Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

luns, 22 de decembro de 2014

Nadal


Vacacions dende o 19 de decembro en todas as categorías.( Adestramentos e Competición). 
Reanudanse os adestramentos o 7 de xaneiro de 2015 cos horarios habituáis.  

martes, 16 de decembro de 2014

Partidos Fin de Semana

O sábado día 20 de decembro xogan os infantís o partido aprazado da primeira xornada de liga  contra o BM Arteixo as 12:00 no Quiroga Palacios. Ver horarios.



mércores, 10 de decembro de 2014

Fin de semana a tope de balonmán.. !!!!!!

Sábado os mais pequenos viaxan a Camariñas pola mañá. A tarde acompañamos aos xuvenís a Cangas, antes do partido do Ribadosar veremos o partido de liga Asobal entre os equipos Frigoríficos Morrazo - Global Caja C. Encantada.

O Domingo no Quiroga partido de liga dos infantiles e un amigable contra o Culleredo feminino. As dúas e media comemos todos xuntos no Restaurante San Martiño. Apuntadevos ainda quedan prazas.

PD: Para ir a ver o partido do Cangas e mais dos xuvenis tendes que apuntarvos para o autobús. poden asistir gratuitamente todos os xogadores do Club Balonmán Ribadosar, os que non sexan xogadores teran que pagar a entrada para ver o partido de Asobal (12€) o autobús sera sin coste para todos os que queiran ir. Limite de prazas por orde de inscripción.





Ver horarios.

martes, 2 de decembro de 2014

Xantar de Nadal

Un ano máis imos facer a xa tradicional comida de Nadal.
Este ano contamos con todos vos para pasar unha tarde en compaña, co discurso que nos ten preparado José Santaló, isto promete... ;-)
  

Apúntate neste formulario antes do venres día 5 


Pagamos no adestramento do mércores a Ricardo

Web do restaurante

martes, 25 de novembro de 2014

Horarios fin de semana 29 e 30 de novembro

O sábado 29 os infantís viaxan a Pontedeume, un encontro que promete entre os dous primeiros clasificados da táboa, os xuvenís xogan o domingo no Restollal fronte ao Poio Artai. Ver horarios.

venres, 14 de novembro de 2014

Asamblea Xeral Ordinaria


Convocase a todos os socios o martes día 18 de novembro en 1ª Convocatoria as 19:30 e en 2ª convocatoria as 20:00 no C.S. Aurelio Aguirre (Conxo)

xoves, 13 de novembro de 2014

Horarios

Domingo día 16 de novembro partido dos infantís no Pavillón Quiroga Palacios as 12:15. Ver horarios.

martes, 28 de outubro de 2014

Horarios 1 de novembro

Sábado 1 de novembro xogan os infantiles no Restollal. As demais categorías descansan.



martes, 21 de outubro de 2014

Partidos fin de semana 25 e 26 de outubro

O sábado 25 de outubro da comezo a competición alevín e benxamín, viaxamos a Carballo.
O Equipo infantil xoga en Coruña e o Xuvenil no Restollal. Ver horarios.

venres, 17 de outubro de 2014

Lotería de nadal

Ainda non tes a Lotería de nadal?

Xogamos ao número 

96.829

Date presa, colabora co Ribadosar!!

martes, 14 de outubro de 2014

martes, 7 de outubro de 2014

Horarios da competición Xuvenil e Infantil

O próximo sábado día 11 de outubro da comezo a competición de xuvenil.
Nos comezamos con xornada de descanso. O próximo fin de semana tocanos contra o Cangas na casa.

Horarios 1ª Volta Xuvenil (Cambios de Ultima Hora)

As datas corresponden ao fin de semana están por fixar o día e hora exactos

Os infantis comezan o sábado 18 de outubro xogando na casa contra o balonmán Arteixo.
  
Horarios 1ª Volta Infantil. 

As datas corresponden ao fin de semana están por fixar o día e hora exactos

Animadevos a vir aos partidos...

ArribaRibadosar!!!!

Resumen e fotos da presentación dos equipos para a tempada 2014/2015.

