Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 27 de decembro de 2017

Loteria Nadal 2017

Tocou a lotería do Club no Nº 79.244.

Todos os que teñades participacións podedes pasar a cobralas a partires do martes día 2 de xaneiro pola oficina do bbva de Conxo. (Praza da Merced)

Tendes que levar o DNI e as participacións que queiras cobrar, teñen que estar en bo estado.

Parabéns aos gañadores, e moitas grazas pola vosa colaboración

Tes de prazo para  cobrar a lotería dende o 2 de xaneiro ata o 2 de abril de 2018 

martes, 19 de decembro de 2017

Feliz Nadal 2017



Despois do partido dos benxamíns en Camariñas (Sábado 23),

vacacións dende o 23 de decembro en todas as categorías.( Adestramentos e Competición). 


Inícianse  os adestramentos o 8 de xaneiro de 2018 cos horarios habituais.  

luns, 11 de decembro de 2017

Horarios 16 e 17 de decembro

Xa estar a chegar o Nadal e os equipos do BM Ribadosar están a xogar os derradeiros partidos do ano 2017.

Así, o sábado as nosas  xogadoras infantís viaxan a Lugo e imos todos con elas para ver si traemos unha nova victoria.

En infantil masculino descansan e non xogan ata despois das vacacións de Nadal. Pechan o ano con moi boa posición na táboa, o que non quita de seguir traballando para mellorar.


 

O domingo 17 de decembro temos un día completo. Ás 10:00 xogaremos un partido de categoría alevín entre dous dos nosos equipos, para logo seguir durante toda a mañá con dous partidos de categoría cadete masculino. (O detalle no cadro máis abaixo)

Completamos a xornada cun xantar para todos os que formamos a gran familia do balonmán en Santiago, no restaurante O Afiador, na Rúa de San Pedro, ás 15:00.


O próximo 23 de decembro xogaremos en Camariñas o partido de categoría benxamín, aplazado na xornada do pasado día 9.







mércores, 29 de novembro de 2017

Xantar de Nadal 2017

Dende o Club Balonmán Ribadosar un ano mais, propóñenos un xantar o domingo 17 de decembro, para celebrar o nadal toda a familia do balonmán en Santiago. 

Desta vez imos celebralo no Restaurante “O Afiador” Rua de San Pedro nº 28 en Santiago.

Os que queirades vir so tedes que apuntarvos no seguinte formulario web antes do martes 12 de decembro, e pagar no pavillón o mercores 13 de decembro entre a 20:00 e as 21:30 horas previa Inscrición.

Os nenos/as menores de 11 anos teñen que ir acompañados polo menos de 1 adulto

Contamos contigo!

Apúntate aquí




Horarios para o 2 e 3 de decembro

Na seguinte táboa podedes ver os horarios para o sábado 2 e domingo 3 de decembro.

O sábado en categoría cadete o BM Ribadosar Táboa Asesores viaxa a Lugo.

O domingo  viaxan a Carballo o equipo cadete BM Ribadosar Amancio Deportes, e os infantís femininos e masculinos. 

O equipo benxamín e os alevíns descansan nesta xornada





"Lo que importa es la base y formar Jugadores"

A revista deportiva O Noso Deporte desta vez fixo una entrevista ao nosos presidente no 5º aniversario do Club Balonmán Ribadosar.
Podes ler o articulo no seguinte enlace https://issuu.com/onosofutbol/docs/ond003201709_s/47 ou comprar a revista en papel nos quiosco de referencia.


Estade atentos, xa saíu en papel o numero  catro.

martes, 21 de novembro de 2017

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria Club Balonmán Ribadosar



Horarios para o 25 e 26 de novembro

O sábado 25 de novembro celebrase en Arteixo a segunda xornada de mini balonmán na que participan os nosos equipos benxamín e alevín.

