Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

sábado, 23 de marzo de 2013

Vacacións Semana Santa


Descansaremos toda a Semana Santa, tanto no que se refire aos adestramentos coma aos partidos da fin de semana.

Os adestramentos reanudaranse:

                   Cadetes e infantís o luns día 1 de abril.
                   Alevíns e benxamíns venres día 5 de abril

Disfrutade das vacacións.

mércores, 20 de marzo de 2013

Partidos sábado 23 de marzo

Despois da gran victoria do Ribadosar Abrigadoiro en Roxos, este sábado desplazamonos a Vigo. O Ribadosar Delta xoga contra o Conxo Alca "A" no pavillón do Alca, por outra banda o Ribadosar Omega e os Benxamins este fin de semana descansan.

Moita sorte para todos.




luns, 18 de marzo de 2013

Gran Victoria do Ribadosar Abrigadoiro

Este sábado pasado o equipo cadete fixo vibrar ao Pavillón de Roxos cun gran xogo. Derrotou a un Seis do Nadal   cun marcador 32 - 31, non se decidiu o partido ata o último segundo. Os nosos seareiros viviron este partido coma se fora unha final do mundo. Destacar  o xogo de Adrián, Quique, Andrea, Lorenzo, Leo, e en definitiva, todos eles o fixeron moi ben. Parabéns




xoves, 14 de marzo de 2013

Partidos sábado 16 de marzo

Este fin de semana o equipo benxamín xoga en Carballo, o autobús sae do Colexio Quiroga Palacios as 9:00 da maña, hai que estar 10 minutos antes da saída.
Na categoría alevín temos derbi que se xogara no Pabellon de Santa Isabel as 11 da maña, e as 13 horas o equipo Cadete xoga en Roxos. Sorte a todos.

Horarios

sábado, 9 de marzo de 2013

Equipo Infantil Campión de Grupo

Noraboa aos nosos campións do grupo "AUTONÓMICA INFANTIL MASCULINA LIGA REGULAR Grupo: 2ª INFANTIL. NORTE C ". Moi bo xogo!!!


Na foto faltan Teo, Gregorio e Tino

Dende o Club Balonmán Ribadosar agradecemos a todos os Xogadores e Pais o gran esforzo que se está a facer para que estos nenos poidan xogar e disfrutar de un deporte minoritario na capital galega.


A seguir así rapaces!!!!

mércores, 6 de marzo de 2013

Sábado a Tope!!!!


Este sábado día 9 de marzo o equipo cadete comeza a competición da Copa Federación no Grove,   enfróntanse o Rasoeiro. Por outra banda os infantiles disputan o ultimo partido contra o Narón no pavillón de Roxos, os benxamíns e alevíns xogan en Santa Isabel. Como podedes ver temos unha maña de sábado repleta de Balonmán en Santiago. Animadevos a vir a ver os partidos. Sorte a todos os nosos equipos.


Horarios fin de Semana