Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 17 de maio de 2023

COPA 5X5 DEPUTACIÓN DA CORUÑA CAMARIÑAS

O próximo sábado 20 de maio xogase na Plaza de Abastos Camariñas  a fase final da copa 5x5 Deputación da Coruña na que os nosos equipos benxamín e alevín se clasificaron para dito evento.


A competición constará de unha liga de todos contra todos a unha volta (2 tempos de 10
minutos cada partido).
Clasificaranse para a final o mellor equipo de cada grupo.
Puntuación do torneo: 3 puntos parte ganada, 2 puntos parte empatada e 1 punto parte
perdida

Grupos:



Calendario:


Podes ver todos os partidos aquí








martes, 9 de maio de 2023

Torneo Ascensión 2023

 O próximo sábado 13 de maio pola maña imos celebrar o Torneo da Ascensión no pavillón Quiroga Palacios.

Participan neste torneo todos os xogadores/as do noso club das distintas categorías.

Tratase de pasar unha maña de festa do balonmán entre todos e  aproveitar para que se poidan ver e coñecer os xogadores das distintas categorías.



Horarios:


mércores, 3 de maio de 2023

Resume pasada xornada e horarios para este fin de semana

O pasado fin de semana foi moi intenso cos mais pequenos do club.

Os nosos alevíns viaxaron a Coruña  onde gañaron os dous encontros. Finalizaron a primeira fase clasificándose no terceiro posto do seu grupo o que lles da unha praza para os cuartos de final. Polo de agora toca descansar ata que saian publicados os horarios e sede dos cuartos de final que se esperan para o fin de semana do 21 de maio.


Os Infantís viaxaron a Pontevedra onde  disputaron un partido moi bo contra un Teucro que se levou os dous puntos. Nesta xornada finalizouse a segunda fase de competición na que a pesar do que se ve na táboa clasificatoria, puidemos ver a melloría de todos os membros do equipo.

Os benxamíns viaxaron a Oleiros onde xogaron dous partidos. Empataron un e gañaron o outro, moi boa evolución dos mais pequenos que están nos postos para loitar polos dezaseisavos de final faltando so dous partidos. Clasifican os 9 primeiros do grupo ABC Norte

Xa para esta fin de semana temos os dous ultimo partidos de fas cos benxamíns en Arteixo. E co equipo xuvenil temos o Torneo de Santa Rita no pavillón de Carril.

O torneo de xuvenil será o sábado durante todo o día empezamos o primeiro partido as 12:00 contra o BM Arousa comeremos e logo pola tarde xogase as 18:00 horas terceiro e cuarto posto e as 19:30 a final.

O resto de equipos descansan esta próxima xornada.



mércores, 26 de abril de 2023

Resume da pasada xornada. Programación para o 29-30 de abril

O pasado fin de semana xogou o equipo infantil contra o Liceo no Quiroga Palacios. Moi bo xogo dos dous equipos no que os dous puntos se foron cada Coruña.

Os benxamíns xogaron 3 partidos en Abegondo (xornada 20) cos seguintes resultados:

Bm Culleredo Dentalara Fonteculler vs Bm Ribadosar 6 - 10

Culleredo BM O Graxal Seone-Freire vs Bm Ribadosar 4 - 12

Bm Linea21 Reformaas Coruña vs Bm Ribadosar 4 - 12



Este sábado  viaxan a Coruña os alevíns a xogar os derradeiros partidos da 1ª fase.

Domingo os benxamíns a Oleiros e os infantís a Pontevedra tamén o derradeiro partido da 2ª fase.


 

martes, 18 de abril de 2023

Resume xornada pasada e horarios para o 22 de Abril

Este pasado fin de semana viaxamos cos infantís a Vigo, un partido complicado no que nos fixemos cos dous puntos.



Os equipos benxamín e Alevín estiveron no balonmán na rúa o sábado na fase clasificatoria conseguindo clasificarse para semifinais o equipo benxamín e os dous equipo alevíns presentados. O domingo xogamos as semifinais e clasificamos para a final o equipo benxamín e un dos dous alevíns. O Benxamín Proclamouse campión da súa categoría dándolle unha praza na fase final que se prevé xogar en Camariñas o próximo 19 a 21 de maio. O Alevín perdeu na final pola mínima contra o Culleredo.



Os xuvenís  viaxaron o domingo a Carril a disputar un partido amigable co BM Arousa. O equipo completouse con xogadores cadetes. O partido acabou en táboas.


Un fin de semana cheo de boas sensacións.

Xa de cara a este fin de semana temos os infantís que xogan na casa o sábado pola mañan e os benxamíns que viaxan a Abegondo.

Os demais equipos descansan este fin de semana.



 









mércores, 12 de abril de 2023

Axenda para o 15 e 16 de Abril

Despois do parón de Semana Santa seguimos con balonmán. Os nosos infantiles viaxan o sábado pola mañana a Vigo.

Os benxamín e alevín este fin de semana teñen un torneo en Culleredo Balonmán na Rúa 5x5 que se xoga na praza da igresa de Vilaboa (Culleredo)

A competición constará de unha liga de todos contra todos a unha volta (2 tempos de 10

minutos cada un).

Clasificaranse para a xornada do domingo (semifinais e finais) o mellor equipo de cada

grupo.

Puntuación do torneo: 3 puntos parte ganada, 2 puntos parte empatada e 1 punto parte

perdida.


En caso de clasificarnos para o domingo serian estes horarios


Os equipos xuvenil e cadete xa acabaron a competición oficial, estamos a ver si organizamos algunha actividade con outros clubes. 




martes, 28 de marzo de 2023

Axenda para o 1 e 2 de abril

 Esta fin de semana os noso infantís teñen dúas xornadas na casa.

O sábado xogamos contra o Bm Porriño e o domingo o partido aprazado polo mal estado da pista contra o Rasoeiro.

Os benxamíns e alevíns descansan esta fin de semana ata despois de Semana Santa.

O equipo cadete acabou a primeira fase e o xuvenil a segunda fase. Ámbolos dous equipos están a espera por se convocan unha nova fase por parte da Federación Galega.

Esta Semana Santa dámoslle descanso a todos os equipos. Voltaremos aos adestramentos o luns 10 de abril.