O sábado día 4 de outubro tivemos no pavillón do Colexio Quiroga Palacios a presentación dos equipos para a tempada 2014/2015.

A xornada saíu todo dentro do programado,  a primeira hora estiveron os benxamíns e alevíns facendo un pequeno adestramento, acabando sobre as once da maña con un partido entre eles.

As once e cuarto fixemos unha foto de club con case todos os membros, pasando logo a darlles un aperitivo cedida por gadis.
En categoría Infantil fixemos un partido contra o Balonmán Culleredo con equipos mixtos, fixeron os dous equipos un moi bo partido.

Acabamos a xornada cun partido entre o Ribadosar e o Xallas en categoría xuvenil, bo partido en xeral.
Dende o Ribadosar vamos a sacar equipo Benxamin, Alevín, Infantil e Xuvenil. Os xogadores cadetes incorporámolos o equipo xuvenil.

Agradecemento a:

Gadis, Espina y Delfin, Federacion Galega de Balonmán, Balonmán Culleredo, Balonmán Xallas, socios, familias dos xogadores, directivos do club, e en definitiva a todos os que aportaron un graíño de area para que estes proxectos poidan ser posibles.

ArribaRibadosar!!!!!!


venres, 3 de outubro de 2014

Ultima hora

A xornada de presentación dos equipos para o sábado dia 4 de outubro cámbiase ao pavillón Quiroga Palacios mantendo a mesma programación.  

mércores, 1 de outubro de 2014

Presentación dos equipos de balonmán do Club Ribadosar Temporada 2014/2015 sábado 4 de outubro

Dende aquí queremos invitarvos a todos os nen@s, pais, nais, soci@s, seareir@s  a participar cada un na súa maneira nesta maña que vimos a celebrar dende que iniciamos a nosa andadura con este fermoso deporte nesta magnifica cidade que non se merece menos que ter representación en Galicia cos nosos equipos de balonmán.
A xornada vaise celebrar no Pavillón do Restollal dará comezo  a iso das  dez da maña con xogos e actividades para os nenos e nenas con idades entre os seis e os once anos. A iso das 11:15 faremos a foto oficial,  inmediatamente despois podemos ver o partido amigable de infantiles 2ª galega entre os equipos Ribadosar - Culleredo.
As trece horas dará comezo o partido tamén amigable de categoría xuvenil 2ª galega entre o Ribadosar – Xallas. Finalizaremos a eso das duas e dez mais ou menos.
E unha maña que promete, animádevos a vir a ver os vosos equipos.
Dende aquí queremos agradecer a colaboración das distintas empresas,  grazas a elas este camiño faise mellor.
O noso agradecemento ao Balonmán Xallas e o BM Culleredo por prestarse a vir a xogar, sabemos a esforzo que lles supón.      
Grazas pola vosa colaboración

Arriba Ribadosar!!!!!


sábado, 13 de setembro de 2014

Comezo escolas deportivas no colexio Quiroga Palacios e no López Ferrerio

Un curso máis dan comezo as escolas deportivas de balonmán nos colexios de Santiago. Todos os centros que estén interesados neste deporte que contaten con nós no correo ribadosar@gmail.com

O venres día 19 de setembro comeza a actividade de Balonmán no Colexio Quiroga Palacios en horario de 16:00 a 18:00 horas.

O Venres día 26 de setembro comeza a actividade de Balonman no Colexio López Ferreiro en Horario de 16:30 a 18:00 horas.

 O  mes de setembro vai a ser gratuito para todos aqueles nenos e nenas  que queiran vir a probar.


Animadevos!!!



venres, 22 de agosto de 2014

Adestramento Pretemporada

¡¡Horarios e Pavillón, semana do 22 ao 28 de setembro!!
Xuvenil

O día 23 e 25 de setembro de 19:00 a 21:00 adestramento no pavillón de Pontepedriña.

Infantil

O día 22 e 24 de setembro de 18:15 a 20:00 adestramento  no pavillón do Quiroga Palacios.

