Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 24 de novembro de 2021

martes, 23 de novembro de 2021

Horarios dos partidos para o fin de semana do 27 e 28 de novembro

Esta fin de semana xogamos todos os partidos fora da casa agás o de xuvenil que xogaremos o sábado as 19:30 do pavillón do Restollal. Agardámoste!!!



Podes consultar horarios de saídas e localizar os pavillóns aquí


martes, 16 de novembro de 2021

Horarios de partidos de balonmán para o fin de semana

Este fin de semana so xoga na casa o equipo sénior contra o UB Lavadores Vigo B, temos este partido sábado as 20:00 horas no pavillón do Restollal. Pásate por alí para darlle folgos ao teu equipo.

Tamén xogan o sábado  os cadetes en Narón e os xuvenís en Vigo para enfrontarse a UB Lavadores Vigo

O domino os infantís viaxan  Coruña xogar co Liceo la Paz. Esta fin de semana os Benxamíns descansan.

Desfruta no balonmán con nos, agardámoste!!!


Consulta pavillóns e horarios de saída aquí




martes, 9 de novembro de 2021

Horarios de partidos para o sábado 13 de novembro

Este fin de semana estamos a tope de balonmán en Compostela.

O sábado 13 dende as 10:00 da maña ata as 20:00 horas temos balonmán das distintas categorías.

Mira os horarios no cartel e pásate pola maña polo pavillón Quiroga Palacios (en conxo) ou pola tarde no pavillón do Restollal (ao lado do Corte Inglés).

Tamén poderás ver os partidos de xuvenil e sénior por streaming na nosa canle de youtube.

Que non cho conten!! ven ao Balonmán..





martes, 2 de novembro de 2021

Horarios dos partidos de balonmán para o 6 e 7 de novembro

Este fin de semana empezan os mais cativos do club. Desta vez tócalles xogar co Camariñas na concentración que temos en Carballo o sábado pola mañan.

Nas demais categorías xogamos todos os partidos fora da casa. Mantente atento as nosas redes para poder mercar entradas para asistir como público (a cero euros), ou poder ver os partidos a través de streaming.

Desexamos os mellores éxitos para todos os nosos equipos.

Este e o cartel, quédate con el!!