Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

sábado, 13 de febreiro de 2016

Frigorificos do Morrazo - FC Barcelona Lassa

O BM Ribadosar o mercores 17 de febreiro vai animar ao Frigorificos do Morrazo contra un Barça indominable. Cangas!!!


O Mércores 17 de febreiro as 20:30 en Cangas do Morrazo xoga o BM Frigoríficos  do Morrazo Contra o FC Barcelona Lassa no Gatañal.  Dende o BM Ribadosar falamos coa directiva do Cangas e poñen a nosa disposición entradas para os nosos xogadores. Os adultos terían que pagar a entrada (aprox. 15€, por confirmar). 

A idea e que si somos un mínimo de 25 o club Balonmán Ribadosar poñerá un autobús de balde para todos os xogadores e socios que queiran ir, ata completar aforo de 55 prazas por orden de inscrición no formulario, (terán preferencia os socios sobre os non socios).

No caso que non se chegase a un mínimo de 25 prazas cubertas teríase que ir en coches particulares.

O Autobús vai sair do Colexio Quiroga Palacios as 18:00 horas.

Estaremos de volta en Santiago a eso das 23:30 horas






Ningún comentario:

Publicar un comentario