O domingo 26 podes pasar a ver balonmán durante toda a mañan. Xogamos cos equipos infantil masculino, infantil feminino e acabamos co Cadete Masculino.



martes, 14 de novembro de 2017

Horarios para o sábado 18 de novembro

O próximo sábado 18 de novembro temos partido no Quiroga entre os dous equipos cadetes do Ribadosar, non volo perdades, hai que madrugar un pouco pero xa sabedes o refrán “a quen madruga .....”

En categoría infantil viaxamos a Arteixo cos dous equipos o masculino e o feminino.

En categorías alevín e benxamín este fin de semana toca descanso, acoller folgos para as vindeiras xornadas.





mércores, 8 de novembro de 2017

Crónica, e horarios para o sábado 11

Crónica

En categoría infantil debutamos o sábado pasado os dous equipos, o feminino en Carballo contra un Xiria intratábel, deixou en carballo 2 puntos. O masculino fixo en Santa Comba, facéndose coa súa primeira vitoria da tempada e traendo así 2 puntos para a casa, vo traballo e a seguir mellorando. 

En cadetes o Ribadosar Táboa Asesores viaxou a Arteixo, o Arteixo foi superior e fíxose co partido. O Ribadosar Amancio Deportes viaxou a Camariñas, un partido dificil, importante para manterse nos primeiros postos, o equipo foi superior a un camariñas con unha defensa moi forte, que aínda a si non foi suficiente para parar ao Ribadosar, facéndose este coa vitoria.


Horarios

Este fin de semana comeza a competición de alevín e benxamín. Esta competición celebrase cada 15 dias en modo de concentración, nesta primeira xornada celebrase en Carballo.

Esta tempada vamos a participar con 3 equipos en categoría alevín e 1 en benxamín.

Na sección  equipos da nosa web www.ribadosar.es podedes ver as clasificacións  e os calendarios de todos os equipos.


Non tes desculpa toda a maña do sábado balonmán no Pavillón Quiroga Palacios.     

Esta e a configuración prevista párao sábado. 


CORRECCIÓN DE ERROS NO HORARIO DE SAÍDA DO BUS



martes, 31 de outubro de 2017

Horarios sábado 4 de novembro

Este fin de semana os nosos equipos infantís comezan a competición.

O infantil feminino viaxa a Carballo a xogar contra o Punta do Este Xiria,  e o infantil masculino vai ata Traba (Santa Comba) a medirse co BM Xallas.

En categoría cadete tamén viaxan os dous equipos a xogar fora da casa.

Despois da pasada xornada moi dura para o Ribadosar Deportes Amancio contra o  Arteixo Balonmán Maruxia Asesores, onte o Arteixo empatou o partido cun penalti co tempo esgotado a 24 – 24,  viaxa o sábado a xogar contra o Conservas Boya Camariñas a desfacer o empate a puntos na táboa clasificatoria, partido que promete intensidade por parte dos dous equipos.

O Táboa Asesores tamén sófreu contra o Balonmán Atlantico, acabando o partido en táboas cun 20 – 20. Este fin de semana viaxa a Arteixo  a ver si se poden facer con eses dous puntos ante un Arteixo moi duro.

Animamos aos socios a acompañar aos nosos equipos. Apuntadevos antes do Mercores as 23:00 horas.


Recordade os nosos links onde podedes estar sempre a ultima:





A competición de Alevín e benxamín ten previsto o seu inicio para o sábado 11, estade atentos a nosa web para ver os calendarios.

luns, 23 de outubro de 2017

Horarios para o sábado 28 de outubro

O sábado 28 de outubro xogamos cos dous equipos de categoría cadete no Quiroga Palacios.


Nas categorías benxamín, alevín e infantil tanto masculino coma feminina aínda  non están publicados os calendarios. Supoñemos que empezaremos en breve. Permanecede atentos a nosa web.

Resultados da pasada xornada.







Clasificación 2ª cadete a día de hoxe.



