Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 24 de decembro de 2015

Lotería de Nadal 2015

O Número 38.300 que xogamos no Ribadosar resultou premiado co reintegro de 5€ por participación. Pódese cobrar a partires do 6 de xaneiro na oficina do BBVA da Praza da Nsa. Sra. da Mercé de Conxo.

venres, 18 de decembro de 2015

Felices Festas


Vacacións dende o 18 de decembro en todas as categorías.( Adestramentos e Competición). 
Os Infantís e xuvenís comezan o 4 de xaneiro os adestramentos (Xa comunicaremos os Horarios)
Inícianse  os adestramentos o 7 de xaneiro de 2015 cos horarios habituais.

mércores, 16 de decembro de 2015

Xantar de Nadal 2015

Este sábado 19 de decembro vamos a reunirnos as 14:30 no restaurante Monte da Condesa para xantar todos xuntos antes do nadal.





Partido en Pontevedra

Este sábado 19 xogan os xuvenís en Pontevedra contra o Club Cisne Balonmán a xornada 12.  Mais info Horarios.


luns, 7 de decembro de 2015

Horarios fin de semana

O sábado 12 de decembro xogan os Benxamíns e Alevíns  a xornada atrasada contra o AD Alca. O domingo 13 os Infantís comezan a segunda fase de liga no Quiroga Palacios, logo de quedar campións de grupo.


mércores, 25 de novembro de 2015

Horarios sábado 28 de novembro

O sábado 28 xoga o Ribadosar Infantil contra o Oar B no pavillón Quiroga Palacios as 12:45. Estades todos convidados a ver este partido. Os xuvenís descansan, os benxamíns e alevíns aplazanse os partidos para o sábado 12 de decembro. Mais info Horarios.

mércores, 18 de novembro de 2015

Partidos fin de semana

O sábado 21 de novembro o equipo infantil viaxa pola mañan a Pontedeume, o xuvenil pola tarde vai a Cangas e o alevín e benxamín descansan. Mais info Horarios.






mércores, 4 de novembro de 2015

Fin de semana

Sábado 7 de novembro comeza en Carballo a competición de Alevín e Benxamín tendes mais información dos horarios para toda a tempada na sección "equipos" www.ribadosar.es . Os Infantis viaxan a Coruña para xogar contra o OAR,  e os Xuvenís xogan na casa contra o Moaña. Vide animar ao voso club!!! Mais info Horarios. 

xoves, 29 de outubro de 2015

Horarios fin de semana

Este sábado os xuvenís viaxan a Poio, partido en principio moi igualado. Os infantís este fin de semana descansan, siguen de primeiros de grupo despois de derrotar ao BM Pontedeume o pasado fin de semana. Os equipos Benxamín e Alevín empezan competición o próximo fin de semana sábado 7 de novembro, en breve comunicaremos horarios e sede. Mais info Horarios.

luns, 19 de outubro de 2015

Horarios fin de semana

Xa estan postos os horarios da competición para o fin de semana. Vente ao Balonmán entrada gratuita!!!!!


mércores, 14 de outubro de 2015

Comeza a liga Infantil

Este fin de semana comeza a competición infantil masculina, vamos a Viveiro os equipos infantil e xuvenil,  a por todas!!!. Recordade apuntarse para o bus. Mais info.

venres, 9 de outubro de 2015

Felicitacións para Gregorio Vendrell (Presidente Fundador do Ribadosar)

Desde aquí queremos mandarlle ao noso presidente fundador (Gregorio Vendrell) nosas felicitacións e o noso apoio na nova etapa que vai desempeñar na Delegación de Palencia de Balonmán.
Foi nomeado director técnico da delegación palentina onde esperamos que co seu bo facer recollan moitos éxitos. Unha aperta.


xoves, 8 de outubro de 2015

GRACIAS!!!

Aprovechar este medio para hacer llegar a todos los voluntarios, instituciones colaboradoras, organizadoras, espectadores, centros educativos nuestro agradecimiento por su colaboración.  Fue un gran día, después de mucho esfuerzo entre todos se pudo conseguir que todo saliese más o menos como se tenía previsto.
Fue una suerte poder disfrutar todos juntos de este espectáculo único hasta la fecha en Santiago.

GRACIAS!!!! 

