Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 27 de abril de 2021

Mini Balonmán en Santiago e mais...




Este fin de semana temos moito balonmán, o sábado pola maña organizamos a concentración de Alevin5 no pavillón Santa Isabel. A este evento asisten equipos de Narón, Santa Comba, Arteixo, Lugo e Santiago. Os partidos empezaran as 10:15 e acabaremos sobre as 13:00 horas.

Na maña do sábado os cadetes tomaran rumbo para xogar en Narón, partido moi importante xa que estamos empatados a 8 puntos catro equipos para optar ao 2º posto da táboa.

O Domingo xogan na casa as nosas cadetes femininas o derradeiro partido desta fase. A pesares das baixas que tivo esta tempada o equipo por distintas lesións están clasificadas no 2º posto empatadas a puntos co primeiro, iso si con un partido mais. Moi voa tempada.

Os xuvenís nesta ocasión tamén viaxan este domingo a Redondela. Este equipo tamén se resentiu moito polas lesións, moito mérito loitando coa plántalla moi tocada.

E como non iamos a facer mención do equipo sénior, equipo de nova creación con xogadores que saíron da canteira e outros que se uniron para formar parte do Ribadosar.

Gran tempada a pesares de todas as dificultades que tivemos coas poucas horas de adestramento, adestrando sen resina, asistindo aos primeiros partidos sen coñecerse os xogadores por adestrar en dous grupos de adestramento (polas medidas covid19) etc. E con todo iso o pasado fin de semana perdemos un partido de 3 goles que de gañalo podiamos meternos na final four polo ascenso a 1ª autonómica. Noraboa!!

Tamén  recordar dende aquí e darlles moita forza e ánimos e unha pronta recuperación a todolos/as xogadores/as lesionados/as esta tempada.

Jorge, Bruno, Dani, Lidia, Sabela, Noela, Carla    

mércores, 21 de abril de 2021

Horarios partidos para o 24 e 25 de Maio

 Este fin de semana temos partidos.

Sábado pola mañá o equipo alevín  xoga dúas xornadas en Santa Comba, os cadete masculino xogan en Santiago contra o SD Eume,  pola tarde o equipo senior ten a ultima xornada da grupo pola Final Four contra o Carnes do Ribeiro con opcións de clasificarse para xogar a Final Four.

Domingo pola mañá xoga infantil masculino no Quiroga Palacios, o xuvenil masculino no Restollal e o cadete feminino tócalle viaxar a Culleredo.






martes, 13 de abril de 2021

Programación para o 17 e 18 de abril




Un fin de semana mais a tope de balonmán.

O equipo cadete feminino xoga o sábado de mañan no Quiroga Palacios contra o BM Brigantium B. Pola tarde viaxan a Culleredo  e Arteixo os equipos infantil masculino e o cadete masculino.

O domingo pola mañan  tocalles ao equipo Alevín viaxar a Narón a disputar a xornada 3 e 4 da primeira fase, e logo pola tarde temos no Pavillon do Restollal o equipo senior masculino as 18:00 contra o BM Xallas.

Estate atento as nosas redes para poder ver os partidos en streaming.








mércores, 7 de abril de 2021

Inicio de Competición Alevín 5, horarios partidos.

Inicio competición Alevín 5

Esta fin de semana empezan as competición os alevíns. Van a xogar un total de 10 xornadas en formato de concentración en 5 sedes distintas, esta fin de semana tócanos ir a Lugo. Xogaremos alí a xornada 1 e 2.

Os equipos das demais categorías.

Sénior Masculino descansa, o xuvenil masculino viaxa a Vigo o sábado pola tarde, cadete masculino e feminino viaxan a Lugo o sábado pola maña, ademais o cadete masculino dobra xornada e o domingo xoga na casa contra o Viveiro e os infantís xogan na casa contra o Oar Coruña o Domingo a primeira hora.

Público nos partidos

Polo de agora en Santiago non nos permiten público, en algúns concellos aos que imos xogar si permiten un aforo moi reducido. Dende o BM Ribadosar desaconsellamos viaxar como publico a ningunha instalación polo de agora.

Estate atento as nosas redes sociais, na medida no posible intentaremos retransmitir os partidos en directo.

Moita  sorte a todos/as e a desfrutar do balonmán con #sentidiño, non nos relaxemos coas medidas anti-COVID.


Entra Aquí para poder ver este cadro cos links aos pavillóns, e horarios de saída dos autobuses