Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

venres, 20 de decembro de 2013

Felices Festas


Vacacions dende o 21 de decembro en todas as categorías.( Adestramentos e Competición). 
Reanudanse os adestramentos o 8 de xaneiro de 2014 cos horarios habituáis.  

martes, 17 de decembro de 2013

domingo, 15 de decembro de 2013

Fotos da Xornada 3 Alevín e Benxamín

Este sábado disputouse en Santiago no pavillón do Colexio Quiroga Palacios a xornada 3 da competición provincial do grupo oeste das categorías alevín e benxamín na modalidade de minibalonmán. Houbo unha gran afluenza de público que se desplazou dende Carballo, Santa Comba, Camariñas, e como non, tamén contamos con gran numero de siareiros da nosa cidade. Os nenos desfrutarón durante toda a maña xogando a balonmán e facendo amigos de outros lugares.



martes, 10 de decembro de 2013

Calendario para o sábado 14 e domingo 15 de decembro

Xa esta publicado o calendario para o sábado 14 e domingo 15 de decembro. Recordade que este sábado tócanos a organización da competición Benxamín e Alevín, veñen equipos de Santa Comba, Carballo e Camariñas, animarvos a vir  animar aos mais cativos e pasar todos xuntos unha xornada de minibalonmán. Os cadetes viaxan a Vigo, o domingo xogan os infantís no quiroga contra o Abegondo. Recordade que as 14:00 horas temos o Xantar de Nadal no Mesón Vega II en Roxos.

martes, 3 de decembro de 2013

Horarios fin de semana

O próximo fin de semana non temos competición en ningunha categoría.


Avance do fin de semana 14 e 15 de decembro.

O sábado día 14 de decembro xogan os equipos  Benxamín e Alevín no Quiroga Palacios.
Os Infantiles xogan na casa contra o Abegondo, e os Cadetes xogan contra o B. Lavadores en Vigo.
Os horarios en categoría Cadete e Infantil  ainda están por determinar día e hora

Recordade apuntarvos para a comida do día 15, antes do día 9 de decembro.

Crónica fin de semana

O sábado pola  maña celebrouse a 1ª xornada amistosa no Colexio Alca (benxamin e alevín) donde se disputarón varios encontros entre os equipos do Ribadosar e o Alca Conxo. Empezarón os partidos as 10 e acabamos sobre as 12:30. En ese tempo vimos uns partidos cheos de dinamismo por parte de todos os xogadores, disfrutando deste deporte o maximo nenos e pais.
No que respecta os equipos do Ribadosar destacar a actuación de todos os nenos tanto os benxamins coma os alevins fixerono moi ben, vendo en todos eles unha gran evolución no equipo.

Pinchar na foto para ver máis na galería.



Para ver a crónica dos Infantiles click Aqui




Dende o Ribadosar aproveitamos para agradecer a vosa colaboración neste proxecto, e así entre todos poder facer as cousas mellor nún futuro próximo.

sábado, 30 de novembro de 2013

Xantar de Nadal



Recordade, data tope para apuntarse e pagar o día 9 de decembro,
encargase Enrique Anchustegui (adestrador do equipo cadete)

mércores, 27 de novembro de 2013

Partidos para o sábado 30 e domingo 1

Xa estan publicados os horarios da fin de semana. O sábado faremos unha xornada en colaboración co Balonmán Alca Conxo nas súas instalacións das categorias benxamin e alevín. O domingo os infantís viaxarán a pontedeume e os cadetes reciben na casa o Novas.

Ver Horarios


martes, 19 de novembro de 2013

Partidos fin de semana 23 e 24 de de novembro

O sábado día 23, o equipo benxamín desplazase a Santa Comba, o infantil a Narón. O domingo 24, o equipo cadete xoga no Quiroga contra o BM. pontedume. 

Ver Horarios

martes, 12 de novembro de 2013

O sábado 16 de novembro

O sábado 16 de novembro xogan os cadetes e os alevins no Quiroga palacios. Os infantiles e os benxamins descansan.

Animadevos a vir animar os vosos compañeiros!!!

