Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

domingo, 26 de decembro de 2021

Lotaría de Nadal 2021

Como seguro que xa sabedes, desta vez tocaron 5 € por participación de lotaría, non é moito pero algo e algo.

Para poder cobralos imos seguir o seguinte procedemento:

1.      Cubrir o seguinte formulario https://forms.gle/rtVVEqF12XdjFto5A

2.      Entregar as participacións que queres cobrar no pavillón Quiroga Palacios os luns (a partires do 10/01/2022) en horario de 20:00 a 20:45. Darémosche un xustificante de telas entregado.

3.      Faremos unha transferencia á conta que nos indiques co importe correspondente ás participacións que entregues.

Se alguén opta por non cobrar ese diñeiro, quedará na conta do club para axudar a asumir os costes da actividade deportiva.

Moitas grazas pola túa colaboración.

xoves, 16 de decembro de 2021

Convocatoria Asemblea ordinaria decembro 21


Convócase Asemblea Xeral Ordinaria do Club Balonmán Ribadosar a todos os socios/as o martes 28 de decembro de 2021 ás 19:45 h en 1ª convocatoria e ás 20:15 h en 2ª convocatoria a través de videoconferencia.

Para asistir a asemblea hai que apuntarse no seguinte formulario antes do 26 de decembro as 23:00 horas https://forms.gle/5dxQ6ky9Dj2ajmt8A

O día 27 de decembro enviárase un link por email para a conexión así como as instrucións para poder conectarse e poder votar de forma telemática.

Moi importante que asistas como socio/a, para que poidades saber en que situación esta o club do que formas parte tanto ti coma os teus fillos/as.

A mellora do club esta nas túas mans coas decisións que tomemos entre todos.

Traballemos en equipo.

Orde do día:

1. Aprobación da última asemblea ordinaria e extraordinaria.

2. Informe do presidente.

3. Aprobación das contas da tempada 2020-2021.

4. Aprobación do orzamento para a tempada 2021-2022.

5. Rogos e preguntas


martes, 14 de decembro de 2021

Balonmán. Derradeira xornada do ano 2021!!


Esta fin de semana xogamos a última xornada do ano 2021. 

O sábado pola maña temos partido en Camariñas cos benxamíns, xogamos contra o BM Culleredo. Pola tarde xogamos no pavillón do Restollal co equipo xuvenil contra o Xiria e despois deste partido temos o derbi co bm Xallas en categoría sénior 2ª autonómica.

O domingo os infantís desplazanse a xogar contra o CP Lucense en Lancará, por ter o seu pavillón en reformas.

Tamén o domingo os cadetes viaxan a Camariñas, que xogaran no pavillón Victor Vigo.

Esperamos que todos/as desfrutedes desta xornada.

Estades convidados a vir animar aos equipo no Restolllal, entrada libre!!!




luns, 6 de decembro de 2021

Horarios dos partidos para o 11 e 12 de decembro

Este fin de semana xogamos todos os partidos fora da casa agás o de categoría cadete que xogamos o domingo no pavillón Quiroga Palacios.

Agardámoste!!!







mércores, 1 de decembro de 2021

Horarios partidos balonmán para o sábado 4 de decembro

O próximo sábado 4 de decembro as 19:30  xogamos co equipo sénior no Pavillón do Restollal contra o BM Luceros, o equipo cangues vai liderando a competición.

Contamos con todos vos animando ao equipo sénior no Pavillon do Restollal  entrada libre.

Os demais equipos do BM Ribadosar descansan esta fin de semana.




mércores, 24 de novembro de 2021

martes, 23 de novembro de 2021

Horarios dos partidos para o fin de semana do 27 e 28 de novembro

Esta fin de semana xogamos todos os partidos fora da casa agás o de xuvenil que xogaremos o sábado as 19:30 do pavillón do Restollal. Agardámoste!!!