Equipo infantil Femenino 2014/2015

Dende o Ribadosar esta tempada queremos formar equipo infantil femenino, 
Si eres nena e naceches no ano 2003, 2002 ou 2001 apuntate e ben a probar o balonmán, prometemosche que o vas a pasar moi ben. Anímate!!!, e trae as tuas amigas.

Comezamos o 1 de setembro no Pavillón Quiroga Palacios de 18:00 as 20:00 horas.

¡¡¡ Apúntate aquí !!!!




martes, 24 de xuño de 2014

Cronica II Handball - Corpus 2014 - Ourense

Esta pasada fin de semana celebrouse en Ourense o campionato II Handball - Corpus 2014, co que o noso equipo de infantís pecha a tempada 2013-2014, demostrando unha enorme evolución na calidade do xogo.

O día comezou cunha serie de baixas inesperadas, de Ambiorix e Xaquín, lesionado na súa man dereita, pero que non quixo perder a oportunidade de animar aos seus compañeiros. Dende aquí, desexámoslle unha pronta recuperación!

O equipo estaba tan xusto de xogadores que estas dúas baixas facía que non puídesemos xogar. Había que buscar opcións para solucionalo,  polo que despois de pedir permiso á organización, incorporamos a Leilía, que debutou no equipo infantil masculino facendo un gran traballo.

O equipo formado por Andrea, Breixo, Alex, Felipe, Ricardo, Teo e Leilía loitou dende o primeiro minuto ata o último, crecéndose co paso dos partidos. Empezamos o primeiro partido contra Tui, un pouco tímidos e con moito respeto polo noso rival, pero con moitas ganas de loitar. Seguimos contra o Pabellón de Ourense e rematamos contra o Lalín, no que demos todo o bo que sabemos facer, cun público volcado co noso xogo, que se levantou en moitas ocasións para aplaudirnos.

Ademáis de Xaquín, animaron e aplaudiron aos seus compañeiros Enrique, Uxía, Rodrigo e Valeria dende o banquillo, e todos os pais e nais que se acercaron a animar aos rapaces e que aplaudiron dende a bancada.

O resultado do campionato deixounos en cuarto lugar, moi contentos do xogo que fixeron os nosos rapaces, que nos mostraron un bo balonmán.

Noraboa a todos eles, e en especial a Álex, que levou o trofeo ao mellor xogador infantil masculino do campionato.

Así se fai!!

Click aquí para ver todas as fotos.



Entrega de premios



luns, 16 de xuño de 2014

Xornada de portas abertas 20 de xuño

Este venres 20 de xuño de 16:30 a 18:00 e de 16:00 a 18:00 nos pavillóns dos colexios Lopez Ferreiro e Quiroga Palacios vamos acelebrar as xornadas de portas abertas que se veñen celebrando todos os anos a finais de curso, para que os nenos poidan probar si lles gusta o balonmán. Vai ser unha xornada totalmente gratuita o único que teñen que facer e traer routa e calzado deportivo. Ides pasalo moi ben, animadevos!!!!!!

Calquera dubida ribadosar@gmail.com



domingo, 15 de xuño de 2014

II Handball-Corpus´14, 21 de xuño en Ourense

Este ano o equipo infantil do Ribadosar viaxa a Ourense o sábado día 21 de xuño para participar no  II Handball-Corpus´14 que organiza o B.M. Pabellón Ourense.

Horarios da xornada.


Saimos as 10:00 do Quiroga Palacios

xoves, 5 de xuño de 2014

Fase Final Provincial 2013/2014 Pontedeume

O sábado pasado xogouse a fase final de alevín e benxamín en Pontedume. O equipo benxamín quedou 4º clasificado da Provincia da Coruña. De tres partidos que xogaron gañaron un, empataron e perderon outro. Moitas grazas as familias polo esforzo que fixeron. Parabens por ese resultado!!!!.


Pincha na foto para ver mais..

mércores, 4 de xuño de 2014

Xornada Amigable sábado 7 de xuño

O próximo sábado 7 de xuño celebramos unha xornada amigable no pavillón Quiroga Palacios das categorías alevín e benxamín.


martes, 27 de maio de 2014

Fase Final Provincial 31 de maio

O proximo sábado día 31 de maio  celebrase en Pontedeume a Fase Final Provincial.

