Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

luns, 21 de decembro de 2020

Bo Nadal 2020

 


Un ano raro, cheo de preocupacións,
de illamentos, de distanciamento.
Un ano no que os que formamos esta
gran familia do Ribadosar nos fixemos
máis fortes e seguimos adiante.

¡¡¡ Arriba Ribadosar!!!

Bo Nadal
2020


martes, 1 de decembro de 2020

Horarios partidos fin de semana 6 de decembro

Este fin de semana tocábanos xogar co equipo cadete feminino contra o Balonmán Brigantium. Estes partidos aprazáronse para o 24 e 31 de xaneiro a petición do brigantium, así que toca descansar as nosas xogadoras.

Nas demais categorías según o calendario descansamos con todos os equipos, pero aproveitamos para recuperar a 1ª xornada que se aprazara tanto de xuvenil masculino coma de cadete masculino. Xogan este domingo día 6 no Restollal e no Quiroga Palacios a porta pechada.



martes, 17 de novembro de 2020

Programación de partidos para o fin de semana.

Este fin de semana toca xogar todos os partidos fora da casa,  agás o de cadete feminino que se aprazou  a petición do BM Camariñas.

No cartel podes ver a configuración de como quedan.



Pincha aquí para ver horarios de saídas e ubicación dos pavillóns

martes, 10 de novembro de 2020

Seguimos!!

Aquí tes o cartel para esta fin de semana. Esta xornada seguimos cos partidos a porta pechada.




Aquí podes ver  o vídeo do partido sénior masculino e os resultados da xornada pasada. 











mércores, 4 de novembro de 2020

xoves, 29 de outubro de 2020

Comezo de competición 20/21



Chegou o momento tan esperado, o sábado 31 de outubro despois de varios aprazamentos a causa da COVID-19 parece que podemos empezar a competición en 2ª autonómica co noso equipo sénior.

Un equipo novo, que comeza con moita ilusión a pesar da situación que estamos a vivir. Este equipo esta formado por xogadores que saen da canteira e xogadores novos que están a facer a súa vida nestes intres en Compostela. Dende aquí damos a benvida aos todos eles, esperamos facer unha moi boa tempada a pesares de todas as restricións que estamos a ter.

Podes coñecer aos xogadores do equipo sénior tempada 20/21 pinchando aquí  e logo en plantilla.

O sábado xogamos en Santa Comba co BM Xallas un equipo tamén novo pero con experiencia xa dunhas tempadas na categoría. Desexamos bo debut para os nosos.


Novidades desta tempada:

1.      Utilización da máscara. Os xogadores, técnicos  utilizarán unha específica aprobada en asemblea da federación. O público en caso de permitirse (depende de cada concello) tamén debe dispoñer de máscara de protección neste caso igual que na rúa

2.      Xogaremos os partidos de ida e volta nun período de 15 días para minimizar os riscos la COVID-19

3.      Temos que ter un listado de todos os asistentes, para elo teñen que inscribirse antes dos mércores no seguinte Formulario e asistir logo co seu DNI e mostralo no acceso a instalación/autobús 

4.      Tomaráselle a temperatura a todos os asistentes (xogadores, técnicos, publico, etc) ten que ser inferior a 37,5º C para poder asistir, tanto no autobús coma na entrada da instalación.

5.      Desinfección de mans tal e como indican o protocolo.

6.      O público ten que estar na grada, sentado, gardando a distancia de seguridade (incluso con convívente) e con mascara en todo momento. Se non se cumpre este requisito será expulsado da instalación. O aforo esta limitado dependendo da instalación.

No que respecta as demais categorías aprazouse o seu inicio. Estase a estudar un novo modelo de competición que se aprobara estes días. Manterémosvos informados das novas.

mércores, 21 de outubro de 2020

AGRADECEMENTOS!!

Dende o 12 de marzo a nosa sociedade esta a vivir unha situación moi complicada pola COViD-19.

Temos que adaptar todas as nosas tarefas con cambios sen moita  marxe de manobra. Isto supón  moito desgaste físico e emocional a todos nos.

Por iso quero agradecer as Familias toda a confianza que están a depositar no noso traballo. E un traballo voluntario pero que o tomamos coa máxima profesionalidade formándonos nos distintos escenarios que nos toca vivir para cometer os menos erros posibles.

