desde as 17:00 ás 19:00 no pavillón Quiroga Palacios.

ALEVÍNS E BENXAMÍNS
Mércores 19/09/12 desde as 17:00 ás 19:00 no pavillón Quiroga Palacios.

luns, 10 de setembro de 2012

REUNIÓN E ADESTRAMENTO DOS EQUIPOS ALEVÍN E BENXAMÍN

 
O VENRES 14 de setembro comenzan os adestramentos dos equipos alevín, benxamín e pre-benxamín. Podedes traer ós vosos amigos.

Hora: 17 a 19:00 horas
Día: venres 14 de setembro de 2012
Lugar: pavillón Quiroga Palacios
Convocados: alevíns, benxamíns e pre-benxamíns.

luns, 3 de setembro de 2012

COMENZO ADESTRAMENTOS TEMPADA 2012-13

Despois das vacacións, que esperamos que foran moi boas e que o pasárades moi ben,   o lúns 10 de setembro comenzan os adestramentos dos equipos infantil e cadete. É importante que asistades todos pois ese día planificaremos os adestramentos e falaremos do calendario desta tempada. Deberán asistir os pais para falar da devandita planificación e para que a directiva aclare os obxetivos desta tempada. Podedes traer ós vosos amigos.

Hora: 17 a 19 horas
Día: lúns 10 de setembro de 2012
Lugar: pavillón Quiroga Palacios
Convocados: infantiles e cadetes e os pais ou titores.




venres, 20 de xullo de 2012

ESPAÑA EN EL GRUPO D


La selección española masculina de balonmano se enfrentará a Croacia, Hungría, Argelia, Egipto y Australia en la primera fase del Campeonato del Mundo 2013, que se celebrará en España, según ha deparado el sorteo celebrado este jueves en los Jardines Cecilio Rodríguez del Parque del Retiro de Madrid.
España encabezará el grupo D, cuya sede será Madrid.

xoves, 5 de xullo de 2012

ESCOLA DE VERÁN BALONMÁN 2012 C.B. XALLAS


Os nosos amigos do Club Balonmán Xallas de Santa Comba van a realizar outro ano máis a Escola de Verán de Balonmán, podedes ver o tríptico coa información.
Esta escola vai a contar coa participación de xogadores do noso club.

luns, 25 de xuño de 2012

RIBADOSAR NO III CAMPUS TECNOLÓXICO DE BALONMÁN EN PONTEVEDRA

 Seis xogadores do C.B. Ribadosar están participando no III Campus de Tecnificación de balonmán en Pontevedra organizado polo C.B. Cisne, con entrenamentos específicos e outras actividades.
Ánimo e xa nos contaredes a vosa experiencia.

Cadetes: Lorenzo, Antón (non sae na foto) e Emilio
Infantiles: Rubén, Enrique e Pablo Manuel

luns, 18 de xuño de 2012

GRAN EXITO DAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS


Debido a choiba do día anterior a xornada celebrouse no pavillón de Santa Isabel. Asistiron sobre 100 rapaces. Contamos coa colaboración do Club de Balonmán Xallas de Santa Comba, co delegado provincial da Coruña da Federación Galega de Balonmán Bruno Molina e tamén fíxonos unha visita o concellal de deportes do Concello de Santiago Adrián Varela.
Dende as 10 da mañán estivéronse xogando partidos e realizando diferentes actividades coordinadas polo noso presidente Gregorio Vendrell e membros da directiva do club.
Grazas a todos, nenos, pais, amigos e colaboradores por facer posible que fose unha experiencia inolvidable.