Hai que añadir 1 punto ao Camariñas e outro ao Lucus xa que non esta actulizada a web da federación.

martes, 17 de outubro de 2017

Horarios para o sábado 21 de outubro

O sábado 21 os nosos equipos cadetes xogan os dous fora da casa, o Ribadosar Táboa Asesores desprazase ata Carballo para medirse contra o XIRIA Hierros Varela Urbieta, mentras que o Ribadosar Amancio Deportes  mídese en Oleiros contra o Club Balonmano Atlántico.

As Categorías Infantil, Alevín e Benxamín temos previsto que comecen a competir o fin de semana do 28 de este mes.



martes, 10 de outubro de 2017

Horarios sábado 14

Cadete Masculino.

Despois de un partido moi intenso en Lugo, con vitoria de 34 a 31 a favor do Lucus, temos que mirar xa ata o próximo fin de semana no que xa os dous equipos nosos se enfrontan na casa contra dous equipos moi  duros, no caso do Ribadosar  Táboa Asesores contra o Lucus Recambios Infra e o Ribadosar Amancio Deportes contra o Xiria Hierros Varela Urbieta .
Xa sabedes, si queres ver balonmán este sábado en Santiago, pásate polo pavillón Quiroga Palacios a partires das 10:30 da maña.

As 11:45 Foto Oficial do Ribadosar Táboa Asesores.


Esperámoste!!!


En referencia as categorías; Benxamín, Alevín, Infantil tanto masculino coma feminino esta previsto o inicio en breve. En categoría Infantil Feminino aínda estas a tempo de apuntarte.
Non o dubides, Ven xogar ao Balonmán!!! 


Crónicas prensa escrita en Lugo






martes, 3 de outubro de 2017

Horarios sábado 7 outubro

Cadete Masculino.

O pasado fin de semana no pavillón Quiroga Palacios xogaron o Ribadosar Amancio Deportes e o Ribadosar Táboa Asesores onde se fixo coa vitoria o Ribadosar Amancio Deportes.
Desta volta o “Ribadosar Amancio Deportes” viaxa a Lugo para xogar contra o “Lucus la mafia se sienta a la mesa” a ver si se pode facer cos dous puntos, mentres o Ribadosar Táboa Asesores este fin de semana descansa.

En categorías Infantil Feminino, Infantil Masculino, Alevín e benxamín mixto estamos a espera da reunión de federación onde se explicara o funcionamento desta tempada.

Esperamos que en breve se vos poida informar de como se van a disputar esas competicións.

Ven Animar ao teu equipo!!

O balonmán en Santiago precisa de ti.  Colabora!!

Pincha na imaxe para vela mais grande



xoves, 28 de setembro de 2017

Horarios adestramento definitivos 2017/2018


Partidos fin de semana

O sábado 30 de setembro celebrase a primeira xornada de 2ª división galega categoría cadete masculino, no que neste caso enfróntanse os dous equipos que temos no Ribadosar o Ribadosar Amancio Deportes e o Ribadosar Táboa Asesores. Esperamos que os dous equipos desfruten ao máximo da primeira xornada e que gañe o mellor.

Dende aquí tamén queremos agradecer aos noso colaboradores a implicación que están a ter co Ribadosar, sempre facendo mais doado levar a diante a promoción do balonmán na contorna de Santiago.


xoves, 21 de setembro de 2017

CONVOCATORIA PRESELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA (ZONA NORTE).

Os nosos xogadores do equipo Cadete, Felipe e  Teo foron convocados para realizar unha sesión de adestramento da Preselección Cadete Masculina. 

O adestramento será o Domingo 24 de setembro ás 18:30 no Pavillón de Almeiras (Rúa Catas, 35, 15180 Culleredo).

Parabéns, a desfrutar e moita sorte. 


martes, 19 de setembro de 2017

Presentación de equipos 17/18

O sábado 23 de setembro estamos de  celebración no Pavillón Quiroga Palacios, temos a presentación dos equipos a partires de categoría infantil para a tempada 2017/18.
 
Esta tempada temos unha novidade moi boa para o balonmán na nosa cidade, xa que puidemos facer un grupo de 13 nenas para xogar en categoría Infantil, co que iso nos leva a non perder como xa nos ten pasado outras tempadas a xogadores moi boas. 