TRIUNFO DAS #GUERREIRAS NO MULTIUSOS FONTES DO SAR CON MÁIS DE TRES MIL PERSOAS NAS GRADAS

Vitoria de España sobre Austria (25:15)  no partido co que se iniciou a fase de clasificación para o Campionato de Europa 2016. No Pavillón Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, que presentou un especular ambiente nas bancadas con máis de tres mil persoas, as Guerreiras mostráronse moi superiores e controlaron de principio a fin o choque con diferenzas notables. Tras este triunfo, o vindeiro domingo as Guerreiras xogarán en Bulgaria o seu segundo compromiso da fase de clasificación.

Moi firmes saltaron á pista as españolas, con Silvia Navarro marcando o territorio desde o inicio e aproveitando os dous primeiros goles de Marta Mangué e Carmen Martín para comezar mandando (2:0 min. 3). A pesar da súa desvantaxe inicial, Austria recompúxose ante os seguintes ataques españois que pecaban de buscar en exceso a zona central, pero a igualdade no electrónico foi máis que efémera. Dous contraataques consecutivos elevaron a tres a diferenza e obrigaron ao técnico austriaco a solicitar o seu primeiro tempo morto do partido (5:2 min. 9).

As instrucións desde o banco austriaco non serviron de revulsivo no seu conxunto, que non paraba de acumular perdas de balón ante un firme 6:0 español no que Patricia Elorza e María Núñez brillaban con luz propia mentres crecía a distancia no marcador (8:2 min. 15).Tras as primeiras rotacións nas locais, chegou a primeira inferioridade pola exclusión de Patricia Elorza. Exclusión que non acusou o equipo español, capaz de manter, da man dunha incisiva Nely Carla Alberto, os sete de diferenza sen excesiva dificultade.

Os minutos de menor nivel chegaron para España na recta final do primeiros trinta minutos. Custou moito facer gol e Austria armouse de maior paciencia para finalizar a través do seu extremo dereito Grausenburguer. Pese ao pequeno bajón, un contraataque materializado por Marta López e outro máis de Haridian Rodríguez, provocando un sete metros sobre a bucina, serviron para deixalo todo como estaba ao chegar ao descanso (13:6 descanso).

A falta de ideas en ataque coa que saltaron as rapazas de Dueñas tralo descanso provocou a reacción austriaca e o tempo morto de Donas (14:9 min. 35) que serviu para reactivar ás súas. Alexandrina Barbosa, algo desacertada na primeira metade, asumiu a responsabilidade e protagonizou o parcial de 3:0 que devolvía a tranquilidade (17:9 min. 37).

As saídas de Carmen Martín, en principio cunha contusión, e de Lara González, co ligamento lateral interno do seu xeonllo dereito afectado segundo a primeira exploración en pista,  arrefriaron o ánimo das españolas. As dúbidas volveron ao ataque, pero a gran intensidade atrás serviu para manter estables as diferenzas e entrar na recta final do partido sen apreturas (20:14 min. 53).  

A brillantez dos últimos compases da man dos extremos e as intervencións de Zoqbi baixo paus permitiron redondear o triunfo e deixar a diferenza final na máxima do partido, +10  (25:15 final).

ESPAÑA 25 (13+12): Navarro, Zoqbi de Paula, López (5), Martín (3), Núñez (2), Alberto (3), Fernández, Mangué (5), Pinedo (2), Pena (1), González, Elorza (2), Egozkue, Rodríguez, Cabral (2).

AUSTRIA 15 (6+9): Blazek, Herrmann, Kaiser (1), Frey (1), Goricanec (2), Bauer (1), Logvin, Stanic, Dedic (1), Kovacs, Grausenburger (3), Engel (5), Budecevic, Huber (1), Rath, Ivancok.

ÁRBITROS: Leandersson y Lindroos (Finlandia). Excluyeron a Kaiser y Dedic por Austria y a Nerea Pena y Patricia Elorza por España.

INCIDENCIAS: Pabellón Fontes do Sar de Santiago de Compostela. 3.400 espectadores.






mércores, 7 de outubro de 2015

España - Austria Clasificatorio Campeonato de Europa 2016

Dende o Ribadosar animámosvos a que veñades a ver un espectáculo de Balonmán do mais alto nivel que dispoñemos hoxe na nosa cidade (Capital de Galicia). Esperámosvos no Fontes do Sar hoxe as 20:45
Para os que non poidades asistir tendes a oportunidade de velo a través da canle nacional TDP en directo.
Tamén o podedes ver por internet en directo.

