Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

luns, 19 de xuño de 2017

Resumen Fin de Tempada 2016/17

Un fin de semana moi intenso, con unhas temperaturas moi altas e unha axenda no Ribadosar sen oco para nada.

Estivemos o venres no Quiroga presentando a actividade que fan os mais cativos, partido dos pais contra os mais pequenos, acabando coa entrega de diplomas e un agasallo de unha mochila de cordón  con unha camiseta do 5º aniversario do Club.

O sábado no campo de fútbol de Santa Isabel participando na Festa do Deporte, tamén con distintos xogos e partidos entre adultos, con unha asistencia nada desprezable para estar o día que estaba de arredor de 60 asistentes, tamén repartimos camisetas do club e mochilas de cordón entre os asistentes.

O Domingo pechamos a nosa actividade deportiva para esta tempada 2016/17 con partidos de categorías infantil e cadete entre os nosos equipos. Ao final dos encontros sorteáronse entre xogadores do club  que estaban presentes unhas camisetas cedidas pola Federación Galega de balonmán.
Continuamos coa celebración cun xantar no Hotel Congreso,  comida e piscina para todos os asistentes ata cerca das 8 da tarde.

Sabendo o complicado que e facer un oco nas vosas axendas douvos as grazas en nome da directiva e no meu propio, a todos os que participastes neste peche de tempada. Non deixa de ser unha recompensa a todo  o esforzo que estamos a facer dende a directiva. Todas estas actividades levan moitas horas de traballo e programación de todos nos, para intentar que os nenos e nenas gocen de este fermoso deporte.

Tamén agradecer a todos os que fixestes posible que esta tempada se levara a cabo sen maiores problemas, Socios, Pais, Nais, Xogadores, Adestradores, Voluntarios, Conserxe dos pavillóns, Departamento de Deportes do Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Secretaria Xeral Para o Deporte, Federación Galega de balonmán, Espina & delfín, Rodriguez Mato Avogados, Táboa Asesores, Frigoríficos do Morrazo – Balonmán Cangas, e aos xogadores, que votan unha man ca organización nas xornadas dos alevíns/benxamíns na casa, con marcadores, arbitraxes, fotos, vídeos, etc, Ari, Bruno, Gabi, Noelia, Ruben, Ricardo, Lidia, Valeria, e seguramente algún que me queda por ahi, grazas de verdade a todos.  


Presidente.





Ningún comentario:

Publicar un comentario