Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 16 de xaneiro de 2018

Horarios fin de semana 20 e 21 de xaneiro




Balonmán o sábado 20 de xaneiro, o equipo benxamín BM Ribadosar Alca vs OAK English Xiria e os tres alevín o BM Ribadosar Alca Épsilon vs BM Camariñas A ; BM Ribadosar Alca Omega vs Telepizza Carballo Xiria; BM Ribadosar.es vs BM Camariñas B, todos eles saen cedo para voltar pronto de Carballo. 

Mentres en Santiago xogan os dous equipos de categoría cadete masculino, o Ribadosar Táboa Asesores contra o Arteixo B. Maruxia Asesores e o Ribadosar Amancio Deportes contra o BM Camariñas.

O Domingo xogan os infantís a primeira hora o masculino BM Ribadosar vs BM Xallas e a continuación o feminino BM Ribadosar vs Punta del Este Xiria.
Moita sorte a todos, e a desfrutar do balonmán. 




Tamén citar que os #hispanos (Selección española de balonmán masculina absoluta) están  a xogar  o europeo que se esta televisando por TDP, así que non temos desculpa para ver balonmán. 




Recordamos a todos os que queiran formarse como adestradores de balonmán que este domingo 21 de xaneiro teñen a oportunidade de comezar  o primeiro curso de Monitor de balonmán nivel 1 que se celebra en Santiago, aínda estades a tempo de apuntarvos. Para mais información sobre ocurso pincha aquí.

Dende a Directiva do Club Balonmán Ribadosar queremos agradecer a colaboración do Colexio Alca, Federación galega de Balonmán, así como a todos os medios de prensa tanto escrita, radiofónica, redes socias que nos apoian nas nosas iniciativas.

Moitas grazas a todos, sen o voso apoio non seria posible este proxecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario