Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 29 de outubro de 2015

Horarios fin de semana

Este sábado os xuvenís viaxan a Poio, partido en principio moi igualado. Os infantís este fin de semana descansan, siguen de primeiros de grupo despois de derrotar ao BM Pontedeume o pasado fin de semana. Os equipos Benxamín e Alevín empezan competición o próximo fin de semana sábado 7 de novembro, en breve comunicaremos horarios e sede. Mais info Horarios.

luns, 19 de outubro de 2015

Horarios fin de semana

Xa estan postos os horarios da competición para o fin de semana. Vente ao Balonmán entrada gratuita!!!!!


mércores, 14 de outubro de 2015

Comeza a liga Infantil

Este fin de semana comeza a competición infantil masculina, vamos a Viveiro os equipos infantil e xuvenil,  a por todas!!!. Recordade apuntarse para o bus. Mais info.

venres, 9 de outubro de 2015

Felicitacións para Gregorio Vendrell (Presidente Fundador do Ribadosar)

Desde aquí queremos mandarlle ao noso presidente fundador (Gregorio Vendrell) nosas felicitacións e o noso apoio na nova etapa que vai desempeñar na Delegación de Palencia de Balonmán.
Foi nomeado director técnico da delegación palentina onde esperamos que co seu bo facer recollan moitos éxitos. Unha aperta.


xoves, 8 de outubro de 2015

GRACIAS!!!

Aprovechar este medio para hacer llegar a todos los voluntarios, instituciones colaboradoras, organizadoras, espectadores, centros educativos nuestro agradecimiento por su colaboración.  Fue un gran día, después de mucho esfuerzo entre todos se pudo conseguir que todo saliese más o menos como se tenía previsto.
Fue una suerte poder disfrutar todos juntos de este espectáculo único hasta la fecha en Santiago.

GRACIAS!!!! 

TRIUNFO DAS #GUERREIRAS NO MULTIUSOS FONTES DO SAR CON MÁIS DE TRES MIL PERSOAS NAS GRADAS

Vitoria de España sobre Austria (25:15)  no partido co que se iniciou a fase de clasificación para o Campionato de Europa 2016. No Pavillón Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, que presentou un especular ambiente nas bancadas con máis de tres mil persoas, as Guerreiras mostráronse moi superiores e controlaron de principio a fin o choque con diferenzas notables. Tras este triunfo, o vindeiro domingo as Guerreiras xogarán en Bulgaria o seu segundo compromiso da fase de clasificación.

Moi firmes saltaron á pista as españolas, con Silvia Navarro marcando o territorio desde o inicio e aproveitando os dous primeiros goles de Marta Mangué e Carmen Martín para comezar mandando (2:0 min. 3). A pesar da súa desvantaxe inicial, Austria recompúxose ante os seguintes ataques españois que pecaban de buscar en exceso a zona central, pero a igualdade no electrónico foi máis que efémera. Dous contraataques consecutivos elevaron a tres a diferenza e obrigaron ao técnico austriaco a solicitar o seu primeiro tempo morto do partido (5:2 min. 9).

As instrucións desde o banco austriaco non serviron de revulsivo no seu conxunto, que non paraba de acumular perdas de balón ante un firme 6:0 español no que Patricia Elorza e María Núñez brillaban con luz propia mentres crecía a distancia no marcador (8:2 min. 15).Tras as primeiras rotacións nas locais, chegou a primeira inferioridade pola exclusión de Patricia Elorza. Exclusión que non acusou o equipo español, capaz de manter, da man dunha incisiva Nely Carla Alberto, os sete de diferenza sen excesiva dificultade.

Os minutos de menor nivel chegaron para España na recta final do primeiros trinta minutos. Custou moito facer gol e Austria armouse de maior paciencia para finalizar a través do seu extremo dereito Grausenburguer. Pese ao pequeno bajón, un contraataque materializado por Marta López e outro máis de Haridian Rodríguez, provocando un sete metros sobre a bucina, serviron para deixalo todo como estaba ao chegar ao descanso (13:6 descanso).

A falta de ideas en ataque coa que saltaron as rapazas de Dueñas tralo descanso provocou a reacción austriaca e o tempo morto de Donas (14:9 min. 35) que serviu para reactivar ás súas. Alexandrina Barbosa, algo desacertada na primeira metade, asumiu a responsabilidade e protagonizou o parcial de 3:0 que devolvía a tranquilidade (17:9 min. 37).