Podes consultar horarios de saídas e localizar os pavillóns aquí


martes, 16 de novembro de 2021

Horarios de partidos de balonmán para o fin de semana

Este fin de semana so xoga na casa o equipo sénior contra o UB Lavadores Vigo B, temos este partido sábado as 20:00 horas no pavillón do Restollal. Pásate por alí para darlle folgos ao teu equipo.

Tamén xogan o sábado  os cadetes en Narón e os xuvenís en Vigo para enfrontarse a UB Lavadores Vigo

O domino os infantís viaxan  Coruña xogar co Liceo la Paz. Esta fin de semana os Benxamíns descansan.

Desfruta no balonmán con nos, agardámoste!!!


Consulta pavillóns e horarios de saída aquí




martes, 9 de novembro de 2021

Horarios de partidos para o sábado 13 de novembro

Este fin de semana estamos a tope de balonmán en Compostela.

O sábado 13 dende as 10:00 da maña ata as 20:00 horas temos balonmán das distintas categorías.

Mira os horarios no cartel e pásate pola maña polo pavillón Quiroga Palacios (en conxo) ou pola tarde no pavillón do Restollal (ao lado do Corte Inglés).

Tamén poderás ver os partidos de xuvenil e sénior por streaming na nosa canle de youtube.

Que non cho conten!! ven ao Balonmán..





martes, 2 de novembro de 2021

Horarios dos partidos de balonmán para o 6 e 7 de novembro

Este fin de semana empezan os mais cativos do club. Desta vez tócalles xogar co Camariñas na concentración que temos en Carballo o sábado pola mañan.

Nas demais categorías xogamos todos os partidos fora da casa. Mantente atento as nosas redes para poder mercar entradas para asistir como público (a cero euros), ou poder ver os partidos a través de streaming.

Desexamos os mellores éxitos para todos os nosos equipos.

Este e o cartel, quédate con el!!




mércores, 27 de outubro de 2021

Partidos de balonmán para o sábado 30 e domingo 31 de outubro

Este fin de semana esperámoste nos pavillóns de Quiroga Palacios e do Restollal para animar aos teus equipos. Non te quedes sen entradas (son a cero euros).




Esta permitido público para todos os partidos, para asistir como público e necesario sacar entrada. Tamén o podes ver por streaming os que aparezcan nesta lista

Partido Senior

Entradas       Streaming


Partido Xuvenil


Partido Cadete


Partido Infantil

Entradas       Streaming



martes, 19 de outubro de 2021

Empezan os Infantís!! Horarios partidos

Esta fin de semana empezamos coa categoría Infantil masculina en liga Prata, que se mide ao CP Lucense no Quiroga Palacios o domingo pola mañan.

Os cadetes despois da vitoria clara que tiveron o pasado fin de semana contra un BM Culleredo tócalles esta fin de semana medirse na casa do Galitrans Pontedeume.

Pola súa  banda os xuvenís non puideron co Acanor ATl Novas, un equipo que se mostrou moi superiores aos nosos. Este fin de semana viaxan a Carballo para medirse co Laber Xiria B.

No que respecta o equipo sénior masculino, tivo un partido moi axustado co BM Moaña, acabou a primeira metade con vantaxe de 2 para os nosos. Os nosos non souberon aguantar coa vantaxe que tiñan  e ao final leváronse o partido os de Moaña. Esta fin de semana Tocolles medirse ao  Calmear Rasoeiro que vai primeiro da táboa.

Estate atento as nosas redes sociais nas que proximamente publicaremos links para poder ver os partidos ou para poder asistir en directo.

Apúntate e que non cho contén!!













xoves, 14 de outubro de 2021

Empezamos coas categorías Xuvenil e Cadete.

Esta fin de semana empezamos coas categorías xuvenil e cadete en 2ª autonómica. tal e como podes ver no cartel tamen xoga o equipo senior contra o BM Moaña no Restollal. 

Apúntate e que non cho contén!!





Esta permitido público para todos os partidos, para asistir como público e necesario sacar entrada.



