Non te quedes sen elas!!
Un deporte, unha pasión...
luns, 30 de agosto de 2021
Entradas Copa e Supercopa Galicia Feminina e Masculina
domingo, 29 de agosto de 2021
Inicio dos adestramentos tempada 21/22
Chegou o momento!!
Xa tiñamos gañas de comezar os adestramentos de balonmán en Compostela. Estivemos ata o de agora con todos os preparativos para poder comezar coa maior seguridade, tal como fixemos na tempada pasada.
O mércores día 1 de setembro comezamos os adestramentos de balonmán no Pavillón Quiroga Palacios tal e como indica este calendario provisional que se ira revisando todas as semanas.
Os alevín e benxamín empezan o 17 de setembro de 17 a 18:30
No Ribadosar estamos aplicando o PROTOCOLO FISICOVID-DXTGALEGO polo que se eestablecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia
Miramos pola túa seguridade e a dos teus
Aínda estas a tempo de apuntarte, Ven a xogar ao Balonmán!!
xoves, 26 de agosto de 2021
Resultados eleccións presidencia do BM Ribadosar
As eleccións a
presidencia hai que facelas cada 4 anos, no Ribadosar tocounos na pasada
tempada pero por motivos do COVID19 non se puideron celebrar as eleccións a
presidencia.
Neste momento
decidiuse dende a directiva facer a convocatoria e fixemos todo o procedemento con votación electrónica, Neste caso cedeunos
a Federación Galega a súa plataforma para poder emitir os votos.
Para estas eleccións
tivemos un único candidato, Jose Ricardo Vázquez García que tivo o cen por cen dás
votacións emitidas. Deste xeito renova o cargo por 4 anos mais. En breve comunicará
a todos os socios/as quen forma a nova directiva.
luns, 9 de agosto de 2021
ASAMBLEA EXTRAORDINARÍA ELECCIONS A PRESIDENCÍA DO CLUB BALONMAN RIBADOSAR
Asemblea extraordinaria Club Balonmán Ribadosar 17 agosto 2021
A/A Socio do Club Balonmán
Ribadosar
Mediante a seguinte circular queremos informar aos socios do Club Balonmán
Ribadosar, que o día 17 de agosto celebrase
a asemblea extraordinaria as 21:00 a través de videoconferencia, coa seguinte
orde do día:
1.
Elección do
Presidente
2.
Rogos e
Preguntas.
A cal poden asistir con voz e
voto todos los socios Numerarios que teñan a cota de socio a dia 30 de maio o
corrente. A votación farase a man alzada ao haber un so candidato.
Para poder asistir e necesario unha inscrición como asistente no seguinte
formulario https://forms.gle/k16hR2p5QRj74i9EA antes do sábado 14 de agosto as 14:00 horas.
ELECCIONS A PRESIDENCÍA DO CLUB BALONMAN RIBADOSAR
martes, 3 de agosto de 2021
ELECCIONS A PRESIDENCÍA DO CLUB BALONMAN RIBADOSAR
Publicase o listado de candidatos provisional.
Todo aquel que queira poñer unha reclamación ten que facelo enviando un email a ribadosar@gmail.com poñendo no asunto "Reclamación Listado Presidencia" antes do 7 de agosto as 20:00 horas.