Para esta fase clasificabanse os tres primeiros equipos do noso grupo(B), un equipo do grupo Centro  e os catro primeiros do grupo A.

O Ribadosar Benxamín clasificouse para esta fase quedando 2º do seu grupo.

Deixovos o programa que mandaron da federación para esta xornada. Click na imaxe para vela con máis resolución.


Os Benxamins teñen que sair dende o Colexio Quiroga Palacios o sábado día 31 as 9:25 estar 5 minutos antes.

 A organización daralle aos xogadores un bocadillo para comer nas instalación apartir das 13:00 horas

Entrega de trofeos as 20:15.






martes, 20 de maio de 2014

3º e 4º posto fase final Alevín 7 Delegacion da Coruña

O sábado 24 de maio o equipo de alevín 7 xoga polo terceiro e cuarto posto no pavillón Quiroga Palacios contra o Camariñas. Ver Horarios.  Vinde todos animar!!!!!!


Noraboa!!!!!!!



venres, 9 de maio de 2014

Campamento Deportivos 2014


Para este ano, o Concello de Santiago de Compostela conta con 28 prazas para a 1ª
quenda (do 29 de xuño ao 5 de xullo) na que poderán participar os rapaces e
rapazas empadroados en Santiago e nados nos anos 2004, 2003, 2002, 2001 e 2000.
Para inscribirse, é preciso que presenten, en calquera dos Rexistros do Concello, a
seguinte documentación:

  1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titorla do solicitante.
  2. Unha foto de carné.
  3. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  4. Fotocopia do Libro de familia ou carné de identidade.
  5. Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do Concello). (A cota de inscrición son 85 q
  6. No caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. IMPORTANTE facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.

Os Rexistros do Concello son:

  • Rexistro Xeral : RI Presidente Salvador Allende, 4 Baixo (Galeras)
  • Rexistro Auxiliar CERSIA empresa: Avda. do Alcalde Raimundo López Pol s/n.(San Lázaro) 
  • Rexistro Auxiliar do Ensanche: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 (Centro Sociocultural)
A data límite de presentación da inscrición remata o luns 19 de maio.
No caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación, o Concello
realizará un sorteo diante do Secretario, unha vez rematado o prazo de inscrición.
Na páxina web da Deputación da Coruña www.dicoruna.es está toda a información
necesaria sobre esta actividade podéndose imprimir a inscrición correspondente
(Tríptico) .
Para calquera dúbida poden chamarnos ao Departamento de Deportes ao teléfono 981 528 730
9,00 a 14,00 horas.



martes, 6 de maio de 2014

Fin de semana con moito balonmán

O equipo infantil xoga o venres e o domingo no Quiroga Palacios, con esto acaba a competición oficial por esta tempada. Por outra banda están os alevíns (Ribadosar Omega) e os benxamíns que se xogan estar na fase final, pasan os 3 primeiros do noso grupo. Ver Horarios. 

mércores, 30 de abril de 2014

Selecionados para a Selección Provincial

XIº CAMPIONATO DE SELECCIÓNS PROVINCIAIS DE BALONMÁN, 1 de maio Lalin 


Felipe, Leilia e Uxía os representantes do Club Balonmán Ribadosar
na Selección Provincial. Noraboa!!!!!

Día da nai!!

Este sábado 3 e domingo 4 descansan todos os nosos equipos, feliz día da nai!!!.


mércores, 23 de abril de 2014

Lista de convocados para a selección provincial

Os xogadores convocados do Club Balonmán Ribadosar para os adestramentos da selección provincial de A Coruña o próximo fin de semana son:

Categoria Infantil Masculino

Felipe Ninni 

Categoría Infantil Femenino

Leilia Marie Pichel

Categoria Alevín Mixto

Uxía Romero Míguez 




Parabéns a todos/as !!!!!!!!

