Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 26 de abril de 2017

Crónica partidos, e horarios para o 29 de abril

O pasado fin de semana os infantís fixeron un gran partido contra o BM Pontedeume, permanecendo invito ata o de agora na copa Delegación. O equipo despois de moito traballo esta dando os seus froitos, dende aquí animamos a todo o conxunto a seguir gozando e traballando con moita intensidade.

A semifinal de copa Federación do equipo cadete xogábase o sábado o partido de ida, non se puido xogar no Quiroga Palacios por un problema que tivo o arbitro asignado, tivo que aprazarse o partido para sábado 29 de abril as 12:00 no Quiroga Palacios.
O Partido de volta xogouse o domingo as 18:00 horas en Moaña onde ao final do partido impúxose o Moaña por 9 goles de diferenza, despois de moito desgaste dos nosos. Foi un partido moi igualado ata o minuto 19 do segundo tempo, onde a partires de ahí a falta de concentración xogounos unha mala pasada.

Temos un partido complicado para gañar a eliminatoria pero coa forza de todos podémolo conseguir.
Os alevíns e os benxamíns desta volta non puideron traer puntos de Camariñas, a seguir traballando.

Este fin de semana  os Infantís descansan, Alevíns van a Carballo e os Cadetes xogan o derradeiro partido da semifinal no Quiroga.

Podes ver os horarios con máis detalle no seguinte cadro.



mércores, 19 de abril de 2017

Horarios fin de semana 22 de abril

Este fin de semana temos o equipo cadete que xoga a semifinal contra o primeiro do outro grupo, o BM Moaña, xogamos o sábado en Santiago e o domingo en Moaña.

Os infantís nesta ocasión viaxan a Fene o domingo, a xogar contra o Pontedeume, a ve si seguimos invitos na Copa,

Os benxamíns e o equipo alevín Ribadosar Omega xogan en Camariñas, os  demais partidos aplazanse ata o día 6 de maio.



Ven animar ao teu fill@!!! 

e Lembra..

Respecto aos demais participantes.


Grazas!!!

mércores, 5 de abril de 2017

Horarios fin de semana

O sábado 8 de abril xogan os nosos equipos, o infantil en Santiago e os alevíns e benxamíns en Santa Comba.


Os cadetes non xogan ata o 22 de abril.

Recordade que en Semana Santa (do 10 ao16 de abril inclusive) non haberá adestramento no Quiroga Palacios por vacacións de Semana Santa, esperamos que gocedes dos días de vacacións.