Ver horarios

xoves, 7 de novembro de 2013

CONVOCATORIA ENTRENAMIENTO PRESELECCION GALLEGA INFANTIL

CONVOCATORIA ENTRENAMIENTO PRESELECCIÓN GALLEGA INFANTIL MASCULINA PAB. PRINCIPE FELIPE (PONTEVEDRA) 10/11/2013-18:30



luns, 28 de outubro de 2013

Comeza a competición de benxamín e alevín

O día 9 de novembro dará comezo a competición de benxamín e alevín.

Como xa sabedes este ano a Xunta de Galicia non subvenciona o transporte para estas categorías tendo que asumila os pais.

A competición vaise desenvolver ao igual que anos anteriores en modo de concentración os sábados pola mañá coa diferenza de que este ano será cada 15 días (xogariamos un sábado si e outro non)

As posibles sedes para as concentracións poden ser:

Santiago, Teo, Ames, Carballo, Santa Comba e Camariñas.

Cando dicimos posibles sedes é porque a día de hoxe, están aínda sen confirmar.

Calquera aclaración non dubidedes en poñervos en contacto connosco polos medios que xa coñecedes.

Cando teñamos os calendarios definitivos publicamolos na web.

Aplazamento da próxima Xornada en Infantil e Cadete

Esta fin de semana (3/11/2013) aplazamos os partidos para outras xornadas, por motivo da ponte. Disfrutade da ponte.

martes, 22 de outubro de 2013

Partidos sábado 26 de outubro

O sábado 26 de outubro os infantiles reciben pola mañan o B.M. Xallas,  pola tarde os cadetes viaxan a Tui. Sorte a todos. Ver horarios.

mércores, 16 de outubro de 2013

Convocatoria infantil domingo 20 de outubro

Alex
Andrea
Antón
Breixo
Felipe
Teo
Pedro
Ricardo
Xoaquin
Victor Santos
Cristian

Nota: Teñen que estar todos o domingo día 20 as 9:50 da mañana  no colexio Quiroga Palacios para organizar  a viaxe hacia Abegondo



Que veñan todos co DNI

xoves, 10 de outubro de 2013

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINO

Parabéns para todos os seleccionados e en especial ao noso porteiro do equipo infantil, Andrea Marie, que foi convocado para a preselección coa Selección Galega de Balonmán categoría infantil.


Situación Pavillón





Convocatoria Infantil sábado 12 de outubro

Alex
Andrea
Antón
Breixo
Felipe
Teo
Pedro
Ricardo
Xoaquin
Victor Santos

Nota: Teñen que estar todos no pavillón Quiroga Palacios as 10:20 o sábado 12
Que veñan todos co DNI

martes, 8 de outubro de 2013

Partidos Fin de semana

Este sábado comenza a liga dos infantiles no Quiroga Palacios, os cadetes tocalles viaxar a Vigo o domingo. 

Ver Horarios


martes, 1 de outubro de 2013

Cadetes


Partido dos nosos cadetes o sábado 5 de outubro no Quiroga Palacios.  Ver Horarios



Tamén podedes ver a plantilla cadete ao completo pinchando aquí.

mércores, 25 de setembro de 2013

martes, 24 de setembro de 2013

Adestramento cadetes e infatiles

Déixovos aquí un vídeo do adestramento do equipo cadete e infantil.

A disfrutalo!!!

        




martes, 27 de agosto de 2013

Comezo da tempada 2013/2014 Infantil e Cadete

Dende o Ribadosar esperamos que todos gozarades das vacacións de verán que seguro tedes ben merecidas. O 4 de Setembro comezan os adestramentos das categorias Infantil e Cadete  de 18 a 20 horas  no  Pavillón Quiroga Palacios.

Ali nos vemos...



martes, 9 de xullo de 2013

xoves, 6 de xuño de 2013

Fin de tempada cunha churrascada

Esta pasada fin de semana celebramos o fin de tempada cunha churrascada. O bo tempo acompañounos e disfrutamos do día cunha morea de actividades para os pequenos. Xogamos ao tenis de mesa, ao balomán, ás agachadas, a intentar coller ras, e tamén  houbo de quen se bañou. Pasámalo en grande!!!!.




Fotos da churrascada.

mércores, 5 de xuño de 2013

Fotos das fases finais 2012 / 2013

Deixamos uns link para ver as fotos das fases finais das categorias infantil, Alevín  e Benxamín

Noravoa os equipos das categorias infantil, Alevín  e Benxamín polos resultados acadados.


