Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

domingo, 20 de xuño de 2021

ESCOLAS DE BALONMÁN EN SANTIAGO 2021 - 22

No Balonmán Ribadosar xa estamos preparando a tempada 21/22,

Se queres formar parte dos nosos equipos pincha no cartel para aceder ao formulario de preinscripción.


OBXECTIVOS DAS ESCOLAS:

  • Fomentar a práctica deportiva en xeral e do balonmán en particular.
  • Promover a actividade física e deportiva.
  • Educar e formar nenos/as deportistas.
  • Sensibilizar o xogo colectivo de cara o espíritu de grupo.
  • Dinamizador da convivencia.

 ACTIVIDADES O LONGO DO CURSO:

  • Entrenamentos semanais.
  • Competición  interescolas.
  • Posibilidade de participación nos equipos do C.B. Ribadosar que compiten nos Campeonatos provinciais organizados pola Federación Galega de Balonmán.
  • Participación en torneos internos do Club a desenvolver en Santiago e noutras localidades (Nadal, Semana Santa, etc …).
  • Saídas a ver partidos de balonmán (Asobal, 1ª Estatal, ... )
  • Outro tipo de actividades culturáis e deportivas, ao longo de ano.

DATAS DE INICIO - FINALIZACIÓN DO CURSO:

  • Comezará e rematará co calendario escolar, de setembro a maio.