Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

venres, 29 de maio de 2015

Camiseta!!! Pidea antes do 2 de xuño

Non te quedes sin ela!!! este ano fixemos unha camiseta nova para que luzas neste verán. Todos os xogadores do Ribadosar teñen dereito a solicitar unha de carater gratuito.

Todos os socios e xogadores poden solicitar todas as que queiran a un precio de 5€ cada unha.

As personas que non sexan socios ou xogadores do Club terán que aboar a cantidade de 7 € por camiseta.


Pidea Aquí

xoves, 28 de maio de 2015

Sábado dia 30 de maio

Este sábado xogamos o último partido da tempada contra o campeón da fase de ascenso ( BM Lalín). Con isto cerramos esta tempada no que se refire a eventos a nivel oficial da federacíon. A partires de esta semana organizaremos algúns eventos de promoción e amigables ata o día 20 de xunio (xa vos iremos informando) . Ver horarios para o sábado 30.

xoves, 21 de maio de 2015

Sábado 23 de maio

Celebrase en Carballo a Fase Final Provincial Alevín e Benxamín. Os nosos Alevíns estan clasificados 3º de grupo, parabens a todos eles por ese exito. Os benxamíns tamén van a participar ese día en Carballo nunha xornada organizada polo Balonmán Xiria, vamos a pasalo moi ben.... Tamen o sábado no Quiroga Palacios antes de sair para Carballo enfrontase o Equipo Infantil contra o BM Chapela partido que promete. Vinde a animar ao voso equipo. Ver horarios.
  
 

martes, 12 de maio de 2015

Horarios sábado 16 de maio

O sábado o Ribadosar recorren practicamente a xeografía galega dunha punta a outra. Os Infantís de galega viaxan ao Rosal, e os de provincial viaxan no seu ultimo partido de tempada a Arteixo. Sorte aos dous.

Ver horarios

Aviso!!

Este venres 15 non hai adestramento por permanecer as instalacións pechadas.

mércores, 6 de maio de 2015

O Sábado 9 de maio ultima xornada da tempada 14/15 en Carballo para os alevíns e benxamíns. O domingo 10 comeza a segunda volta da categoria infantil de 2ª galega e xogamos en Santiago. Ver horarios.