Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 20 de abril de 2016

Horarios sábado 23 de abril

O próximo sábado 23 de abril temos balonmán en Santiago  no Quiroga Palacios dende as 11:00 da mañán. Estades todos invitados a ver dous partidos de categoría infantil, o primeiro de 2ª división galega e o segundo de División de Honra galega.

Temos que estar todos para animar aos nosos rapaces. UN, DOUS, TRES, ARRIBA RIBADOSAR!!!!..


As categorías Alevín e Benxamín este fin de semana descansan. Xogan en Carballo o próximo 30 de abril, para a semana comunicaremos os horarios.

xoves, 14 de abril de 2016

Partidos sábado 16 de abril

Este sábado descansan todos os nosos equipos salvo o equipo infantil mixto que viaxa A Coruña a xogar contra o Liceo.




mércores, 6 de abril de 2016

Horarios 9 / 10 de abril

O sábado 9 de abril xogamos en Zas contra os equipos do Xiria nas categorías de alevín e benxamín.
O equipo infantil masculino xoga contra o Lavadores en Vigo, e o domingo o infantil Mixto no Quiroga contra o Alca.




Por outra lado o equipo xuvenil acabou a súa competición quedando no 4º posto da Copa Federación de 2ª División Galega, mostrando unha boa evolución do conxunto. Parabéns ao equipo.


mércores, 30 de marzo de 2016

Horarios sábado 2/04/2016

Despois do parón de Semana Santa seguimos coa competición. O equipo xuvenil co seu último partido oficial da tempada contra un Octavio con gañas de ganar.

Os Infantil (Mixto) de copa delegación viaxa a Narón a intentar traer algún punto, o Infantil Masculino despois de quedar no 5º posto de Galicia na 3ª fase de 2ª división galega inicia a súa andadura polo División de Honra xogando a Copa Federación. Temos un sábado en Santiago seguro con bo Balonmán de base.

O equipo Benxamín e Alevín descansan.

Dende o Ribadosar convidámosvos a que veñades a ver balonmán en Santiago.


mércores, 16 de marzo de 2016

Fin de Semana 19/20 de Marzo

O sábado 19 de marzo temos partido en Carballo para recuperar as xornadas atrasadas nas categorías Benxamín e Alevín. O domingo 20 os xuvenís viaxan a Vigo a xogar contra o lider e o Infantil a Bueu a xogar o partido de volta da 3ª fase. En Semana Santa temos parón de adestramentos.


martes, 8 de marzo de 2016

Fin de semana de Balomán en Santiago


Buscamos nenas e nenos nados no ano 2004, 2003,( Infantil)
Nenos nados no 2000 e 1999 (Xuvenil)

Para a tempada 2016/2017


mércores, 2 de marzo de 2016

Horarios fin de Semana

Este fin de semana, sábado 5 o equipo xuvenil viaxa  A Cañiza e o domingo 6 xogan os dous equipos infantís, o mixto viaxa a Viveiro e o masculino xoga no Quiroga.

Os Benxamíns e Alevíns  Xornada de descanso.