Tamén como non agradecer a Federación Galega de Balonmán todo o traballo e esforzo que esta a facer. Sabemos que esta situación que estamos a vivir provoca un desgaste persoal moi grande, eles e elas seguen adaptándose aos escenarios tan cambiantes que temos todos os días, Preparando protocolos, adaptando competicións, estudios de máscaras, e un longo etc.

Tamén agradecementos para Departamento de Deportes de Santiago por tanta paciencia con nos, a Prensa por darnos difusión ao balonmán, e as distintas Persoas que colaboran desinteresadamente con nos.

Entre todos estades facendo un gran traballo polos nenos e nenas que lles gusta o balonmán na Comarca de Santiago.

 

Moitos ánimos!!

Unidos podemos facer cousas Grandes

MOITAS GRAZAS!!

 

Ricardo Vázquez

Presidente BM Ribadosar


MÁSCARA OFICIAL TEMPADA 2020/21

Ultimamente estamos a ver opinións de todo tipo sobre as mascaras, si son boas, si son malas e un longo etc. de opinións.

Neste articulo queremos compartir o documento que nos foi enviado dende a Federación Galega de Balonmán para explicar o porque da mascara. Espero que con este documento queden aclaradas todas as dúbidas sobre a máscara.

No BM Ribadosar xa fixemos a primeira compra para darlle unha a cada xogador/a, están a chegar.

Pincha aquí para ver o documento





xoves, 1 de outubro de 2020

Horarios adestramento. Semana do 2 ao 9 de outubro

Publicamos os horarios de adestramento que se aplicaran para a semana do 5 ao 9 de outubro.

Estes horarios son os que teremos  ata que desapareza a limitación de máximo 10 persoas en Santiago.


Recordade que para adestrar e obrigatorio o uso da mascara, e seguimos sen contacto. 

mércores, 23 de setembro de 2020

Horarios adestramentos Tempada 20/21

Estes son os horarios que temos de adestramentos para a tempada 20/21. 

Por motivo do covid-19 e as posibles restricións que nos poidan aplicar, pode afectar a estes horarios. 

Calquera modificación destes publicarémola  nas redes sociais oficiais do club Balonmán Ribadosar.






sábado, 19 de setembro de 2020

Voltamos!!



No día de onte, a Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia unha modificación na orde do 21 de xuño de medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria provocada pola COVID-19, na que se autoriza a realización de adestramentos e competicións con contacto, sempre que os e as deportistas utilicen máscaras.

No BM Ribadosar temos os deberes feitos. As actividades de cada equipo adaptadas aos distintos protocolos que temos que aplicar. Estamos agardando a luz verde con moita ilusión e ganas de empezar unha nova tempada.

Os integrantes do Balonmán Ribadosar (directiva, técnicos, xogadores, familias) non podemos fallar. Temos que ser moi responsables coa nosa actitude tanto no 40x20 coma no resto das horas do día, intentando minimizar os riscos de contaxios.

Para principios da próxima semana comunicaremos os horarios definitivos de adestramento de todas as categorías.

Os adestramentos prevemos que inicien a semana do 28 de setembro para todas as categorías agás os benxamíns e alevíns

Entre todos e todas ímolo conseguir. Arriba Ribadosar!!


Publicación do DOGA


domingo, 23 de agosto de 2020

Reunión Inicio de tempada




¿Quen ten que asistir?

Teñen que asistir todos os integrantes que queiran participar en calquera das categorías (dende benxamín a sénior) que imos a sacar esta tempada 20/21.


MOI IMPORTANTE A TUA ASISTENCIA 


Convócase a tod@ @s interesad@s a unha reunión por vídeo conferencia o próximo martes 25 de agosto as 20:30 horas.

 

Orde do día

  1.          Situación actual
  2.          Datas previstas de Inicio dos distintos equipos
  3.          Orzamentos xerais, breve explicación.
  4.          Cotas da actividade e de socios e formas de pago.
  5.          Rogos e preguntas

 

Para asistir a reunión tes que pinchar no seguinte link e abrilo no navegador Google Chrome xa que en outros falla a opción de compartir pantalla.

 

Unirse á reunión:

https://meet.jit.si/ribadosar1

Contrasinal: solicítaa no email ribadosar@gmail.com enviando o teu dni  escaneado.