 



martes, 5 de outubro de 2021

Inicio da liga Regular para o equipo senior.





O equipo sénior despois de xogar a copa sponsor e quedar eliminados nos octavos de final contra o Proquideza BM Loriga, empezamos a liga regular o sábado 9 xogando a primeira xornada en Chapela.

Estate atento as redes sociais do BM Ribadosar, xa que en breve empezaran as  competicións das demais categorías 


mércores, 22 de setembro de 2021

Partido de volta octavos de final copa Sponsor

O próximo sábado 25 de setembro, os nosos sénior xogan en Lalín o partido de volta contra o Proquideza BM Loriga.

O Loriga leva vantaxe na clasificación xa que no partido que xogamos no Restollal estiveron mais metidos que o Ribadosar no partido.

Si queres asistir ao partido como público podes descargar a túa entrada pinchando aquí.

Nestes intres por temas covid-19 non podemos levar publico no bus.

Estate atento/a as nosas redes sociais









mércores, 15 de setembro de 2021

Inicio de Competición 21/22

Despois de moito tempo empezamos competicións!!.


Esta fin de semana empezamos a competición do equipo senior masculino. 

Xogamos o sábado 18 as 19:00 horas no pavillón do Restollal a primeira xornada de copa sponsor entre o  Balonmán Ribadosar.es e o  Proquideza balonmán Loriga.

Nesta ocasión podemos contar con unhas poucas prazas de publico cumprindo as medidas covid19.

Para poder asistir como publico e necesario comprar (Coste cero €) unha entrada previamente. 

Sin entrada non se poderá asistir como público.

Escánea este código QR  ou pincha aquí para poder comprar a túa entrada






domingo, 29 de agosto de 2021

Inicio dos adestramentos tempada 21/22

Chegou o momento!!

Xa tiñamos gañas de comezar os adestramentos de balonmán en Compostela. Estivemos ata o de agora con todos os preparativos para poder comezar coa maior seguridade, tal como fixemos na tempada pasada.

O mércores día 1 de setembro comezamos os adestramentos de balonmán no Pavillón Quiroga Palacios tal e como indica este calendario provisional que se ira revisando todas as semanas.

Os alevín e benxamín empezan o 17 de setembro de 17 a 18:30 


No Ribadosar estamos aplicando o PROTOCOLO FISICOVID-DXTGALEGO polo que se eestablecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia


Miramos pola túa seguridade e a dos teus


Aínda estas a tempo de apuntarte, Ven a xogar ao Balonmán!!




xoves, 26 de agosto de 2021

Resultados eleccións presidencia do BM Ribadosar

As eleccións a presidencia hai que facelas cada 4 anos, no Ribadosar tocounos na pasada tempada pero por motivos do COVID19 non se puideron celebrar as eleccións a presidencia.

Neste momento decidiuse dende a directiva facer a convocatoria e fixemos todo o procedemento  con votación electrónica, Neste caso cedeunos a Federación Galega a súa plataforma para poder emitir os votos.

Para estas eleccións tivemos un único candidato, Jose Ricardo Vázquez García que tivo o cen por cen dás votacións emitidas. Deste xeito renova o cargo por 4 anos mais. En breve comunicará a todos os socios/as quen forma a nova directiva.




luns, 9 de agosto de 2021

ASAMBLEA EXTRAORDINARÍA ELECCIONS A PRESIDENCÍA DO CLUB BALONMAN RIBADOSAR

 Asemblea extraordinaria Club Balonmán Ribadosar  17 agosto 2021


A/A Socio do Club Balonmán Ribadosar

 

Mediante a seguinte circular queremos informar aos socios do Club Balonmán Ribadosar, que o día 17 de agosto celebrase a asemblea extraordinaria as 21:00 a través de videoconferencia, coa seguinte orde do día:

1.     Elección do Presidente

2.     Rogos e Preguntas.

 

A cal poden asistir con voz e voto todos los socios Numerarios que teñan a cota de socio a dia 30 de maio o corrente. A votación farase a man alzada ao haber un so candidato.