En masculino este ano contamos con equipo infantil con moita ilusión, e en categoría cadete polo volume de xogadores tivemos que sacar dúas liñas, tamén están a traballar moi duro a pesares do pouco espazo que temos para adestrar.
En categorías benxamín e alevín aínda estamos formando os equipos. Están os prazos abertos para todos aqueles que queirades vir a probar ata finais de setembro de xeito gratuíto.

Aquí vos queda o cartel da presentación, vinde animar aos vosos fillos e fillas e unídevos ao Ribadosar.




Tamén comentarvos que xa están publicados os calendarios dos equipos cadetes. Podédelos ver na nosa web no apartado de equipos/cadetes.

Agradecementos a todos os nosos colaboradores xa que de este xeito faise todo moito mais sinxelo levar a diante este proxecto. 

Si tes unha empresa, negocio e queres colaborar con nos, ponte en contacto a través do email: ribadosar@gmail.com  e vemos as distintas modalidades adaptándoas as túas necesidades.

Esperámoste o sábado no Quiroga Palacios. 



xoves, 7 de setembro de 2017

Ven a Xogar ao Balonmán


O Balonmán espérate!!, 

En Santiago estamos unha temporada mais a tope co balonmán.  Non dubides mais,  únete as nosas filas, vas encontrarte con un ambiente moi bo, adestramentos semanais, competicións en ligas federadas os fins de semana, saídas para ver partidos de máximo nivel  e un longo etc que poderás comprobar cando veñas a vernos. E todo isto con prezos moi axustados.

O Venres día 15 de setembro de 16 a 18 horas empezamos con categorías
 alevín e benxamín 



Horarios adestramento semana do 11 ao 17 de setembro

Estes son os horarios para adestrar para a semana do 11 ao 17 de setembro no pavillón Quiroga Palacios. (Recordade que por o de agora son horarios provisionais).


venres, 1 de setembro de 2017

Inicio adestramentos tempada 2017/18

Xa esta aquí setembro e con el comezamos os adestramentos no pavillón Quiroga Palacios.
Unha tempada na que sacamos equipos de categorías:

Benxamín Mixto
Alevín Mixto
Infantil Masculino
Infantil Feminino
Cadete Masculino

O luns día 4 de setembro comezan os adestramentos dos equipos Infantil Masculino 18:00 a 19:45 e o Cadete Masculino  de 19:45 a 21:30 e co mesmo horario tamén o mércores dia 6 de setembro.

O Martes día 5 de setembro comezan as nosas “guerreiras” Infantil Feminino en horario de 18:00 a 20:00 así coma tamén o xoves dia 7 no mesmo horario.


E as categorías de Benxamín e Alevín empezaremos para a próxima semana, estade pendentes da nosa web, blog e twitter para mantervos informados.

Estes horarios son so para a semana do 4 ao 7 de setembro, 
nas próximas semanas poden sufrir modificacións.

(Aínda non están aprobados os horarios definitivos polo Concello) 
Desculpade as molestias.


Directiva.

luns, 10 de xullo de 2017

Equipación tempada 2017/18

Ábrese o 2º prazo para pedir as equipaciones para a próxima tempada. 

IMPORTANTE

dende o 2 Ata o 25 de setembro


Non quedes sen elas



Tes que coller todas as prendas na tenda de deportes Intersport Amancio
salvo a camiseta de xogo mais a de adestramento, que a tes que pedir no seguinte formulario web





luns, 3 de xullo de 2017

CONVOCATORIAS DAS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTÍS PARA O TORNEO DE CANGAS DE NARCEA

A Dirección Técnica da Federación Galega de Balonmán deu a coñecer as seleccións galegas infantís (masculina e feminina) que participarán no Torneo de Cangas de Narcea, que se celebrará do 4 ao 9 de xullo en Asturias. A Federación, neste caso, participará con dúas seleccións en cada categoría.

O noso representante coa selección Galega infantil e Jorge Tourón, a dalo todo...