Infantil


Alevín e Benxamín

Moi Boa tempada!!!!!!!



III TORNEO CIDADE DE LUGO DE BALONMÁN. 8 DE XUÑO DE 2013



venres, 31 de maio de 2013

Adestramento Infantiles e cadetes

O luns día 3 non habera adestramento dos equipos Cadete e Infantil.

O mercores xa adestraremos co horario de sempre.

martes, 28 de maio de 2013

Este domingo 2 de xuño, apartires das 13 horas churrascada en Chaián.

Este domingo, 2 de xuño, queremos reunirnos para despedir esta tempada. Celebraremos os éxitos cunha churrascada para deportistas e pais na área recreativa de Chaián.



Necesitamos que confirmedes, mediante correo electrónico a ribadosar@gmail.com, a vosa asistencia antes do xoves 30 de maio.

Mais información

Campionato Provincial de Balonmán Benxamín e Alevín 2012/13. 1 de xuño

Os equipos Benxamín e Alevíns do noso club clasificaronse para as fases finales.
Clasificaronse os catro primeiros de cada grupo.

Parabéns polo esforzo e resultados obtidos esta tempada.

A competición terá lugar o sábado día 1 de xuño de 2013 en Abegondo

Mais Información

O Autobús saíra do Quiroga Palacios as 8:55 da mañá.

luns, 20 de maio de 2013

Finais da Categoría Infantil en Vigo

Esta fin de semana días 25 e 26 de maio celébranse en Vigo  as finais da Categoría Infantil masculino 2ª división galega. Moita sorte e a dalo todo. Por outra banda, o sábado pola tarde tamén xogan os cadetes no Quiroga o último partido da tempada. Horarios

martes, 14 de maio de 2013

Penúltimo partido da temporada

Este sábado 18 de maio, o Ribadosar Abrigadoiro xoga o penúltimo partido da temporada en Pontevedra fronte o BM Cisne.
Cambio de día e hora
Horarios

xoves, 9 de maio de 2013

Horario Cadetes

O Ribadosar Abrigadoiro xoga este sábado 11 de maio as 12:00 no pavillón do Quiroga Palacios.


 Ribadosar Abrigadoiro - Las Cinco Jotas Lavadores B

Adestramentos Alevín Benxamín


Nas categorías Alevín e Benxamín os adestramentos aplázanse ata o venres 24 de maio debido aos festivos. 
No que respecta á liga destas categorías xa está rematada, so temos pendentes os partidos da fase final. 
Xa vos avisaremos das datas.

xoves, 2 de maio de 2013

Selección Provincial Alevín e Infantil

Grandes partidos dos nosos seleccionados. Medallas de prata para Andrea (Infantil), Teo e Felipe (Alevín), e Gregorio como selecionador do equipo alevín.  Noraboa a todos.








xoves, 25 de abril de 2013

Convocatoria Definitiva Campionato Seleccións Provinciais

Noraboa os Xogadores Selecionados!!!

Do Ribadosar están seleccionados 3 xogadores. Andrea para a selección infantil, Teo e Felipe para a Alevín. Deixamos aquí a relación de xogadores convocados para as distintas seleccións.

Infantil


Alevín


mércores, 24 de abril de 2013

27 de abril temos unha maña repleta de balonmán.

O sábado día 27 de abril temos unha maña repleta de balonmán. No Pavillón de Roxos xogan os Cadetes  e Infantiles. No pavillón do colexio Alca xogan os dous equipos Alevíns e os benxamíns. Animadevos a vir a ver os vosos equipos, falta pouco para o fin da tempada. Pincha aqui para ver os horarios 

venres, 19 de abril de 2013

Convocados para a Selección Provincial

Relación de nenos citados para a selección provincial.

Infantil: Andrea

DATA ADESTRAMENTO: Domingo 21/04/2013
HORARIO: 12:00 horas.
LUGAR: Pavillón de Abegondo.

* IMPORTANTE: Se algún dos convocados non pode acudir ao adestramento, por favor informen ao seleccionador:Ignacio Permuy (636 764 651).

