Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

domingo, 12 de maio de 2019

Xornada final copa infantil

No día de onte os nosos equipos infantís Bm Ribadosar IF e o BM Ribadosar.es xunto cos equipos de BM Camariñas deron un espectáculo de balonmán, tanto os xogadores e xogadoras coma os seareiros e seareiras que asistiron a estes encontros.

Tanto o equipo feminino coma o masculino fixeron unha moi boa tempada, aínda que a veces nos resultados non o amosaron. Ao final da tempada o balance e estupendo.

No dia de onte as rapazas despois dunha partido moi axustado, perderon de un so tanto contra o primeiro clasificado manténdose na táboa clasificatoria no segundo posto da Copa. Os rapaces tamén tiveron un partido moi axustado contra o primeiro clasificado na copa, acabando o partido con un empate. Con este resultado quedamos terceiros clasificados na táboa ao final da Copa Federación.

Parabéns para os dous equipos polo esforzo, compromiso e dedicación.

Na seguinte ligazón podes ver as fotos e vídeos de actividades do Club Balonmán Ribadosar. Estate atent@ as actualizaciones.










Ningún comentario:

Publicar un comentario