Parabéns Jorge!!





venres, 23 de xuño de 2017

Apúntate para a tempada 2017/18

Xa esta aberto o formulario web para que poidas formar parte do Club Balonmán Ribadosar. 

Xa non tes desculpa si queres xogar ao balonmán en Santiago, e tes mais de 6 anos ponte en contacto con nos. 

No seguinte link tes mais información

https://sites.google.com/site/ribadosar/casificacion





luns, 19 de xuño de 2017

Resumen Fin de Tempada 2016/17

Un fin de semana moi intenso, con unhas temperaturas moi altas e unha axenda no Ribadosar sen oco para nada.

Estivemos o venres no Quiroga presentando a actividade que fan os mais cativos, partido dos pais contra os mais pequenos, acabando coa entrega de diplomas e un agasallo de unha mochila de cordón  con unha camiseta do 5º aniversario do Club.

O sábado no campo de fútbol de Santa Isabel participando na Festa do Deporte, tamén con distintos xogos e partidos entre adultos, con unha asistencia nada desprezable para estar o día que estaba de arredor de 60 asistentes, tamén repartimos camisetas do club e mochilas de cordón entre os asistentes.

O Domingo pechamos a nosa actividade deportiva para esta tempada 2016/17 con partidos de categorías infantil e cadete entre os nosos equipos. Ao final dos encontros sorteáronse entre xogadores do club  que estaban presentes unhas camisetas cedidas pola Federación Galega de balonmán.
Continuamos coa celebración cun xantar no Hotel Congreso,  comida e piscina para todos os asistentes ata cerca das 8 da tarde.

Sabendo o complicado que e facer un oco nas vosas axendas douvos as grazas en nome da directiva e no meu propio, a todos os que participastes neste peche de tempada. Non deixa de ser unha recompensa a todo  o esforzo que estamos a facer dende a directiva. Todas estas actividades levan moitas horas de traballo e programación de todos nos, para intentar que os nenos e nenas gocen de este fermoso deporte.

Tamén agradecer a todos os que fixestes posible que esta tempada se levara a cabo sen maiores problemas, Socios, Pais, Nais, Xogadores, Adestradores, Voluntarios, Conserxe dos pavillóns, Departamento de Deportes do Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Secretaria Xeral Para o Deporte, Federación Galega de balonmán, Espina & delfín, Rodriguez Mato Avogados, Táboa Asesores, Frigoríficos do Morrazo – Balonmán Cangas, e aos xogadores, que votan unha man ca organización nas xornadas dos alevíns/benxamíns na casa, con marcadores, arbitraxes, fotos, vídeos, etc, Ari, Bruno, Gabi, Noelia, Ruben, Ricardo, Lidia, Valeria, e seguramente algún que me queda por ahi, grazas de verdade a todos.  


Presidente.





sábado, 17 de xuño de 2017

Jorge a Selección Galega....

Un ano mais un xogador do Balonmán Ribadosar convocado coa Selección Galega Infantil Masculina, desta vez chamarón  a Jorge Tourón.

Despois de participar no campionato de selección provinciais en Lalín o 11 de xuño, Jorge foi convocado para un adestramento maña en Redondela coa selección Galega.

Parabéns Jorge a seguir así..



mércores, 14 de xuño de 2017

Reunión informativa

A directiva do Balonmán Ribadosar, convoca a todos os país e nais dos nenos e nenas,  que queiran participar para a próxima tempada nas filas do Balonmán Ribadosar, (nados ente os anos 2006 e 2002 ambos incluídos), a unha reunión informativa o próximo día 21 de xuño mércores as 19:00 horas, na Casa das Asociacións en Cornes.

Con esta reunión pretendemos explicar cal vai ser o funcionamento de cara a próxima tempada 2017/18 en categorías, infantil feminino, infantil masculino e cadete masculino.

Para setembro convocaremos outra reunión cas categorías benxamín e alevín.