Alevín: Teo, Felipe e Ambiorix

DATA ADESTRAMENTO: Domingo 21/04/2013
HORARIO: 10:30 horas.
LUGAR: Pavillón de Abegondo.

* IMPORTANTE: Se algún dos convocados non pode acudir ao adestramento, por favor informen ao seleccionador: Gregorio Vendrell (669 948 262)

Moita sorte a todos!!!




mércores, 17 de abril de 2013

Actividades para o sábado 20 de abril

O sábado día 20 de abril os equipos cadete, infantil e o alevín Ribadosar Delta descansan. O alevín Ribadosar Omega e o benxamín xogan en Carballo. O autobús sae do CEIP Quiroga Palacios  as 9:15 horas. Os xogadores que vaian pola súa conta, teñen que estar 30 minutos antes da hora do partido. 
Ver Horarios.

martes, 9 de abril de 2013

Horarios para o sábado13 e domingo 14 de abril

Xa temos publicados os horarios de este fin de semana. Os benxamíns e alevíns xogan o sábado no Santa Isabel, os cadetes e os infantiles xogan o domingo no Rosal e en Vigo respectivamente. Ver Horarios.

Convocatoria Selección Provincial A Coruña


O vindeiro mércores 1 de maio celebraráse en Santiago de Compostela a 10ª edición do Campionato Galego de Selecccións Provinciais das categorías: alevín mixta, infantil masculina e infantil feminina. Como ben sendo habitual neste torneo, as selección de
A Coruña e Pontevedra competirán con xogadores de 1º ano ou e de 2º ano da categoría inmediatamante inferior.

A primeira preselección de Xogadores terá lugar este domingo 14 de abril en Carballo, no Pavillón Vila de Noia. Os adestramentos serán á seguinte hora:

Alevín mixta: de 15:30 a 17:00 horas.
Infantil Feminina: de 17:00 a 18:30 horas.
Infantil masculina: de 18:30 a 20:00 horas.

*Os nenos deben estar 10 minutos antes na instalación; deben levar calzado para cambiar, chandal e equipación do Ribadosar. Adestrarán unha hora e media; ahí o corpo técnico de cada selección lle explicará aos pais o funcionamento desta preselección.

Esta é a relación de xogadores convocados para esta 1ª preselección. 

Noraboa, moita sorte a todos.


domingo, 7 de abril de 2013

Gran Partido!!!!

Hoxe o Ribadosar Infantil e o BM Rasoeiro enfrontáronse en O Grove no primeiro partido da segunda fase segunda Autonomica grupo 1,  facendo os dous equipos un gran partido que estivo moi igualado. Ao final decantouse cara o Rasoeiro por 2 tantos de diferencia. Partido moi vistoso.



mércores, 3 de abril de 2013

sábado, 23 de marzo de 2013

Vacacións Semana Santa


Descansaremos toda a Semana Santa, tanto no que se refire aos adestramentos coma aos partidos da fin de semana.

Os adestramentos reanudaranse:

                   Cadetes e infantís o luns día 1 de abril.
                   Alevíns e benxamíns venres día 5 de abril

Disfrutade das vacacións.

mércores, 20 de marzo de 2013

Partidos sábado 23 de marzo

Despois da gran victoria do Ribadosar Abrigadoiro en Roxos, este sábado desplazamonos a Vigo. O Ribadosar Delta xoga contra o Conxo Alca "A" no pavillón do Alca, por outra banda o Ribadosar Omega e os Benxamins este fin de semana descansan.

Moita sorte para todos.




luns, 18 de marzo de 2013

Gran Victoria do Ribadosar Abrigadoiro

Este sábado pasado o equipo cadete fixo vibrar ao Pavillón de Roxos cun gran xogo. Derrotou a un Seis do Nadal   cun marcador 32 - 31, non se decidiu o partido ata o último segundo. Os nosos seareiros viviron este partido coma se fora unha final do mundo. Destacar  o xogo de Adrián, Quique, Andrea, Lorenzo, Leo, e en definitiva, todos eles o fixeron moi ben. Parabéns




xoves, 14 de marzo de 2013

Partidos sábado 16 de marzo

Este fin de semana o equipo benxamín xoga en Carballo, o autobús sae do Colexio Quiroga Palacios as 9:00 da maña, hai que estar 10 minutos antes da saída.
Na categoría alevín temos derbi que se xogara no Pabellon de Santa Isabel as 11 da maña, e as 13 horas o equipo Cadete xoga en Roxos. Sorte a todos.

