Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 23 de febreiro de 2022

Axenda para o entroido 22

Este fin de semana temos que compartir o tempo entre partidos e o entroido,

O sábado de entroido temos partidos pola maña no Pavillón Quiroga Palacios, xogan os infantís. Pola tarde no Pavillón do Restollal os xuvenís e o sénior masculino.

O domingo pola maña tócalles aos mais pequenos viaxar a Santa Comba, empezan a segunda fase que se chama Liga Viajes Interrías Norte. Os cadetes xogan a penúltima xornada da primeira volta en  Abegondo.

A desfrutar destas xornadas!!





Aviso Importante


Recorda que este luns e martes de entroido descanso de adestramentos para todos os equipos.

mércores, 16 de febreiro de 2022

Crónica Mini. Axenda para o 19 e 20 de xaneiro

Éxito na organización da xornada de minibalonmán

O Sábado 12 pola mañá celebramos a xornada 9ª de mini balonmán e Santiago. Visítannos os equipos de Santa Comba, Carballo, Abegondo, Culleredo, Camariñas e Coruña.

Nesta ocasión tamén nos visitou a concelleira de deportes de Santiago Ésther Pedrosa, estivo con nos uns intres vendo como se desenrolaba o evento.

A directiva do CB Ribadosar e o seu presidente queren agradecer a todos os que colaboraron para que sairá todo tan ben. Moitas grazas.


Pincha nesta foto para ver a galería


Cartel de partidos para o fin de semana.










venres, 11 de febreiro de 2022

Xornada de mini balonmán en Compostela

Fin de semana a tope de Balonmán en Santiago.

O Sábado pola mañá celebramos a xornada 9ª de mini balonmán e Santiago. Visítannos os equipos de Santa Comba, Carballo, Abegondo, Culleredo, Camariñas e Coruña, e unha gran festa do Balonmán en Santiago de Compostela. 

Esperámoste no pavillón de Santa Isabel para ver aos mais pequenos. Para asistir como público e necesario certificado covid19.

Sábado pola tarde xa no pavillón de O Restollal os xuvenís xogan as 17:00 horas e as 19:30 o equipo sénior. Entrada libre e streaming por YouTube para os dous partidos.

Domingo pola mañá no pavillón de Quiroga Palacios as 10:00 os infantís e as 12:15 os cadetes. 

Así que non tes desculpa.

Que non cho contén ‼️Vive o #balonmán 💪





xoves, 3 de febreiro de 2022

Axenda para o sábado 5 e domingo 6 de febreiro

Este fin de semana estamos a tope de partidos. Recuperamos unhas xornadas que se aprazaron no seu día en categoría xuvenil e infantil.

Aquí podes consultar os horarios