Rogase puntualidade, Grazas

martes, 13 de xuño de 2017

Peche da tempada 2016/17

Un ano mais chegamos ao peche da tempada. Xa cumprimos 5 anos,  estamos a preparar todo de cara a próxima para intentar mellorar, pero antes queremos despedir a esta como se merece, con un cartel para este fin de semana de infarto, nunca se veu tanto Balonmán en Compostela como desta.

Vamos  comezar o venres día 16 de xuño co peche das escolas no Colexio Quiroga Palacios. Empezaremos a iso das  16:00 horas onde se lle fará a entrega a todos os xogadores da camiseta do quinto aniversario do club, as 16:15 xogos de quecemento, as 16:30 comezaremos cos partidos de BM7 entre os distintos equipos, as 17:20 partido dos alevíns Ribadosar contra o equipo de nais e pais e as 17:50 empezaremos ca entrega de diplomas e foto de peche da escola.

O sábado 17 en Santiago celebrase o dia do deporte 2017, o Ribadosar vai a estar no campo de fútbol de Santa Isabel a partires das 16:30 ata as 20:30, no que poderemos desfrutar dunha estupenda tarde de balonmán ao aire libre. Para poder participar soamente tendes que traer roupa deportiva, moitas ganas de xogar, e vir ben descansados. Estades todos convidados, non vos perdades esta ocasión de desfrutar e ao mesmo tempo facer ver o voso deporte preferido na capital galega.

Programa festa do deporte

O domingo xa no escenario habitual do balonmán en Compostela, non nos iamos esquecer do pavillón que temos de referencia e que tantas horas pasamos nel (Quiroga Palacios), vamos a facer varios partidos cos equipos que posiblemente saquemos para a próxima tempada, en infantil tanto masculino coma feminino e tamén co cadete masculino.
Os xogadores terán que estar as 10:30 para comezar coa seguinte distribución:
11:00 a 11:40 Infantil Masculino
11:50 a 12:30 Infantil Feminino
12:40 a 13:30 Cadete masculino

E logo para repoñer forzas, vamos a comer ao Hotel o Congreso (Nos Tilos) a iso das 14:30


Dende a directiva estamos a organizar todos estas actividades con moito esforzo, polo que e moi posible que teñamos moitos erros. Dende aquí queremos aproveitar para pedirvos desculpas por se as cousas non saíron todo o ben que se quería. Tamén dicirvos que vos animamos a que vos unades a directiva para facer mais forte este club.


Tamén agradecer a todos os adestradores, técnicos, membros da directiva, Concello de Santiago, Federación Galega de Balonmán,  así coma a todos os colaboradores  a súa labor e compromiso durante toda a tempada. Grazas !!!

xoves, 8 de xuño de 2017

Campionato Galego Seleccións Provinciais

XIVº CAMPIONATO DE SELECCIÓNS 
PROVINCIAIS DE BALONMÁN
(11 DE XUÑO DE 2017, LALÍN)





Xantar fin de tempada

Xa estamos a final da tempada 2016/17 e para celebrar o ven que nos foi, imos facer un xantar o domingo 18 de xuño no Hotel Congreso ( Montouto)

Todos os que queirades ir tendes de prazo ata o luns día 12 de xuño para apuntarvos no seguinte formulario.






xoves, 1 de xuño de 2017

Campionato de Seleccións Provinciais

O próximo 11 de xuño celebrase en Lalín o Campionato de Seleccións Provinciais, un evento de referencia do balonmán de base en Galicia.

No  Balonmán Ribadosar  temos ao noso xogador Infantil Jorge Tourón que foi seleccionado e que nos representará coa Selección Coruñesa en categoría infantil masculino. 

Dende aquí desexámoslle que goce o máximo de esta ocasión, xa que cada vez mais difícil ser seleccionado devido ao alto nivel que están a ter todos os xogadores.

Parabéns Jorge


123 Arriba Ribadosarrr!!!


martes, 30 de maio de 2017

Xornadas de portas Abertas

Dende o Balonmán Ribadosar convidamos a todos os rapaces e rapazas de Santiago e a súa contorna a practicar o balonmán de balde durante os días 2 e 9 de xuño no pavillón Quiroga Palacios (Conxo).