Sala: ribadosar1

 

Recoméndase conectarse a través dun  navegador de internet Google chrome  2 minutos antes do inicio.

 

Agardámoste!! E polo ben d@s xogador@s

mércores, 13 de maio de 2020

Hoxe a @SerGalicia falou co noso Presidente


Hoxe estivo o Presidente do BM Ribadosar no programa de Radio Hoy por Hoy Santiago de Cadena Ser Galicia falando do balonmán e como non do Ribadosar.
Podes escoitalo dende o seguinte aquí a partires do minuto 58, ou tamén podes ver o montaxe de un vídeo co audio.






sábado, 9 de maio de 2020

COMUNICADO OFICIAL RESOLUCIÓN COMPETICIÓNS 19/20





Boas tardes, no día de hoxe á Federación Galega de Balonmán comunicou oficialmente a finalización da tempada 19/20 que queda sen efectos clasificatorios, outorgando á Federación Galega a opción de recoñecer tan só aos campións de liga matemáticos mediante calquera detalle conmemorativo.


En breve poñerémonos en contacto con todos vos a través dunha videoconferencia para comentarvos como queda todo de cara a próxima tempada. Comunicarase polos medios habituais. Estade atentos/as.



mércores, 22 de abril de 2020

#Euquedonacasa


Vídeo protagonizado por algúns / as xogadores / as do Balonmán Ribadosar.

Moitas grazas a todos/as por este aplauso aos nosos sanitarios así como a todos os sectores que suman nestes momentos tan difíciles para todos/as


ANIMO!!!



xa falta menos...

xoves, 12 de marzo de 2020

Suspensión dos adetramentos e competicions


Ante a situación que está xerando a expansión do COVID-19, a directiva do Club Balonmán Ribadosar atendendo as recomendacións da Federación Galega de Balonmán, toma a seguinte medida extraordinaria.

Suspéndense os adestramentos de todos os equipos durante dúas semanas dende o día de hoxe.

Hoxe xoves 12 de marzo xa non haberá adestramento.

Estaremos en contacto con calquera novidade.



martes, 10 de marzo de 2020

Horarios para o 14 e 15 de marzo. Clasificación xuvenil e cadete masc 1ª fase

Xa podes consultar os horarios dos partidos dos nosos equipos para o sábado 14 e domingo 15 de marzo.


Os equipos cadete e xuvenil masculino acabaron a 1º fase de liga, quedando clasificados na táboa xeral como sigue.

Clasificación xeral 1ª fase xuvenil masc
Clasificación xeral 1ª fase xuvenil masc: 8º



Clasificación xeral 1ª fase cadete masc:  6º
Clasificación xeral 1ª fase cadete masc:  6º 

En breve comunicaremos os calendarios de copa.

martes, 3 de marzo de 2020

Horarios para o 7 e 8 de marzo


Este fin de semana toca xogar fora de casa.

O Sábado o Equipo Cadete feminino comeza a competición de copa en Camariñas.
Os Infantís viaxan a Pontedeume o domingo.
os benxamíns e alevíns tócalles xornada de descanso, os cadetes e xuvenís a esperas do calendario de copa.
Anímate a ir animar os nosos equipos a Camariñas e a Pontedeume. apúntate para ir no bus!



luns, 24 de febreiro de 2020

Programacion para o sábado 29 de febreiro


Programa para o fin de semana

Sábado 29 de febreiro
Comezamos as 10:00 no Pavillón Quiroga Palacios, con dous partidos de liga entre os nosos equipos alevíns e benxamíns.

As 12:00 temos ao equipo cadete masculino que se mide contra o Lavadores de Vigo.
Pola tarde cambiamos de pavillón e podemos ver o partido de xuvenís  medíndose co Carballal as 17:30 no Restollal.

Este fin de semana e o ultimo partido de liga para os equipos cadete e xuvenil masculino. En breve comunicaremos a configuración  da Copa.

Os equipo cadete feminino e infantil masculino descansan esta xornada. Un a esperas da publicación do calendario de copa  e outro tócalles descanso respectivamente.



martes, 18 de febreiro de 2020

Programa entroido



Xa temos de novo a celebración do entroido. Así que no balonmán deixamos uns días de descanso aos nosos equipos.

Esta fin de semana só temos un partido de infantil masculino. Nas demais categorías descansan todos os equipos.



