Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 27 de febreiro de 2014

Atención vacacións de antroido!!!

O luns día 3 de marzo non haberá adestramento de infatís nin de cadetes. Reanudaranse o mércores 5 de marzo no horario de costume.

Desexámosvos un bo antroido!!!!!!


Horarios para o sábado 1 de marzo

Os cadetes e infantís non xogan ata o próximo fin de semana.
Ver Horarios.

domingo, 23 de febreiro de 2014

Xornada Amigable Ribadosar - Alca

Hoxe domingo celebrouse a xornada amigable de balonmán nas categorías benxamín e alevín entre o Club Balonmán Ribadosar e o Colexio Alca. Dende os mais cativos aos maiores demostraron o seu gran nivel.

Dende aquí damos as grazas a todos os  que colaborastes para facer  ser posible este evento.

Clic aquí para ver os resultados.




mércores, 19 de febreiro de 2014

Vídeo partidos do sábado 15 de febreiro de 2014



Horarios para o sábado 22 e domingo 23 de febreiro

Os cadetes acabaron a a primeira fase con un bo sabor de boca ao vencer ao Pontedeume na súa casa. Ata novo aviso non teñen competición.

Os infantiles comezan o sábado pola  tarde a primeira volta da Copa Federación no Quiroga Palacios.

O domingo toca unha nova xornada amistosa  contra o Colexio Alca  no Quiroga Palacios, nas categorías Alevín e Benxamín  

Animádevos a vir animar o voso Club   

martes, 11 de febreiro de 2014

luns, 10 de febreiro de 2014

Vídeo dos benxamíns e Alevíns en Carballo 2014/02/01


Horarios para o sábado 15 de febreiro

O equipo benxamín e alevín viaxa a Santa Comba o sábado pola mañá, os cadetes van pola tarde a Pontedeume, xogar o tempo que queda do partido suspendido polos problemas na pista, partindo dun resultado 9 - 10 a favor.  Ver Horarios

venres, 7 de febreiro de 2014

Temporal venres 7 de febreiro

Debido as novas que circulan por ahí con respecto ao temporal, esta nota é para aclarar que SÍ que hai actividades extraescolares, tanto no pavillón Quiroga Palacios coma no Lorenzo Latorre .

mércores, 5 de febreiro de 2014

Horarios sábado 8 de Febreiro

Este sábado xogan os cadetes en Redondela fronte o Sar.  
Os infantís acabaron a primeira fase da competición 2ª galega, estamos a espera da publicación dos calendarios da copa confederacións.
Os equipos alevín e benxamín este fin de semana descansan.


Gran actuación dos nosos equipos o fin de semana

O sábado pasado tivemos unha gran actuación dos nosos equipos.

Pola mañá en Carballo os benxamíns e Alevín arrasaron gañando os catro tempos. No equipo benxamín debutaron Abrahan e Dawit facendo un moi vo partido sen esquecer o traballo e resolución de Valería, Bruno e Enrique. No alevín tamén loitaron ata o ultimo segundo mostrándose así no resultado final.




Pola tarde tivemos un pavillón con moita afluencia de público. Xogaron as catro os cadetes facendo un partido moi bo no que estiveron gran parte do partido por diante ata os últimos minutos, onde o resultado decantouse polo Carballal perdendo así de un gol. 


As sete da tarde xogaron os infantís fronte o Narón  perdendo este partido contra o que vai 2º na táboa de Clasificación empatado co Ártabro. Foi un partido moi difícil para o noso conxunto pola envergadura do equipo visitante. Contamos co debut de Martín que fixo un vo partido.

En resumen gran fin de semana de todos os nosos xogadores. A seguir traballando e pasando moi ben.