Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 30 de novembro de 2022

Horarios dos partidos do fin de semana do 3 e 4 de decembro

Este fin de semana temos partidos en todas as categorías. Os xuvenis xogan no Restollal e as demais categorías todos fora da casa. No seguinte cadro podes ver a configuración.



martes, 22 de novembro de 2022

Horarios partidos fin de semana 26 de novembro

 Esta fin de semana xogan en Santiago os xuvenis, cadetes e infantís.

Os alevíns e benxamíns tocalles descansar, esta tempada o normal e xogar cada 15 días.


Esperamoste o sábado pola mañan no pabillón Quiroga Palacios e pola tarde no Restollal. Ven animar ao teu equipo.




martes, 15 de novembro de 2022

Horarios de partidos para o fin de semana do 19 de novembro

Este fin de semana empeza a competición dos equipos alevín e benxamín. Estas categorías xogan por concentración e nesta ocasión tócanos viaxar a Carballo o sábado 19 de novembro.

As demais categorías descansan este fin de semana. 

Esperamos que os mais pequenos desfruten moito desta primeira xornada. Xogaran dous partidos os alevín e outros dous os benxamín.






martes, 8 de novembro de 2022

Horarios para o fin de semana 12 e 13 de novembro

Este fin de semana xoga o equipos xuvenil en Narón, o cadete en Culleredo, o infantil descansa e o alevín e benxamín ainda pendentes de que saian calendarios e modelo de competición.






mércores, 2 de novembro de 2022

Portas abertas todo o mes de novembro!!

 Ainda non probaches?? estamos de portas abertas en distintos lugares dende o mes de xuño.

Non te preocupes, estas a tempo de probar todo este mes de novembro totalmente de balde, para que poidas ver si che gusta o balonmán. estamos seguros de que si.


Que teño que facer para poder asistir:

  1. Inscribirse aquí
  2. Acudir ao Pavillón Quiroga Palacios os días da túa idade.
  3. Roupa e calzado deportiva
  4. Vir cunha mochila na que tes que traer.
    1. Un calzado deportivo para cambiar no pavillón, que non veña da rúa
    2. Botella de auga co teu nome
    3. Unha toalla pequena
  5. E por último moitas ganas de pasalo ben

Nota: Faraselle un seguro deportivo a todos/as os asistentes,

Se tes mais de 14 anos podes inscribirte, poñeremosnos en contacto contigo para explicarche as condicions.

Agardamoste,

Limite de prazas, regulase por orden de inscripción no formulario. En caso de superar o limite de prazas poñerémonos en contacto contigo por email.

Horarios dos partidos para o fin de semana 5 novembro

 Este fin de semana o noso equipo xuvenil xoga o sábado pola tarde no Restollal contra o Pontedeume.

Os cadetes e infantiles xogan o  domingo. O cadete contra o Lucense no Quiroga palacios e o infantil viaxa a Oleiros.  

Os alevíns e benxamíns están esperando a que saian publicado o modelo de competición e os calendarios de balonmán 5.