Tedes un link en www.ribadosar.es



xoves, 1 de outubro de 2015

Venda de Entradas España - Austria

O luns 5 de outubro, a partir das 12.00 da mañá poderán retirarse as entradas do partido España-Austria, nos seguintes puntos de venda:

- Federación Galega de Balonmán.
 r/ Luis Ksado 17, Edificio das Federacións Deportivas Galegas, Oficina 3. Vigo

- Delegación Provincial FGB A Coruña.
Vila de Corcubións s/n - Oficinas Carballo Deporte; Carballo.

- Fundación USC Deportiva.
 Edificio FEUGA. Despachos 2 e 3. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

- Servizo Deportes Universidade de Santiago de Compostela. 
Piscina Universitaria
Avda. das Burgas s/n
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela

- Reserva vía Mail e recollida en Taquilla: expansion@fgbalonman.com


O prezo das entradas é de 5€.

España - Austria 7 de octubre 2015 en Santiago


La selección española femenina absoluta jugará el próximo día 7 de outubre en Santiago de Compostela el primer partido de la fase de clasificación para el Campeonato de Europa 2016.

Las Guerreras, dirigidas por Jorge Dueñas, llegarán a Galicia el domingo 4 de octubre, y prepararán en Santiago los dos primeros partidos oficiales, en lo que está en juego a participación en el Europeo. El primero se celebrará el día 7 de octubre en el Multiusos Fontes do Sar (20:45 horas) y el rival será Austria. En la convocatoria figura la jugadora del Atlético Guardés, Naiara Egozkue.

Posteriormente, la selección española se desplazará a Bulgaria donde disputará el segundo choque.el domingo 11 de octubre.

La convocatoria Completa:

Portería:
Silvia Navarro (Rocasa Gran Canaria ACE) y Darly Zoqbi (Fleury)

Pivote:
Ainhoa Hernández (Prosetecnisa Zuazo) y María Núñez (ERES Besancon)

Laterales: 
Beatriz Fernández (Fleury), Nely Carla Alberto (Union Mios Biganos), Marta Mangué (Brest Bretagne), Nerea Pena (FTC Rail Cargo), Lara González (Siofok), Almudena Rodríguez (Rocasa Gran Canaria ACE), Patricia Elorza (ERES Besancon) y Alexandrina Barbosa (Fleury)

Extremo derecho: 
Marta López (Fleury) y Carmen Martín (CSM Bucuresti)

Extremo izquierdo:
Naira Egozkue (Mecalia Atl. Guardés) y Eli Pinedo (Bera Bera)


 



Mas información en www.ribadosar.es 

martes, 29 de setembro de 2015

Partidos fin de semana

Cambio de última hora!!

O sábado 3 as 17:00 no pavillón do Restollal 

BM Ribadosar balonmán.com - BM Cangas 


sábado, 19 de setembro de 2015

II xornada de balonmán gratuita tempada 2015/16

Todos os nenos e nenas de 6 a 12 anos que queirades probar en que consiste o balonmán, estades invitados a participar o venres 25 de setembro de 16 a 18 horas no Pavillón Quiroga Palacios nunha actividade totalmente gratuita.

Apuntate aquí

En observacións pon:  "Xornada Gratuita 25 de setembro"

venres, 11 de setembro de 2015

Xornada de balonmán gratuita!!!

Todos os nenos e nenas de 6 a 12 anos que queirades probar en que consiste o balonmán, estades invitados a participar o venres 18 de setembro de 16 a 18 horas no Pavillón Quiroga Palacios nunha actividade totalmente gratuita.



En observacións pon:  "Xornada Gratuita 18 de setembro"

Horario provisional adestramento




martes, 16 de xuño de 2015

Peche da tempada 2014/2015


O sábado 13 de xuño no Pavillón Quiroga Palacios levouse a cabo o peche das escolas de Balonmán en Santiago de Compostela 2014/2015 coa seguinte axenda:
10:30 Comezamos o día con diversos xogos de mini-balonmán no que participaron cerca de 60 nenos/nenas de distintas categorías todos eles moi ilusionados que estiveron xogando sen parar.
12:30 Recuperamos forzas con unha barriña de cereais e un refresco

12:40 Procedemos ao sorteo de 10 camisetas entre os asistente.
13:00 Partido de balonmán entre os xogadores do club de categorías Infantil Cadete de Xuvenil.
14:00 Peche das actividades deportivas
15:00 Comida para todos os que se apuntaron no restaurante Monte da Condesa
17:00 Entrega de Medallas aos Infantís que quedaron campións de grupo e sextos de Galicia na súa categoría.
Aproveitar este espazo para agradecer a todos os participantes nesta xornada (nenos, pais, xogadores do club, membros da directiva, etc) todo o esforzo que fixeron para que estes días se poidan celebrar.
Grazas pola vosa participación

clic aqui para ver fotos.

venres, 29 de maio de 2015

Camiseta!!! Pidea antes do 2 de xuño

Non te quedes sin ela!!! este ano fixemos unha camiseta nova para que luzas neste verán. Todos os xogadores do Ribadosar teñen dereito a solicitar unha de carater gratuito.