 

Para poder asistir e necesario unha inscrición como asistente no seguinte formulario https://forms.gle/k16hR2p5QRj74i9EA  antes do sábado 14 de agosto as 14:00 horas.

Aos que se inscriban enviaráselle un link de acceso por e-mail .



ELECCIONS A PRESIDENCÍA DO CLUB BALONMAN RIBADOSAR

 Publicase o listado de candidatos definitivo.




martes, 3 de agosto de 2021

ELECCIONS A PRESIDENCÍA DO CLUB BALONMAN RIBADOSAR

Publicase o listado de candidatos provisional. 

Todo aquel que queira poñer unha reclamación ten que facelo enviando un email a ribadosar@gmail.com poñendo no asunto "Reclamación Listado Presidencia" antes do 7 de agosto as 20:00 horas.



luns, 26 de xullo de 2021

ELECCIONS A PRESIDENCÍA DO CLUB BALONMAN RIBADOSAR

 Comunicado Importante para os socios/as do Club Balonmán Ribadosar

 

Dende aquí diríxome a todos os socios/as para comunicar que temos que facer eleccións a presidencia do club.

Este proceso conta con varias fases que enumero agora:

·        Ábrese un prazo dende o día 26 de xullo de 2021 ata o 2 de agosto de 2021 para presentacións de candidaturas a presidencia.

o   Os requisitos para poder presentar a candidatura e ser socio do club e estar ao corrente dos pagos, e ser maior de idade.

o   Calquera que este interesado/a que cumpra estes requisitos pode presentar a candidatura cubrindo o anexo que podes descargar aquí e envialo por e-mail a ribadosar@gmail.com antes das 20:00 horas do próximo 2 de agosto de 2021.

·        A partires do 3 de agosto publicarase neste sitio o listado provisional de candidatos/as.

o   Ábrese un prazo reclamación sobre esta lista dende o día 3 de agosto ata as 20:00 horas do 7 de agosto de 2021. Hai que enviar a reclamación ao e-mail ribadosar@gmail.com.

·        O día 9 de agosto publicarase neste sitio o listado definitivo de candidatos/as, así como a data para Asemblea de socios/as para o día 17 de agosto 2021 as 21:30 horas para a votación dos socios de forma telemática.


O Ribadosar precisa de ti, presenta a candidatura!!

Convocatoria







domingo, 20 de xuño de 2021

ESCOLAS DE BALONMÁN EN SANTIAGO 2021 - 22

No Balonmán Ribadosar xa estamos preparando a tempada 21/22,

Se queres formar parte dos nosos equipos pincha no cartel para aceder ao formulario de preinscripción.


OBXECTIVOS DAS ESCOLAS:

  • Fomentar a práctica deportiva en xeral e do balonmán en particular.
  • Promover a actividade física e deportiva.
  • Educar e formar nenos/as deportistas.
  • Sensibilizar o xogo colectivo de cara o espíritu de grupo.
  • Dinamizador da convivencia.

 ACTIVIDADES O LONGO DO CURSO:

  • Entrenamentos semanais.
  • Competición  interescolas.
  • Posibilidade de participación nos equipos do C.B. Ribadosar que compiten nos Campeonatos provinciais organizados pola Federación Galega de Balonmán.
  • Participación en torneos internos do Club a desenvolver en Santiago e noutras localidades (Nadal, Semana Santa, etc …).
  • Saídas a ver partidos de balonmán (Asobal, 1ª Estatal, ... )
  • Outro tipo de actividades culturáis e deportivas, ao longo de ano.

DATAS DE INICIO - FINALIZACIÓN DO CURSO:

  • Comezará e rematará co calendario escolar, de setembro a maio.


xoves, 20 de maio de 2021

Alevín 5 clasificados para xogar a Liga Hummel

O Equipo Alevin 5 do BM Ribadosar clasificouse no segundo posto da táboa.

