Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 25 de abril de 2013

Convocatoria Definitiva Campionato Seleccións Provinciais

Noraboa os Xogadores Selecionados!!!

Do Ribadosar están seleccionados 3 xogadores. Andrea para a selección infantil, Teo e Felipe para a Alevín. Deixamos aquí a relación de xogadores convocados para as distintas seleccións.

Infantil


Alevín


mércores, 24 de abril de 2013

27 de abril temos unha maña repleta de balonmán.

O sábado día 27 de abril temos unha maña repleta de balonmán. No Pavillón de Roxos xogan os Cadetes  e Infantiles. No pavillón do colexio Alca xogan os dous equipos Alevíns e os benxamíns. Animadevos a vir a ver os vosos equipos, falta pouco para o fin da tempada. Pincha aqui para ver os horarios 

venres, 19 de abril de 2013

Convocados para a Selección Provincial

Relación de nenos citados para a selección provincial.

Infantil: Andrea

DATA ADESTRAMENTO: Domingo 21/04/2013
HORARIO: 12:00 horas.
LUGAR: Pavillón de Abegondo.

* IMPORTANTE: Se algún dos convocados non pode acudir ao adestramento, por favor informen ao seleccionador:Ignacio Permuy (636 764 651).

Alevín: Teo, Felipe e Ambiorix

DATA ADESTRAMENTO: Domingo 21/04/2013
HORARIO: 10:30 horas.
LUGAR: Pavillón de Abegondo.

* IMPORTANTE: Se algún dos convocados non pode acudir ao adestramento, por favor informen ao seleccionador: Gregorio Vendrell (669 948 262)

Moita sorte a todos!!!




mércores, 17 de abril de 2013

Actividades para o sábado 20 de abril

O sábado día 20 de abril os equipos cadete, infantil e o alevín Ribadosar Delta descansan. O alevín Ribadosar Omega e o benxamín xogan en Carballo. O autobús sae do CEIP Quiroga Palacios  as 9:15 horas. Os xogadores que vaian pola súa conta, teñen que estar 30 minutos antes da hora do partido. 
Ver Horarios.

martes, 9 de abril de 2013

Horarios para o sábado13 e domingo 14 de abril

Xa temos publicados os horarios de este fin de semana. Os benxamíns e alevíns xogan o sábado no Santa Isabel, os cadetes e os infantiles xogan o domingo no Rosal e en Vigo respectivamente. Ver Horarios.

Convocatoria Selección Provincial A Coruña


O vindeiro mércores 1 de maio celebraráse en Santiago de Compostela a 10ª edición do Campionato Galego de Selecccións Provinciais das categorías: alevín mixta, infantil masculina e infantil feminina. Como ben sendo habitual neste torneo, as selección de
A Coruña e Pontevedra competirán con xogadores de 1º ano ou e de 2º ano da categoría inmediatamante inferior.

A primeira preselección de Xogadores terá lugar este domingo 14 de abril en Carballo, no Pavillón Vila de Noia. Os adestramentos serán á seguinte hora:

Alevín mixta: de 15:30 a 17:00 horas.
Infantil Feminina: de 17:00 a 18:30 horas.
Infantil masculina: de 18:30 a 20:00 horas.

*Os nenos deben estar 10 minutos antes na instalación; deben levar calzado para cambiar, chandal e equipación do Ribadosar. Adestrarán unha hora e media; ahí o corpo técnico de cada selección lle explicará aos pais o funcionamento desta preselección.

Esta é a relación de xogadores convocados para esta 1ª preselección. 

Noraboa, moita sorte a todos.


domingo, 7 de abril de 2013

Gran Partido!!!!

Hoxe o Ribadosar Infantil e o BM Rasoeiro enfrontáronse en O Grove no primeiro partido da segunda fase segunda Autonomica grupo 1,  facendo os dous equipos un gran partido que estivo moi igualado. Ao final decantouse cara o Rasoeiro por 2 tantos de diferencia. Partido moi vistoso.



mércores, 3 de abril de 2013