Todos os socios e xogadores poden solicitar todas as que queiran a un precio de 5€ cada unha.

As personas que non sexan socios ou xogadores do Club terán que aboar a cantidade de 7 € por camiseta.


Pidea Aquí

xoves, 28 de maio de 2015

Sábado dia 30 de maio

Este sábado xogamos o último partido da tempada contra o campeón da fase de ascenso ( BM Lalín). Con isto cerramos esta tempada no que se refire a eventos a nivel oficial da federacíon. A partires de esta semana organizaremos algúns eventos de promoción e amigables ata o día 20 de xunio (xa vos iremos informando) . Ver horarios para o sábado 30.

xoves, 21 de maio de 2015

Sábado 23 de maio

Celebrase en Carballo a Fase Final Provincial Alevín e Benxamín. Os nosos Alevíns estan clasificados 3º de grupo, parabens a todos eles por ese exito. Os benxamíns tamén van a participar ese día en Carballo nunha xornada organizada polo Balonmán Xiria, vamos a pasalo moi ben.... Tamen o sábado no Quiroga Palacios antes de sair para Carballo enfrontase o Equipo Infantil contra o BM Chapela partido que promete. Vinde a animar ao voso equipo. Ver horarios.
  
 

martes, 12 de maio de 2015

Horarios sábado 16 de maio

O sábado o Ribadosar recorren practicamente a xeografía galega dunha punta a outra. Os Infantís de galega viaxan ao Rosal, e os de provincial viaxan no seu ultimo partido de tempada a Arteixo. Sorte aos dous.

Ver horarios

Aviso!!

Este venres 15 non hai adestramento por permanecer as instalacións pechadas.

mércores, 6 de maio de 2015

O Sábado 9 de maio ultima xornada da tempada 14/15 en Carballo para os alevíns e benxamíns. O domingo 10 comeza a segunda volta da categoria infantil de 2ª galega e xogamos en Santiago. Ver horarios.



mércores, 29 de abril de 2015

Horarios fin de semana

Domingo 3 de maio partido do equipo infantil Masculino contra o líder da fase final (Bm Lalín). Vamos todos a animar ao noso equipo...!!!!


martes, 28 de abril de 2015

Selecionados para as seleción provincial Infantil (Femenina e Masculina)

Dende o Ribadosar damoslle o parabén a Leilia e a Teo seleccionados para representarnos na seleción Infantil de balonmán provincial de A Coruña, que compiten no campionato de selecions provinciais este venres día 1 de maio en Lalin.

Tamen dende aquí desexarlle unha pronta recuperación a Felipe, que a raiz de unha lesión que sufre non pode participar na fase final que estamos a xogar nin na seleción.

Convocatoría infantil Fem
Convocatoría infantil Masc
 
Mais información pincha no cartel.

http://www.fgbalonman.com/noticias.asp?id=6623

mércores, 22 de abril de 2015

Horarios fin de semana 25 e 26 de abril


Este Fin de semana 18 e 19 de Abril xogan os dous equipos infantiles. O infantil masculino xoga en Chapela e o infantil mixto na casa contra o OAR  Coruña.


luns, 13 de abril de 2015

Balonmán en Santiago

Ven a vernos!!!. Este sábado 18 e domingo 19 de abril temos balonmán en Santiago en distintos horarios e distintos pavillóns. Entrada libre :).



Contamos contigo, somos o teu equipo en Santiago!!!

Balonmán en Santiago de Compostela


mércores, 1 de abril de 2015

luns, 30 de marzo de 2015

Segue medrando o balonmán en Santiago de Compostela!!

O sábado debutou no Quiroga o equipo infantil Mixto, fixeron un bo partido contra un BM Artabro que nos superaba en altura. Ao final levouse o gato á auga o Artabro gañando pola mínima (24-25). Bo partido...!!
A seguir traballando para facer mais equipo..