Esta clasificación dálle acceso a xogar a esta fin de semana a a Liga Hummel que se xoga en Narón, no pavillón da Gandara.

Esta fase xogarase o domingo 23, as 11:00 da maña xogase a semifinal contra o Bm Lucus. En función do resultado que se obteña neste partido, xogan polo primeiro/segundo posto as 13:00 horas  ou polo terceiro/ cuarto posto as 12:00.

Estate atento/a as redes para enterarte dos resultados e de que partido nos toca xogar

123ArribaRibadosar!!!




Final Four cadete feminino


 



O Equipo Cadete Feminino do BM Ribadosar clasificouse no segundo posto da táboa.

Esta clasificación dálle acceso a xogar a esta fin de semana a Final Four que se xoga en Lalín, no pavillón Lalín Arena.

Esta fase xogarase en dous días, o sábado 22 xogan as 10:00 da maña a semifinal contra o Sar Ledisson B e o domingo 23 en función do resultado que se obteña neste partido, xogan polo primeiro/segundo posto  ou polo terceiro/ cuarto posto da final four.

Estate atento/a as redes para enterarte dos resultados e de que partido nos toca xogar

 

123ArribaRibadosar!!!





mércores, 12 de maio de 2021

Eliminatoria FInal Four Cadete Masculino

O Equipo Cadete Masculino Clasificouse para xogar a eliminatoria para a final four. Pasaron a esta eliminatoria os catro primeiros de cada grupo.

O BM Ribadosar.es enfrontarase esta fin de semana en partidos de ida e volta contra o BM Tui que quedaron primeiros do seu grupo. O Sábado Xogamos o partido en Tui e o domingo en Santiago no Pavillón do Restollal



Podes ver o partido en directo no seguinte enlace





mércores, 5 de maio de 2021

Programación para o fin de semana do 7/9 de maio

Este fin de semana os cadetes xogan este venres pola tarde o partido aprazado en Arteixo, e o domingo co BM Lucus no Quiroga Palacios. Moi importantes puntuar nestes dous partidos, xa  nos xogamos pasar a eliminatoria pola Final Four. Pasan os 4 primeiros de cada grupo.

Os infantís e os alevíns xogan  o domingo en Lugo a derradeiras xornada desta fase. Cos infantís empezamos esta tempada moi resentidos polas baixas de xogadores, pero agora a final de tempada co apoio dos alevíns están a progresar moito. Os alevíns rodáronse moito en categoría infantil e veulles ben a hora de competir na súa categoría, a falta de dúas xornadas seguen no segundo posto. 

Os equipos sénior e xuvenil masculino xa acabaron as súas fases para esta tempada. O equipo senior tivo unha segunda fase con unha progresión moi boa sempre dando un pouco mais. O ultimo partido contra o Carnes do Ribeiro  perdeuse de 3 goles levándonos na táboa clasificatoria do 1º posto ao 3º empatados co 2º a puntos. De gañar este partido pasariamos a xogar a Final Four.

O Equipo xuvenil este ano estivo moi tocado polas lesións, o que imposibilitou ao equipo loitar por estar ai arriba. Moitos ánimos para todos os lesionados e pronta recuperación.

O Equipo cadete feminino a falta dunha xornada para acabar a liga de prata seguen clasificadas no segundo posto, e clasificadas xa para xogar a Final Four. Esperemos que as lesións non nos impidan participar.





martes, 27 de abril de 2021

Mini Balonmán en Santiago e mais...




Este fin de semana temos moito balonmán, o sábado pola maña organizamos a concentración de Alevin5 no pavillón Santa Isabel. A este evento asisten equipos de Narón, Santa Comba, Arteixo, Lugo e Santiago. Os partidos empezaran as 10:15 e acabaremos sobre as 13:00 horas.

Na maña do sábado os cadetes tomaran rumbo para xogar en Narón, partido moi importante xa que estamos empatados a 8 puntos catro equipos para optar ao 2º posto da táboa.