Tamén adiantarvos que estaremos na Festa do deporte que se celebrara en Santiago o 17 de xuño, en breve os daremos mais información. Estade atentos a este blog.





Infantil Feminino 2017/18

Para a tempada 2017/18 sacamos equipo 

Infantil Feminino

Xa estamos adestrando, 
os xoves de 18:15 a 20:00 horas no 


Se queres formar parte do equipo non esperes mais
pásate polo Pavillón
ou inscríbete no formulario
 e dámosche mais información




Copa infantil

Este sábado o noso equipo infantil deuno todo no Pavillón Quiroga Palacios derrotando por un 26 – 25 ao Marmoleria Jose Rey Xiria de Carballo.
A pesares de este partido intenso e con vitoria do Ribadosar, non foi posible clasificarse para a final xa que o Pontedeume lles gañou ao Abegondo e ao Viveiro o sábado e o domingo respectivamente, quedando así a 1 punto por enriba de nos.
Parabéns aos clasificados para a final, que se disputará este fin de semana, entre o Culleredo (1º grupo 1) e o Pontedeume (1º grupo 2), que gañe o mellor.

Dende aquí aproveitar para felicitar a todo o equipo infantil xogadores e técnicos, pola voa labor e progresión que tiveron ao largo da tempada.





martes, 23 de maio de 2017

Sábado todos cos infantís Ribadosar

Este sábado as 10:30 no Quiroga, o equipo infantil mídese contra o Marmolería José Rey XIRIA, ultimo partido de copa coa táboa moi axustada (primeiros posto da copa) despois de que o BM Viveiro nos empatase o partido cun penalti co tempo xa esgotado.  Por outro lado estamos pendentes dos resultados do BM Pontedeume que xoga este fin de semana dous partidos, si gaña os dous pasaría o Pontedeume a final.

O sábado todos cos Infantís do Ribadosar no Quiroga!!!





Nas demais categorías non temos competición, en breve iremos comunicando os novos eventos.


martes, 9 de maio de 2017

Cronica, e horarios próximos encontros

O sábado 6 de maio celebrouse en Santiago a derradeira xornada de mini balonmán do grupo oeste da provincia de A Coruña.

Estivo a Pavillón Quiroga Palacios a pleno rendemento dende as 9:00 da maña montando as pistas, ata as 14:00 horas que se acabou de recoller todo. Os partidos comezaron as 10:00 con encontros cada 45 minutos en dobre pista e acabou o ultimo as 13:40.

Queremos agradecer a todos os que fan posible que estas xornadas se poidan levar a cabo ( Concello de Santiago, Voluntarios do Ribadosar, Xogadores de Categorías Cadete e infantil, que votan unha man cos arbitraxes e coas mesas dunha maneira desinteresada). Un evento de estas características necesita moitas pequenas cousiñas, que sen elas o resultado non seria o mesmo de ningunha maneira.

Tamén queremos agradecer o bo comportamento de todos os seareiros do balonmán, mostrando un comportamento exemplar en todas as xornadas da tempada xogadas en Santiago. Pincha na foto par a ver o albún.








Pola tarde viaxamos a Lugo a xogar un triangular, contra o Lucus e o Auseva de Oviedo,  este ultimo esta  preparando o Campionato de España cadete.  Xogamos contra uns equipos de bo nivel, onde puxemos a proba a David como porteiro Cadete, facendo unha actuación moi boa. Noraboa a o equipo cadete polo nivel mostrado.

O Domingo, o equipo Infantil xogou as 10:00 no Quiroga, non pudendo superar a un Artabro que se fixo cunha diferenza no marcador e soubo aguantar ata o final do partido.

Para as próximas xornadas viaxamos co equipo infantil a xogar a copa e co cadete partidos amigables nas mesmas localidades, o domingo 14 toca Culleredo e o mércores 17 de maio a viveiro. A dalo todo...