Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 9 de xuño de 2016

Peche Tempada 2015/2016

Facendo un pouco de historia, nacemos alá polo ano 2012 cando a Gregorio se lle ocorreu de montar un club específico de balonmán (sen ánimo de lucro), naqueles intres formaban a directiva Gregorio, Maruxa, Aurelio, Ricardo, Quique, Suso e Tino, e co paso do tempo esta directiva foise modificando por diversos motivos quedando ao día de hoxe con, Ricardo (Presidente), Fernando (Secretario), Lorenzo (Tesoureiro) e Quique, Suso, Jean, Juan (Vocais), tamén tivemos distintos adestradores que estiveron moi involucrados cos xogadores. Sen esquecernos das distintas empresas, institucións, amigos que nos axudaron a organizar os distintos eventos en todo este tempo.

Facendo un resumo da tempada 2015/16 ademais das competicións oficiais fixemos xornadas amigables, xornadas de portas abertas, peches de temporadas, asistir a partidos de Asobal (Cangas -Barcelona) con todos os nosos xogadores, colaboración directa coa federación para que xogasen as Guerreiras en Santiago o 7 de outubro e se conseguira un aforo de 3.400 persoas no Multiusos Fontes do Sar, partido retransmitido por tdp en directo, un gran éxito para o balonmán galego e en concreto tamén para nós como entidade representante do balonmán en Santiago.

Estes días tamén contamos con xornadas de portas abertas en todos os adestramentos para os nenos e nenas que queiran probar o balonmán de balde.

O próximo domingo día 19 de xuño facemos o acto de peche da tempada 2015/16 no pavillón Quiroga Palacios durante toda a mañá con actividades para os benxamíns, alevíns, sorteo de agasallos aos asistentes, foto de grupo e partido de xuvenís. Ao rematar temos un xantar para todos aqueles que vos queirades apuntar na casa Grande do Bachao.

Sen mais anímovos que nos sigades apoiando para que entre todos seguir medrando, pouco a pouco e cos pes no chan pero sen deixar de medrar.

PD. Tamén quero aproveitar estas liñas para agradecer a todos aqueles que participaron en calquera tarefa do Club para que todo fose mais sinxelo. Moitas Grazas.

J. Ricardo Vázquez
Presidente






Ningún comentario:

Publicar un comentario