Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 27 de abril de 2016

XIII CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS PROVINCIAIS

Este fin de semana 1 de maio celébrase en Lalín o Campionato Provincial de Seleccións, no cal están seleccionados dous xogadores do noso equipo infantil Teo e Felipe, Felipe non poderá participar por unha lesión, desde aquí queremos darlle o noso máximo apoio para unha pronta recuperación. 

Parabén aos dous e para ti Teo desexámosche un excelente campionato como nos vés tendo afeitos.


Para os demais xogadores preseleccionados que finalmente non fostes seleccionados ánimo e a seguir traballando ;)

Estades todos os seguidores do balonmán convidados a vir ver o evento, a entrada é gratuita




Horarios 30 abril

Este Fin de semana os equipos alevín e benxamín xogan en carballo a derradeira xornada de liga oficial. O Infantil masculino viaxa a Bueu partido difícil. Podense ver os horarios na seguinte táboa.




martes, 26 de abril de 2016

Campus Balonmán 2016 Colexio Alca

O Colexio Alca vai facer un campus de balonmán para o mes de xullo. Pincha no cartel para ver mais información.


PREINSCRICIÓN CURSOS DE MONITOR NIVEL I E DE ADESTRADOR TERRITORIAL NIVEL II - A CORUÑA


A Federación Galega de Balonmán, a través da Escola Galega de Adestradores de Balonmán (Área de Formación) e da Área de Deportes da Universidade da Coruña, convocou un curso de monitor de balonmán (Nivel 1) e outro de adestrador territorial  (Nivel 2), que se celebrarán na Coruña a partir de comezos do mes de maio.

As persoas interesadas en realizar estes cursos deben facer a pre-inscrición en formación@fgbalonman.com

mércores, 20 de abril de 2016

Horarios sábado 23 de abril

O próximo sábado 23 de abril temos balonmán en Santiago  no Quiroga Palacios dende as 11:00 da mañán. Estades todos invitados a ver dous partidos de categoría infantil, o primeiro de 2ª división galega e o segundo de División de Honra galega.

Temos que estar todos para animar aos nosos rapaces. UN, DOUS, TRES, ARRIBA RIBADOSAR!!!!..


As categorías Alevín e Benxamín este fin de semana descansan. Xogan en Carballo o próximo 30 de abril, para a semana comunicaremos os horarios.

xoves, 14 de abril de 2016

Partidos sábado 16 de abril

Este sábado descansan todos os nosos equipos salvo o equipo infantil mixto que viaxa A Coruña a xogar contra o Liceo.




mércores, 6 de abril de 2016

Horarios 9 / 10 de abril

O sábado 9 de abril xogamos en Zas contra os equipos do Xiria nas categorías de alevín e benxamín.
O equipo infantil masculino xoga contra o Lavadores en Vigo, e o domingo o infantil Mixto no Quiroga contra o Alca.




Por outra lado o equipo xuvenil acabou a súa competición quedando no 4º posto da Copa Federación de 2ª División Galega, mostrando unha boa evolución do conxunto. Parabéns ao equipo.