Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

luns, 27 de maio de 2019

Fin de tempada 2018 / 2019

Un ano mais chegamos ao final da tempada. No Balonmán Ribadosar esta fin de semana pasada estivemos cos motores a tope, o sábado estivemos pola maña coa festa do balonmán, acto que facemos cada fin de tempada para logo acabar cun xantar. Un día no que buscamos que os nosos xogador@s e familias desfruten ao máximo deste deporte. Esperamos que fose así.

Pero non acabou todo aí, os mais pequechos clasificáronse para as fases finais, así que o domingo desprazáronse os dous equipos a xogar as fases finais a Camariñas. Non foi de balde, xa que viñeron todos contentos cas súas medallas.

Na sección multimedia da web do Balonmán Ribadosar www.ribadosar.es/multimedia podes ver as fotos dos distintos eventos.





venres, 17 de maio de 2019

Fase Final Campionato Provincial A Coruña


O próximo 26 de maio de 2019 temos una cita no pavillón Municipal de Camariñas coa Fase Final do Campionato Provincial de A Coruña.

A xornada levarase a cabo dende as 15:00 horas que comeza o primeiro partido ata as 20:30 aproximadamente que será a entrega de premios

Este tempada o BM Ribadosar clasificou os dous equipo benxamíns para as fases finais.

A saída farase o domingo as 13:00 horas dende de o Colexio Quiroga Palacios. Os xogadores terán que estar 10 minutos antes da saída para poder organizar a viaxe.

IV Torneo Balonmán Feminino Letras Galegas 2019

No dia de hoxe o equipo infantil feminino viaxou a Culleredo a participar no “IV Torneo Balonmán Feminino 2019 Letras Galegas”.

As nosas viaxaron con moita ilusión e con moitas ganas de desfrutar do torneo. Tanto e así que que veñen para Santiago con un trofeo para o equipo  e o de mellor porteira do torneo para a nosas porteira Laura.

Parabéns  a todo o equipo pola tempada que esta a facer e tamén para ao @BmCulleredo por iniciativas coma esta e a boa organización. Moitas grazas




domingo, 12 de maio de 2019

Xornada final copa infantil

No día de onte os nosos equipos infantís Bm Ribadosar IF e o BM Ribadosar.es xunto cos equipos de BM Camariñas deron un espectáculo de balonmán, tanto os xogadores e xogadoras coma os seareiros e seareiras que asistiron a estes encontros.

Tanto o equipo feminino coma o masculino fixeron unha moi boa tempada, aínda que a veces nos resultados non o amosaron. Ao final da tempada o balance e estupendo.

No dia de onte as rapazas despois dunha partido moi axustado, perderon de un so tanto contra o primeiro clasificado manténdose na táboa clasificatoria no segundo posto da Copa. Os rapaces tamén tiveron un partido moi axustado contra o primeiro clasificado na copa, acabando o partido con un empate. Con este resultado quedamos terceiros clasificados na táboa ao final da Copa Federación.

Parabéns para os dous equipos polo esforzo, compromiso e dedicación.

Na seguinte ligazón podes ver as fotos e vídeos de actividades do Club Balonmán Ribadosar. Estate atent@ as actualizaciones.










martes, 7 de maio de 2019

Derradeira xornada de Copa Infantil Feminina e Masculina

Este sábado no Pavillón Quiroga Palacios temos dous encontros, que seguro dos deixan bo sabor de boca para o final de tempada.

Infantil Feminino as 11:00

O BM Camariñas campión de copa e o Ribadosar IF segundo clasificado independente do que pase este sábado, seguro que os dous equipos nos dan un espectacular partido.

Infantil Masculino as 12:30

O BM Camariñas esta primeiro da táboa, o Ribadosar.es terceiro clasificado empatado co segundo BM Culleredo, os dous equipos están obrigados a gañar para optar aos primeiros postos. Seguro nos dan un espectacular partido, como nos veñen tendo acostumados.

A desfrutar todos dos últimos partidos de copa Infantil.