Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 13 de xuño de 2018

O 16 de xuño celebrarase en Bueu o Campionato Galego de Seleccións Provinciais

Bueu acollerá o próximo día 16 de xuño o Campionato Galego de Seleccións Provinciais das categorías alevín mixta e infantil masculina e feminino,  baixo o formato de todos contra todos a unha soa volta. 
 
Ao redor de 200 deportistas competirán no XV Campionato de Seleccións Provinciais de Balonmán polo título de campión galego, unha cita ineludible para todos os afeccionados a esta modalidade deportiva, onde se poderá gozar  cos xoves talentos que dentro de moi pouco optarán a formar parte das selección galegas e nacionais. A competición celebrarase nos Pavillón Municipal Pablo Herbello e no Pavillón Municipal de Beluso.

Bueu volve compertirse no epicentro do balonmán galego, despois de levar dous fins de semana acollendo importantes actividades. A fin de semana do 2 e 3 de xuño celebráronse as fases finais da Copa Federación Infantil e Xuvenil masculino; a fin de semana do 9 e o 10, tivo lugar a Copa Federación Cadete masculina. 

HORARIOS


E como non, o BM Ribadosar ten representación nas seleccions Infantís da Coruña, na feminina representanos Lidia e na masculina José Ramón. Moitos parabéns para os dous, seguro que o pasan moi ben. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario