Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 19 de novembro de 2019

Horarios fin de semana 24 de novembro

O domingo pola mañan temos partidos no pavillón do Restollal, empezamos con xuvenil  que xoga contra o Tui e a continuación cadete masculino que xoga contra o Atlético Novas. Os equipos das outras categorías descansan esta fin de semana.



venres, 15 de novembro de 2019

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA CLUB BALONMÁN RIBADOSAR 2019








































Xantar de nadal 2019

Xa chega o Nadal, e no Balonmán Ribadosar querémonos xuntar todos para celebralo co noso xa tradicional xantar de nadal.

Sabemos que estas son unhas datas moi complicadas de horarios para todos, aínda así decidimos ter estas iniciativas para que tanto os mais pequenos/as coma os mais grandes nos sintamos parte dun proxecto que esta a medrar amodo pero con cementos sólidos grazas a todos/as vos.

Deste xeito, tentamos conseguir que os xogadores e xogadoras de todos os nosos equipos se poidan relacionar entre si, e crear vínculos e amizades entre todos os membros do club, de tal xeito que non estean só vinculados co seu equipo. Así cremos que podemos facer mais CLUB.

O próximo 14 de decembro vémonos todos no Restaurante Porta Faxeira  na rúa do Franco nº 50.

Tes que apuntarte a través do formulario web antes do 6 de decembro, e moi sinxelo. Non quedes sen praza.



Pagaráselle a  Fernando (secretario) no pavillón Quiroga Palacios o día 9 de decembro entre as 20:00 e as 21:30.

Os nenos/as menores de 11 anos teñen que ir acompañados polo menos de 1 adulto.


martes, 12 de novembro de 2019

Horarios para o sábado 16 de novembro

Este sábado organizamos a 2ª xornada de mini balonman categoría Alevín e benxamín no pavillón Quiroga Palacios. 
Os partidos empezan as 10 da maña e estaremos ata cerca das 13:30.
Visítannos 16 equipos de distintos clubs da provincia de A Coruña, aquí poderás ver como desfrutan os nenos e nenas mais pequenos de este deporte. Agardámoste.

Nesta xornada os equipos xuvenil, cadete e infantil xogan todos eles fora de Santiago. Moita sorte para todos eles.

Aquí podes consultar os horarios de todos os partidos.


Vive o Balonmán!!!

luns, 4 de novembro de 2019

Competición Balonmán 5, Foto Oficial e Horarios Partidos.

Aquí deixamos a programación para o próximo fin de semana.

Pola maña estamos no Pavillón Quiroga Palacios coa seguinte programación:


  • As 10:00 comezamos coa competición de balonmán 5 en categoría alevín e benxamín. Nesta primeira xornada os partidos son entre os nosos equipos.

Nos seguintes link podes ver o calendario e mais datos sobre estas competicións.



  • As 10:50 están convocados os xogadores/as e técnicos de todos os equipos para facer a foto grupal da tempada 2019/2020. Pregase puntualidade. En 10 minutos temos acabado. Grazas a tod@s  

  • As 11:20 xogase o partido de cadete feminino, entre os equipos BM Ribadosar vs BM Brigantium

  • As12:50 xogase o partido de infantil Masculino, entre os equipos BM Ribadosar.es vs Bm Camariñas J.J. Chic. 

Pola tarde  no Pavillón do Restollal coa seguinte programación: 

  • As 17:00 xogase o partido de categoría cadete masculino, entre o BM Ribadosar vs BM Viveiro
  • As 18:30 xogase o Partido de categoría xuvenil masculino, entre o BM Ribadosar Amancio Deportes vs BM Viveiro.
 
Xa sabes, este fin de semana podes ver balonmán en directo en Compostela, dende os mais pequechos ata categoría xuvenil. Agardamoste!!!