O próximo fin de
semana o equipo sénior xoga o derradeiro partido da tempada en a Guarda.
Os cadetes teñen a primeira xornada de Copa Sponsor en Narón e o equipo xuvenil despois de gañar ao BM Arousa descansa esta fin de semana.
O próximo fin de
semana o equipo sénior xoga o derradeiro partido da tempada en a Guarda.
Os cadetes teñen a primeira xornada de Copa Sponsor en Narón e o equipo xuvenil despois de gañar ao BM Arousa descansa esta fin de semana.
No Balonmán Ribadosar xa estamos preparando a tempada 22/23
OBXECTIVOS DAS ESCOLAS:
ACTIVIDADES O LONGO DO CURSO:
DATAS DE INICIO - FINALIZACIÓN DO CURSO:
A estas altura de tempada xa estamos chegando ao fin da competición en algunhas categorías.
Aquí vos deixamos
un pequeno resumo.
Os Benxamíns
acabaron competición este pasado sábado 2 de abril no que se enfrontaron ao Oar
Coruña gañando os catro tempos, o que fixo que se colocaran de terceiros na táboa
clasificatoria. Moi boa progresión!!
Os Cadetes seguen
coa súa loita entre os seis primeiros da liga Prata Galega, despois de non saír
as cousas contra o Teucro o pasado fin de semana, estamos preparando o partido
para este fin de semana xogar contra o Atlético Bueu o partido que tiñamos aprazado da
primeira xornada desta fase. Moita Forza!!
Os Xuvenís
acabaron a competición xa fai 2 semanas. Equipo con moito mérito despois de afrontar
unha tempada con moitas baixas e
completando o equipo con xogadores cadetes que tiveron que dobrar xornadas. Na segunda
fase acadaron o segundo posto na táboa clasificatoria. Parabéns po lo esforzo e
capacidade de loita que demóstraste durante toda a tempada.
A estas alturas da tempada temos o equipo xuvenil que xa acabou a competición, acadando na segunda fase da competición o segundo posto por detrás do UBM Lavadores Vigo, parabéns. Agora toca seguir adestrando ata finais de maio.
O equipo sénior
xogou contra un BM Luceros con moitas baixas na primeira liña o que fixo que o
equipo se resentira e nos levara a perder o partido. Próxima xornada partido no
Restollal contra o Proquideza Loriga,
partido difícil contra o segundo clasificado.
Os cadetes viaxaron
a Cañiza con baixas importantes que fixo que se resentira un pouco o equipo e que o Xestaservi BM Cañiza soubo aproveitar
para facerse co marcador. A próxima xornada xogamos no Quiroga Palacios contra
o Teucro, segundo clasificado.
Os infantís
perderon na casa contra o BM Linea 21 por falta de ritmo en ataque e moitos
fallos defensivos. Na próxima xornada viaxamos a Arteixo a disputar o ultimo
partido da tempada.
Os benxamíns xogaron
en Camariñas. Viaxamos co numero mínimo de xogadores. A pesares de que xogaron
moi ben o BM Abegondo gañou os catro tempos. Este fin de semana organizamos a xornada 7 de minibalonmán en Santiago no Pavillón Quiroga Palacios. Xoganse os partidos a unha sola pista.
Programación para o fin de semana
Esta semana empezamos as competicións xa este mércores con un partido aprazado do equipo cadete masculino. Así que maña as 19:00 horas no pavillón Quiroga Palacios podes desfrutar seguro dun bo partido entre o BM Ribadosar vs G. Lemaco Xiria B.
O resto dos
partidos xóganse o sábado e domingo.
Sábado xogan os infantís no pavillón Quiroga Palacios
as 10:00 contra o Linea 21 a 2ª xornada da liga prata copa bronce grupo D. As 12 os cadetes xogan na
Cañiza a 3ª xornada da liga prata grupo A (1º ao 6º) e as 13 horas os benxamíns
xogan en camariñas a 6ª xornada por concentración contra o Gas Abegondo.
O domingo as 17 horas o equipo senior xoga no Gatañal a xornada 22 contra o Luceros. Unha semana sen descanso para os nosos. Esperamos que desfrutedes do balonmán.