Horarios fin de semana

O sábado 26 de abril xogan os infantís en Pontedeume e os Alevíns  as semifinais do campionato alevín 7 en Carballo. Imos animar!!!!  Ver Horarios. 

domingo, 13 de abril de 2014

En Semana Santa non haberá adestramento. Reanúdanse as actividades o día 21 de Abril.

venres, 11 de abril de 2014

Preseleción Selección Provincial

Infórmovos de que o próximo 1 de maio celebraráse o XI º Campionato de Seleccións Provinciais en Lalín. O domingo 20 e o luns 21 de abril celebraremos as primeiras preseleccións.

Relación de xogadores/as convocados para a preselección provincial. Noraboa a todos.




martes, 8 de abril de 2014

domingo, 6 de abril de 2014

Aviso Urxente!!!!!!

Aviso Urxente!!!!!!

Luns día 7 de abril non haberá adestramento!!!!!!!

martes, 1 de abril de 2014

Fin de semana, 5 e 6 de abril

Sábado 5 de abril o equipo benxamín viaxara a Carballo. No pavillón de Roxos imos ter unha maña chea de balonmán, con partidos oficiais e amigables. O domingo 6 o equipo infantil viaxara a Coruña. Ver Horarios.

mércores, 26 de marzo de 2014

Aviso!!!

Este fin de semana 29 e 30 de marzo descansan todos os nosos equipos. A cargar as pilas.....!!

martes, 18 de marzo de 2014

Viaxe a Camariñas. Torneo Amigable

Sábado 22 de marzo  os equipos benxamín, alevíns e infantil viaxan a Camariñas. Domingo 23 Torneo amigable no Quiroga  Palacios coa participación das categorías Benxamín e Infantil . Visítannos os equipos do CEIP San Fernando de Asturias e o BM Artabro, os cadetes este fin de semana non xogan.
Ver Horarios.


martes, 11 de marzo de 2014

Horarios fin de semán

Sábado 15 de marzo os alevíns (Balonmán 7) viaxan A Coruña. Domingo 16 xogán no Quiroga os infantís,  e os cadetes en Pontedeume. Os benxamíns descansan. Ver Horarios.



Foto da comida en Viveiro 9 marzo 2014

venres, 7 de marzo de 2014

Horarios domingo 9 de marzo

 Viaxan a Viveiro os equipos Cadete e Infantil.

Saída do Quiroga Palacios as 7:50 da maña. 

Estar 10 minutos antes para organizar.

domingo, 2 de marzo de 2014

Fotos da 7ª xornada provincial de minibalonmán

Fotos da 7ª xornada provincial de minibalonmán celebrada o 1 de marzo de 2014 no pavillón Quiroga Palacios de Santiago de Compostela. Organizada polo Club Balonmán Ribadosar.

Dende aquí queremos agradecer a colaboración ao Concello de Santiago. Tamén agradecer a colaboración para que o devandito evento saíse tal e como tiñamos previstos a todos os clubs participantes e o público asistente.

Clicar na foto para velas todas.


Resultados dos partidos


xoves, 27 de febreiro de 2014

Atención vacacións de antroido!!!

O luns día 3 de marzo non haberá adestramento de infatís nin de cadetes. Reanudaranse o mércores 5 de marzo no horario de costume.

Desexámosvos un bo antroido!!!!!!


Horarios para o sábado 1 de marzo

Os cadetes e infantís non xogan ata o próximo fin de semana.
Ver Horarios.

domingo, 23 de febreiro de 2014

Xornada Amigable Ribadosar - Alca

Hoxe domingo celebrouse a xornada amigable de balonmán nas categorías benxamín e alevín entre o Club Balonmán Ribadosar e o Colexio Alca. Dende os mais cativos aos maiores demostraron o seu gran nivel.

Dende aquí damos as grazas a todos os  que colaborastes para facer  ser posible este evento.

Clic aquí para ver os resultados.




mércores, 19 de febreiro de 2014

Vídeo partidos do sábado 15 de febreiro de 2014



Horarios para o sábado 22 e domingo 23 de febreiro

Os cadetes acabaron a a primeira fase con un bo sabor de boca ao vencer ao Pontedeume na súa casa. Ata novo aviso non teñen competición.

