O pasado fin de
semana foi moi intenso cos mais pequenos do club.
Os nosos alevíns
viaxaron a Coruña onde gañaron os dous encontros.
Finalizaron a primeira fase clasificándose no terceiro posto do seu grupo o que
lles da unha praza para os cuartos de final. Polo de agora toca descansar ata
que saian publicados os horarios e sede dos cuartos de final que se esperan
para o fin de semana do 21 de maio.
Os Infantís
viaxaron a Pontevedra onde disputaron un
partido moi bo contra un Teucro que se levou os dous puntos. Nesta xornada
finalizouse a segunda fase de competición na que a pesar do que se ve na táboa
clasificatoria, puidemos ver a melloría de todos os membros do equipo.
Os benxamíns
viaxaron a Oleiros onde xogaron dous partidos. Empataron un e gañaron o outro, moi
boa evolución dos mais pequenos que están nos postos para loitar polos dezaseisavos
de final faltando so dous partidos. Clasifican os 9 primeiros do grupo ABC Norte
Xa para esta fin
de semana temos os dous ultimo partidos de fas cos benxamíns en Arteixo. E co
equipo xuvenil temos o Torneo de Santa Rita no pavillón de Carril.
O torneo de
xuvenil será o sábado durante todo o día empezamos o primeiro partido as 12:00
contra o BM Arousa comeremos e logo pola tarde xogase as 18:00 horas terceiro e
cuarto posto e as 19:30 a final.
O resto de equipos descansan esta próxima xornada.