Horarios

sábado, 9 de marzo de 2013

Equipo Infantil Campión de Grupo

Noraboa aos nosos campións do grupo "AUTONÓMICA INFANTIL MASCULINA LIGA REGULAR Grupo: 2ª INFANTIL. NORTE C ". Moi bo xogo!!!


Na foto faltan Teo, Gregorio e Tino

Dende o Club Balonmán Ribadosar agradecemos a todos os Xogadores e Pais o gran esforzo que se está a facer para que estos nenos poidan xogar e disfrutar de un deporte minoritario na capital galega.


A seguir así rapaces!!!!

mércores, 6 de marzo de 2013

Sábado a Tope!!!!


Este sábado día 9 de marzo o equipo cadete comeza a competición da Copa Federación no Grove,   enfróntanse o Rasoeiro. Por outra banda os infantiles disputan o ultimo partido contra o Narón no pavillón de Roxos, os benxamíns e alevíns xogan en Santa Isabel. Como podedes ver temos unha maña de sábado repleta de Balonmán en Santiago. Animadevos a vir a ver os partidos. Sorte a todos os nosos equipos.


Horarios fin de Semana

mércores, 27 de febreiro de 2013

Horarios para o 2 e 3 de marzo

Este sábado día 2  de marzo xogará en Santa Isabel o Ribadosar delta contra o Xallas na categoria  alevín. O domingo xogará o noso equipo de cadetes en Cangas.



Horarios

martes, 19 de febreiro de 2013

Mañá de balonmán en Santiago!!!!

Este sábado día 23 de febreiro temos unha mañá de balonmán en Santiago, cos mais pequenos temos partidos no pavillón de Santa Isabel dende as 10:00 ata as 12:30, por outro lado si queremos ver os cadetes e infantiles podémolo facer no pavillón de Pontepedriña. Animarvos a vir a animar os vosos equipos . 


xoves, 14 de febreiro de 2013

LOITO NO BALONMÁN GALEGO POLO PASAMENTO DO XOGADOR DO VIVEIRO ALEJANDRO LÓPEZ


O presidente do Club Balonmán Ribadosar, Gregorio Vendrell e a  xunta directiva, unense a dor de familiares e amigos, transmitindolles o pésame e mostrando o seu cariño nestes difíciles momentos. 

venres, 8 de febreiro de 2013

Carnaval 2013



O luns día 11 de febreiro non teremos adestramento, seguiremos o mercores día 13 de febreiro. Desexámosvos que pasedes un bo carnaval.

xoves, 7 de febreiro de 2013

Esta fin de semana só xogan os cadetes


  • O próximo sábado día 9 de febreiro descansan todos o nosos equipos salvo os cadetes, que xogan contra o Octavio "B" as 12:00 no pavillón o Frontón.
          Saimos do Quiroga as 10:00 da maña.

mércores, 30 de xaneiro de 2013

Partidos fin de semana, 2 e 3 de febreiro

Este sábado día 2 de febreiro xogan en Carballo os equipos Benxamín e a Alevín, saieremos as 8:45 dende o Colexio Quiroga Palacios, estaremos de volta sobre as 14:20 horas. Por outro lado os Infantiles e Cadetes xogan o domingo día 3 as 11:00 e as 12:30 respectivamente no pavillón Quiroga Palacios. Horarios

mércores, 23 de xaneiro de 2013

mércores, 16 de xaneiro de 2013

mércores, 9 de xaneiro de 2013

Partidos Sábado día 12 de xaneiro

Este sábado día 12 de xaneiro, xogan os nosos equipos distintos partidos. Os Benxamíns e alevins xogan en Santa Isabel, mentres que os infantís desprazanse a xogar a Narón e os cadetes a Lugo.

luns, 7 de xaneiro de 2013

Adestramento infantil e cadete

Hoxe día 7  de xaneiro as 18:15 comezan os adestramentos dos equipos Infantil e Cadete no Pavillón Quiroga Palacios.