O equipo cadete feminino acabou este fin de semana a liga regular, conseguindo un 7 º posto.



A pesar do que se pode ver na táboa clasificatoria destacar que o equipo conta con moi boa saúde, está a mellorar día a día.

Temos que seguir traballando para facer unha boa actuación na copa. Estamos á espera que comuniquen desde a federación o novo calendario de copa.


Adestramentos.

O vindeiro martes 25 de febreiro é martes de entroido (festivo). Desde o club decidimos facer ponte o luns, así que volvemos aos horarios normais de adestramento o mércores.

Gozade do entroido!!

martes, 11 de febreiro de 2020

Horarios para o 15 e 16 de febreiro


O sábado 15 de febreiro celebramos en Santiago a sétima xornada da liga regular do grupo 1 norte de minibalonmán.
Nesta xornada que se celebra no pavillón Quiroga Palacios, participan equipos de Carballo, Zas, Santa Comba, Camariñas e Santiago, un total de 20 participantes de categoría benxamín e alevín mixto.
O equipo infantil masculino sigue invito, nesta ocasión viaxa a Camariñas.
O domingo 16 de febreiro xogamos cos equipos Cadete feminino, xuvenil masculino e cadete masculino en Porriño, Tui e O Rosal.
Agardámoste!!, ven animar aos teus equipos.


martes, 4 de febreiro de 2020

Horarios para o 8 e 9 de febreiro

Esta fin de semana xogan todos os equipos na casa salvo os benxamíns e alevíns que toca descanso.


martes, 28 de xaneiro de 2020

Programación para o 1 e 2 de febreiro

Este fin de semana todos os nosos equipos xogan fora de Santiago.
Os dous equipos benxamín e os dous alevín viaxan o sábado pola mañá a Carballo. Alí disputase a xornada por concentración nº 6 de mini balonmán.
Tamén o sábado pola mañá, o equipo cadete Feminino e infantil masculino viaxan xuntos a xogar os seus partidos en Coruña. Dende aquí agradecer a xestión que fixeron dende o Colexio Liceo la Paz, para que puidésemos viaxar cos dous equipos xuntos.
O domingo toca viaxar a Viveiro co equipo cadete masculino e xuvenil masculino.
Aquí podes consultar os horarios de saída e dos partidos.


martes, 21 de xaneiro de 2020

Programación para o fin de semana

O próximo fin de semana estamos coa maquina do balonmán a tope en Santiago.
O sábado pola mañá os equipos Benxamíns e alevíns, viaxan a Camariñas. Nesta ocasión saímonos do calendario establecido a principios da tempada a raíz do aprazamento que se fixo da xornada 4 por causas do temporal en decembro.
Sábado pola tarde no pavillón Quiroga Palacios temos partidos en Santiago. Xogan as 17:00 o equipo cadete masculino e as 18:30 o xuvenil masculino  contra o BM Porriño.
O Domingo  pola mañá seguimos as 10:30 co equipo cadete feminino contra o Teucro e as 12:00 xogan os infantil masculino contra o Lucense.
Estades todos e todas invitados a vir a desfrutar deste deporte.

Agardamoste


martes, 14 de xaneiro de 2020

Horarios para o partido do fin de semana

O próximo fin de semana xo gamos todos os partidos fora da casa, aquí podes consultar os horarios dos partidos e saída do autobús.

mércores, 8 de xaneiro de 2020

Cambio de pavillon en Arteixo

Acaban de comunicar un cambio de pavillón que afecta aos partidos que se xogan o domingo en Arteixo. A expedición sigue toda igual so cambia o Pavillón.
Aquí queda unha imaxe coa nova situación

martes, 7 de xaneiro de 2020

Xa estamos de volta

Este nadal puidemos desfrutar de balonmán co #CESABM2020 que se celebrou en Cantabria.
A nosa xogadora Lidia participou neste campionato de España de seleccións autonómicas coa selección galega infantil feminina. Acadaron a oitava posición de España. Noraboa para Lidia e todas as integrantes da selección.
Acabouse o Nadal e volvemos á competición.
Esta fin de semana dobramos xornada con equipos Infantil, cadete masculino e feminino, e xuvenil.
Nas categorías benxamín e alevín esta fin de semana descansamos.

Feliz ano 2020,