O Domingo xogan na casa as nosas cadetes femininas o derradeiro partido desta fase. A pesares das baixas que tivo esta tempada o equipo por distintas lesións están clasificadas no 2º posto empatadas a puntos co primeiro, iso si con un partido mais. Moi voa tempada.

Os xuvenís nesta ocasión tamén viaxan este domingo a Redondela. Este equipo tamén se resentiu moito polas lesións, moito mérito loitando coa plántalla moi tocada.

E como non iamos a facer mención do equipo sénior, equipo de nova creación con xogadores que saíron da canteira e outros que se uniron para formar parte do Ribadosar.

Gran tempada a pesares de todas as dificultades que tivemos coas poucas horas de adestramento, adestrando sen resina, asistindo aos primeiros partidos sen coñecerse os xogadores por adestrar en dous grupos de adestramento (polas medidas covid19) etc. E con todo iso o pasado fin de semana perdemos un partido de 3 goles que de gañalo podiamos meternos na final four polo ascenso a 1ª autonómica. Noraboa!!

Tamén  recordar dende aquí e darlles moita forza e ánimos e unha pronta recuperación a todolos/as xogadores/as lesionados/as esta tempada.

Jorge, Bruno, Dani, Lidia, Sabela, Noela, Carla    

mércores, 21 de abril de 2021

Horarios partidos para o 24 e 25 de Maio

 Este fin de semana temos partidos.

Sábado pola mañá o equipo alevín  xoga dúas xornadas en Santa Comba, os cadete masculino xogan en Santiago contra o SD Eume,  pola tarde o equipo senior ten a ultima xornada da grupo pola Final Four contra o Carnes do Ribeiro con opcións de clasificarse para xogar a Final Four.

Domingo pola mañá xoga infantil masculino no Quiroga Palacios, o xuvenil masculino no Restollal e o cadete feminino tócalle viaxar a Culleredo.






martes, 13 de abril de 2021

Programación para o 17 e 18 de abril




Un fin de semana mais a tope de balonmán.

O equipo cadete feminino xoga o sábado de mañan no Quiroga Palacios contra o BM Brigantium B. Pola tarde viaxan a Culleredo  e Arteixo os equipos infantil masculino e o cadete masculino.

O domingo pola mañan  tocalles ao equipo Alevín viaxar a Narón a disputar a xornada 3 e 4 da primeira fase, e logo pola tarde temos no Pavillon do Restollal o equipo senior masculino as 18:00 contra o BM Xallas.

Estate atento as nosas redes para poder ver os partidos en streaming.








mércores, 7 de abril de 2021

Inicio de Competición Alevín 5, horarios partidos.

Inicio competición Alevín 5

Esta fin de semana empezan as competición os alevíns. Van a xogar un total de 10 xornadas en formato de concentración en 5 sedes distintas, esta fin de semana tócanos ir a Lugo. Xogaremos alí a xornada 1 e 2.

Os equipos das demais categorías.

Sénior Masculino descansa, o xuvenil masculino viaxa a Vigo o sábado pola tarde, cadete masculino e feminino viaxan a Lugo o sábado pola maña, ademais o cadete masculino dobra xornada e o domingo xoga na casa contra o Viveiro e os infantís xogan na casa contra o Oar Coruña o Domingo a primeira hora.

Público nos partidos

Polo de agora en Santiago non nos permiten público, en algúns concellos aos que imos xogar si permiten un aforo moi reducido. Dende o BM Ribadosar desaconsellamos viaxar como publico a ningunha instalación polo de agora.

Estate atento as nosas redes sociais, na medida no posible intentaremos retransmitir os partidos en directo.

Moita  sorte a todos/as e a desfrutar do balonmán con #sentidiño, non nos relaxemos coas medidas anti-COVID.


Entra Aquí para poder ver este cadro cos links aos pavillóns, e horarios de saída dos autobuses