Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 27 de decembro de 2012

Segundo posto do equipo alevín en Abegondo


O día 26 de decembro participamos no "I TORNEO DE NADAL MINIBALONMÁN CONCELLO DE ABEGONDO"




O torneo comezou coa presentación dos equipos e continuou coa celebración dos partidos, moi aplaudidos polo público asistente.
O equipo alevín de Ribadosar tivo unha extraordinaria actuación, clasificándose primeiro de grupo, derrotando a grandes rivais como o CB Xallas e o Xiria A. Noraboa aos nosos xogadores pola súa grande actuación:

Alex (22), Antón (17), Felipe (47), Pedro (45), Ricardo (10), Rodrigo (54), Sergio (49), Teo (30), Xoaquín (62) 

Despois dunha disputadísima final contra CB Pontedeume, acadamos un segundo posto.

Nenos e pais disfrutamos dunha xornada de deporte que finalizou coa entrega dos trofeos.




Moitas grazas a todos os pais que nos acompañaron e fixeron posible esta xornada.

Dende o Club Balonmán Ribadosar queremos felicitar á organización do Torneo.


2 comentarios:

  1. Enhorabuena a todos los participes de esta gran jornada, Jugadores, Padres y Monitores.

    A seguir trabajando con ilusión, que nos quedan muchas como estas....

    Gregorio Vendrell

    ResponderEliminar
  2. Enhorabuena a todos los niños, seguro que tendremos muchos días tan maravillosos como en éste torneo. Fantástica labor de los monitores, padres..., todos con ribadosar. FELIZ AÑO a todos, nos vemos a la vuelta.
    TINO

    ResponderEliminar