Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 30 de abril de 2019

Invitación xantar peche de tempada

Un ano mais chegamos ao peche da tempada. Un ano que despois de moito traballo por parte dos adestradores, voluntarios, familias e directiva  podemos resumir con unha melloría a nivel deportivo e de socios involucrados no proxecto moi grande.

Dende a directiva esperamos que este compromiso vaia a mais, para facernos mais fortes de cara a próximas tempadas.

Queremos recordarvos a todos e todas que esta directiva esta constituída de forma desinteresada por pais de rapaces e rapazas que xogan no BM Ribadosar, e que estamos abertos a que participedes con nos dende dentro, para que poidades ver toda a maquinaria que fai mover que cada fin de semana as cousas saian medianamente ben.

Dende aquí convidámosvos a todos e a todas a participar na xornada que estamos preparando para o día 25 de maio, (comunicaremos en breve o programa) onde acabaremos co xantar de fin de tempada no Hotel Congreso.





Ningún comentario:

Publicar un comentario