Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 30 de marzo de 2016

Horarios sábado 2/04/2016

Despois do parón de Semana Santa seguimos coa competición. O equipo xuvenil co seu último partido oficial da tempada contra un Octavio con gañas de ganar.

Os Infantil (Mixto) de copa delegación viaxa a Narón a intentar traer algún punto, o Infantil Masculino despois de quedar no 5º posto de Galicia na 3ª fase de 2ª división galega inicia a súa andadura polo División de Honra xogando a Copa Federación. Temos un sábado en Santiago seguro con bo Balonmán de base.

O equipo Benxamín e Alevín descansan.

Dende o Ribadosar convidámosvos a que veñades a ver balonmán en Santiago.


mércores, 16 de marzo de 2016

Fin de Semana 19/20 de Marzo

O sábado 19 de marzo temos partido en Carballo para recuperar as xornadas atrasadas nas categorías Benxamín e Alevín. O domingo 20 os xuvenís viaxan a Vigo a xogar contra o lider e o Infantil a Bueu a xogar o partido de volta da 3ª fase. En Semana Santa temos parón de adestramentos.


martes, 8 de marzo de 2016

Fin de semana de Balomán en Santiago


Buscamos nenas e nenos nados no ano 2004, 2003,( Infantil)
Nenos nados no 2000 e 1999 (Xuvenil)

Para a tempada 2016/2017


mércores, 2 de marzo de 2016

Horarios fin de Semana

Este fin de semana, sábado 5 o equipo xuvenil viaxa  A Cañiza e o domingo 6 xogan os dous equipos infantís, o mixto viaxa a Viveiro e o masculino xoga no Quiroga.

Os Benxamíns e Alevíns  Xornada de descanso.