Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 13 de xuño de 2018

O 16 de xuño celebrarase en Bueu o Campionato Galego de Seleccións Provinciais

Bueu acollerá o próximo día 16 de xuño o Campionato Galego de Seleccións Provinciais das categorías alevín mixta e infantil masculina e feminino,  baixo o formato de todos contra todos a unha soa volta. 
 
Ao redor de 200 deportistas competirán no XV Campionato de Seleccións Provinciais de Balonmán polo título de campión galego, unha cita ineludible para todos os afeccionados a esta modalidade deportiva, onde se poderá gozar  cos xoves talentos que dentro de moi pouco optarán a formar parte das selección galegas e nacionais. A competición celebrarase nos Pavillón Municipal Pablo Herbello e no Pavillón Municipal de Beluso.

Bueu volve compertirse no epicentro do balonmán galego, despois de levar dous fins de semana acollendo importantes actividades. A fin de semana do 2 e 3 de xuño celebráronse as fases finais da Copa Federación Infantil e Xuvenil masculino; a fin de semana do 9 e o 10, tivo lugar a Copa Federación Cadete masculina. 

HORARIOS


E como non, o BM Ribadosar ten representación nas seleccions Infantís da Coruña, na feminina representanos Lidia e na masculina José Ramón. Moitos parabéns para os dous, seguro que o pasan moi ben. 





mércores, 6 de xuño de 2018

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN INFANTIL FEMININA DA CORUÑA

Relación de xogadoras convocadas para unha sesión de adestramento da preselección infantil Feminina da Coruña.

O adestramento será o sábado, 9 de xuño, ás 10:00 horas ata 12:00 horas, no Polideportivo Municipal de Almeiras (Culleredo)


Parabéns

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN INFANTIL MASCULINA DA CORUÑA

Relación de xogadores convocados para unha sesión de adestramento da preselección infantil Masculina da Coruña.
O adestramento será o domingo 10 de xuño, de 18:00 horas ata as 19:30 horas, no Polideportivo Municipal de Almeiras (Culleredo),




Parabéns.

Éxito rotundo dos alevíns do Ribadosar na fase final de BM5

O pasado 2 de xuño xogáronse as fase finais de alevín e benxamín en Carballo, nas que os BM Ribadosar clasificou un equipo alevín e outro benxamín para participar en dita fase.

O equipo alevín bm Ribadosar.es quedou terceiro clasificado da Coruña perdendo as semifinais contra o gañador do torneo LK Xiria (6-2).

Por outro lado o equipo benxamín acadou a decima posición.

Parabéns a todos os xogadores.




venres, 1 de xuño de 2018

Fase Final Norte Minibalonmán

O sábado 2 de xuño xogase en Carballo a fase final Benxamín e alevín. O Ribadosar nesta tempada clasificouse co equipo benxamín (BM Ribadosar Alca) e co Alevín (BM Ribadosar.es) 
Parabéns aos dous conxuntos. Moita sorte. 

Horarios e mais INFO.

  

Preselección selección Infantil Provincial

Un ano máis dende o Club Balonmán Ribadosar (único representante do balonmán na Capital Galega), temos representación nas seleccións provinciais infantís tanto na feminina coma na masculina. Parabéns!!

O domingo 3 de xuño as 16:30 no pavillón Galan de Arteixo están convocadas para a preselección infantil Feminina as xogadoras do BM Ribadosar  Valeria Ninni, Sofia García e Lidia Sanda.



Tamén o domingo 3 xuño as 18:00 no pavillón de Almeiras en Culleredo están convocados para a preselección Infantil Masculinaos xogadores do BM Ribadosar Ramón Panero, Diego Fernández, Carlos Valdés, Daniel Hermida e Jose Rámon Rodriguez.



A todas/os elas/es desexámoslle que desfruten moito desta experiencia, seguro que o fan moi ben. Moita sorte a tod@s.