Semana Santa

En Semana Santa paramos a nosa actividade. Empezamos o luns día 6 de abril. Gozade das vacacións.


mércores, 25 de marzo de 2015

mércores, 11 de marzo de 2015

Preselección provincial

Unha nova convocatoria das distintas categorías da seleccion provincial chamán a :


Leilia, Infantil Femenina

Felipe  Infantil Masculino

Teo Infantil Masculino

Dende o voso club estamos moi orgullosos do traballo que estades a facer. Seguir disfrutando así.

Parabéns a todos os preseleccionados.

Comunicados FGBm:




Horarios para os benxamíns

Sábado 14 de marzo xogan os benxamíns no pavillón do Colexio Alca dous partidos. Ver horarios. As outras categorías descansan.

martes, 3 de marzo de 2015

Horarios fin de semana

Xa temos horarios para o fin de semán. Cambios no alevín que en vez de viaxar a Santa Comba xogamos no colexio Alca. Ver horarios.

xoves, 19 de febreiro de 2015

Balonmán en Compostela

O Balonmán Ribadosar infantil a falta de 4 xornadas para o fin da 1º Fase sigue de 2º na táboa  clasificatoría .
Todos os xogadores fixerón un gran esforzo por mellorar, conseguindo asi chegar despois de 14 xornadas perdendo soamente un partido contra o BM Pontedeume que vai de primeiro na clasificación. A seguir traballando!!!


O sábado vemonos en Roxos no Pavillón Municipal Carmén Estevez as 12:00 nún partido contra o BM Viveiro. Animadevos a vir animar ao voso Equipo,.

Un, dous, tres Arriba Ribadosar!!!..

Siguenos:



Horarios fin de semana

Fin de semana a tope de balonmán. Sábado benxamíns e alevíns  a Santa Comba, infantiles en Roxos e o domingo os xuvenís viaxan a Vigo. Ver horarios.

xoves, 12 de febreiro de 2015

Seleccions Provincial

Parabéns aos Seleccionados ata o de agora para a Selección Provincial. 
En categoría: 

Infantil Masculino: Teo e Felipe

Infantil Femenina: Leilia. 

Listado Seleccionados: Infantil Masculino, Infantil Femenino.

Partido sábado 14 de febreiro

Sábado día 14 de febreiro en categoría Xuvenil primeiro partido da Copa Federación no Pavillón Municipal do Restollal contra o BM Moaña. 
Os Equipos das outras categorías descansan.

Vide todos animar aos nosos maiores!!!!.

venres, 6 de febreiro de 2015

Urxente!!!

Suspendense as actividades para este Sábado 7 de febreiro por mor do mal tempo

xoves, 5 de febreiro de 2015

Horarios fin de semana, sábado 7 de febreiro

O sábado 7 de febreiro xogan os benxamíns dous partidos no Colexio Alca en Viduido (Ames). Os xuvenís están a espera do calendario da segunda fase, os infantís aplazouse o partido contra o Xiria e os alevíns descansan de novo. Ver horarios.

Deixovos un pequeno video de como caeu a neve o mercores en Santiago. Espero que vos guste.



martes, 27 de xaneiro de 2015

CONVOCATORIA SELECCIÓNS PROVINCIAIS DE A CORUÑA

Xa temos a convocatoria da preselección das distintas seleccións provinciais

Mais información en www.ribadosar.es

Parabéns a todos os preseleccionados.

Horarios sábado 31 de xaneiro

O sábado 31 de xaneiro imos a Camariñas co equipo Infantíl e o Benxamín. Os xuvenís acabaron a primeira fase da competición, o día 15 de febreiro dará comezo a segunda fase ( Copa Federación Galega) Animo chavales. Os alevíns descansan esta xornada. Ver horarios.

xoves, 22 de xaneiro de 2015

Sábado 24 de xaneiro

O vindeiro fin de semana xogamos en Lugo cos infantís e en Poio cos xuvenís. Os alevíns e benxamíns tocalles descanso. Ver horarios.


Xuvenís 2014/2015

martes, 13 de xaneiro de 2015

Horarios fin de semana

Os xuvenís e os infantís xogan en Roxos, os benxamíns en Carballo e os alevíns descansan esta xornada. Ver horarios.

mércores, 7 de xaneiro de 2015

Programación fin de semana

Feliz Aninovo a todos, despois destas festas comezamos de novo a competición con plato forte. O sábado 10 de xaneiro de 2015 pola maña temos nen@s convocados para a preselección da selección Coruñesa en categoría Infantil e Alevín que teñen que ir as probas de selección a Carballo (comunicado federación), e pola tarde os xuvenís xogan en Santa Comba. O Domingo xogan os infantís contra o BM Arteixo en Meicende. Ver horarios.