Os infantiles comezan o sábado pola  tarde a primeira volta da Copa Federación no Quiroga Palacios.

O domingo toca unha nova xornada amistosa  contra o Colexio Alca  no Quiroga Palacios, nas categorías Alevín e Benxamín  

Animádevos a vir animar o voso Club   

martes, 11 de febreiro de 2014

luns, 10 de febreiro de 2014

Vídeo dos benxamíns e Alevíns en Carballo 2014/02/01


Horarios para o sábado 15 de febreiro

O equipo benxamín e alevín viaxa a Santa Comba o sábado pola mañá, os cadetes van pola tarde a Pontedeume, xogar o tempo que queda do partido suspendido polos problemas na pista, partindo dun resultado 9 - 10 a favor.  Ver Horarios

venres, 7 de febreiro de 2014

Temporal venres 7 de febreiro

Debido as novas que circulan por ahí con respecto ao temporal, esta nota é para aclarar que SÍ que hai actividades extraescolares, tanto no pavillón Quiroga Palacios coma no Lorenzo Latorre .

mércores, 5 de febreiro de 2014

Horarios sábado 8 de Febreiro

Este sábado xogan os cadetes en Redondela fronte o Sar.  
Os infantís acabaron a primeira fase da competición 2ª galega, estamos a espera da publicación dos calendarios da copa confederacións.
Os equipos alevín e benxamín este fin de semana descansan.


Gran actuación dos nosos equipos o fin de semana

O sábado pasado tivemos unha gran actuación dos nosos equipos.

Pola mañá en Carballo os benxamíns e Alevín arrasaron gañando os catro tempos. No equipo benxamín debutaron Abrahan e Dawit facendo un moi vo partido sen esquecer o traballo e resolución de Valería, Bruno e Enrique. No alevín tamén loitaron ata o ultimo segundo mostrándose así no resultado final.




Pola tarde tivemos un pavillón con moita afluencia de público. Xogaron as catro os cadetes facendo un partido moi bo no que estiveron gran parte do partido por diante ata os últimos minutos, onde o resultado decantouse polo Carballal perdendo así de un gol. 


As sete da tarde xogaron os infantís fronte o Narón  perdendo este partido contra o que vai 2º na táboa de Clasificación empatado co Ártabro. Foi un partido moi difícil para o noso conxunto pola envergadura do equipo visitante. Contamos co debut de Martín que fixo un vo partido.

En resumen gran fin de semana de todos os nosos xogadores. A seguir traballando e pasando moi ben.






mércores, 29 de xaneiro de 2014

Horarios sábado 1 de febreiro

O sábado 1 de febreiro pola mañá, temos unha xornada de partidos nas categorías benxamín e alevín en Carballo. O equipo Ribadosar Omega descansa.  Pola tarde os cadetes xogan contra o Carballal,  e os infantís o último partido da 1ª fase contra o Narón. Vide animar o voso club.  Ver Horarios

martes, 21 de xaneiro de 2014

Horarios sábado 25 de xaneiro

O sábado 25 de xaneiro  pola maña, temos unha xornada de partidos amistosos no colexio Alca en Biduido, nas categorías benxamín e alevín.  Os cadetes xogan en Pontedeume pola tarde e os infantís descansan.  Ver Horarios


martes, 14 de xaneiro de 2014

Horarios fin de semana

Cambio de hora para o partido  Ribadosar - BM Tui, adiantase  30' quedando a hora de inicio para as 16:30 



Publicados os horarios para o fin de Semana.  Os benxamins e alevins viaxan a Camariñas, os infantiles A Coruña e os cadetes xogan na casa pola tarde. A disfrutar do balonmán!!!!.

Ver Horarios

mércores, 8 de xaneiro de 2014

Horarios fin de Semana

Xogamos, os infantiles o sábado día 11 de xaneiro no Quiroga, e os cadetes  o domingo en Redondela. Ver Horarios

martes, 7 de xaneiro de 2014

Aviso

Mañá mércores  día 8 de xameiro volvemos a normalidade cos adestramentos.