As saídas de Carmen Martín, en principio cunha contusión, e de Lara González, co ligamento lateral interno do seu xeonllo dereito afectado segundo a primeira exploración en pista,  arrefriaron o ánimo das españolas. As dúbidas volveron ao ataque, pero a gran intensidade atrás serviu para manter estables as diferenzas e entrar na recta final do partido sen apreturas (20:14 min. 53).  

A brillantez dos últimos compases da man dos extremos e as intervencións de Zoqbi baixo paus permitiron redondear o triunfo e deixar a diferenza final na máxima do partido, +10  (25:15 final).

ESPAÑA 25 (13+12): Navarro, Zoqbi de Paula, López (5), Martín (3), Núñez (2), Alberto (3), Fernández, Mangué (5), Pinedo (2), Pena (1), González, Elorza (2), Egozkue, Rodríguez, Cabral (2).

AUSTRIA 15 (6+9): Blazek, Herrmann, Kaiser (1), Frey (1), Goricanec (2), Bauer (1), Logvin, Stanic, Dedic (1), Kovacs, Grausenburger (3), Engel (5), Budecevic, Huber (1), Rath, Ivancok.

ÁRBITROS: Leandersson y Lindroos (Finlandia). Excluyeron a Kaiser y Dedic por Austria y a Nerea Pena y Patricia Elorza por España.

INCIDENCIAS: Pabellón Fontes do Sar de Santiago de Compostela. 3.400 espectadores.






mércores, 7 de outubro de 2015

España - Austria Clasificatorio Campeonato de Europa 2016

Dende o Ribadosar animámosvos a que veñades a ver un espectáculo de Balonmán do mais alto nivel que dispoñemos hoxe na nosa cidade (Capital de Galicia). Esperámosvos no Fontes do Sar hoxe as 20:45
Para os que non poidades asistir tendes a oportunidade de velo a través da canle nacional TDP en directo.
Tamén o podedes ver por internet en directo.

Tedes un link en www.ribadosar.es



sábado, 3 de outubro de 2015

xoves, 1 de outubro de 2015

Venda de Entradas España - Austria

O luns 5 de outubro, a partir das 12.00 da mañá poderán retirarse as entradas do partido España-Austria, nos seguintes puntos de venda:

- Federación Galega de Balonmán.
 r/ Luis Ksado 17, Edificio das Federacións Deportivas Galegas, Oficina 3. Vigo

- Delegación Provincial FGB A Coruña.
Vila de Corcubións s/n - Oficinas Carballo Deporte; Carballo.

- Fundación USC Deportiva.
 Edificio FEUGA. Despachos 2 e 3. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

- Servizo Deportes Universidade de Santiago de Compostela. 
Piscina Universitaria
Avda. das Burgas s/n
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela

- Reserva vía Mail e recollida en Taquilla: expansion@fgbalonman.com


O prezo das entradas é de 5€.

España - Austria 7 de octubre 2015 en Santiago


La selección española femenina absoluta jugará el próximo día 7 de outubre en Santiago de Compostela el primer partido de la fase de clasificación para el Campeonato de Europa 2016.

Las Guerreras, dirigidas por Jorge Dueñas, llegarán a Galicia el domingo 4 de octubre, y prepararán en Santiago los dos primeros partidos oficiales, en lo que está en juego a participación en el Europeo. El primero se celebrará el día 7 de octubre en el Multiusos Fontes do Sar (20:45 horas) y el rival será Austria. En la convocatoria figura la jugadora del Atlético Guardés, Naiara Egozkue.

Posteriormente, la selección española se desplazará a Bulgaria donde disputará el segundo choque.el domingo 11 de octubre.

La convocatoria Completa:

Portería:
Silvia Navarro (Rocasa Gran Canaria ACE) y Darly Zoqbi (Fleury)

Pivote:
Ainhoa Hernández (Prosetecnisa Zuazo) y María Núñez (ERES Besancon)

Laterales: 
Beatriz Fernández (Fleury), Nely Carla Alberto (Union Mios Biganos), Marta Mangué (Brest Bretagne), Nerea Pena (FTC Rail Cargo), Lara González (Siofok), Almudena Rodríguez (Rocasa Gran Canaria ACE), Patricia Elorza (ERES Besancon) y Alexandrina Barbosa (Fleury)

Extremo derecho: 
Marta López (Fleury) y Carmen Martín (CSM Bucuresti)

Extremo izquierdo:
Naira Egozkue (Mecalia Atl. Guardés) y Eli Pinedo (Bera Bera)


 



Mas información en www.ribadosar.es