Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 26 de abril de 2023

Resume da pasada xornada. Programación para o 29-30 de abril

O pasado fin de semana xogou o equipo infantil contra o Liceo no Quiroga Palacios. Moi bo xogo dos dous equipos no que os dous puntos se foron cada Coruña.

Os benxamíns xogaron 3 partidos en Abegondo (xornada 20) cos seguintes resultados:

Bm Culleredo Dentalara Fonteculler vs Bm Ribadosar 6 - 10

Culleredo BM O Graxal Seone-Freire vs Bm Ribadosar 4 - 12

Bm Linea21 Reformaas Coruña vs Bm Ribadosar 4 - 12



Este sábado  viaxan a Coruña os alevíns a xogar os derradeiros partidos da 1ª fase.

Domingo os benxamíns a Oleiros e os infantís a Pontevedra tamén o derradeiro partido da 2ª fase.


 

martes, 18 de abril de 2023

Resume xornada pasada e horarios para o 22 de Abril

Este pasado fin de semana viaxamos cos infantís a Vigo, un partido complicado no que nos fixemos cos dous puntos.



Os equipos benxamín e Alevín estiveron no balonmán na rúa o sábado na fase clasificatoria conseguindo clasificarse para semifinais o equipo benxamín e os dous equipo alevíns presentados. O domingo xogamos as semifinais e clasificamos para a final o equipo benxamín e un dos dous alevíns. O Benxamín Proclamouse campión da súa categoría dándolle unha praza na fase final que se prevé xogar en Camariñas o próximo 19 a 21 de maio. O Alevín perdeu na final pola mínima contra o Culleredo.



Os xuvenís  viaxaron o domingo a Carril a disputar un partido amigable co BM Arousa. O equipo completouse con xogadores cadetes. O partido acabou en táboas.


Un fin de semana cheo de boas sensacións.

Xa de cara a este fin de semana temos os infantís que xogan na casa o sábado pola mañan e os benxamíns que viaxan a Abegondo.

Os demais equipos descansan este fin de semana.



 









mércores, 12 de abril de 2023

Axenda para o 15 e 16 de Abril

Despois do parón de Semana Santa seguimos con balonmán. Os nosos infantiles viaxan o sábado pola mañana a Vigo.

Os benxamín e alevín este fin de semana teñen un torneo en Culleredo Balonmán na Rúa 5x5 que se xoga na praza da igresa de Vilaboa (Culleredo)

A competición constará de unha liga de todos contra todos a unha volta (2 tempos de 10

minutos cada un).

Clasificaranse para a xornada do domingo (semifinais e finais) o mellor equipo de cada

grupo.

Puntuación do torneo: 3 puntos parte ganada, 2 puntos parte empatada e 1 punto parte

perdida.


En caso de clasificarnos para o domingo serian estes horarios


Os equipos xuvenil e cadete xa acabaron a competición oficial, estamos a ver si organizamos algunha actividade con outros clubes.