Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 13 de decembro de 2016

Horarios Fin de Semana do 17 de decembro

O vindeiro sábado 17 de decembro temos a última xornada oficial deste ano 2016 en categoría Infantil e Cadete.

Empezamos a xornada no Pavillón Quiroga Palacios ás 10:00 coa sesión de Foto oficial do equipo Infantil e ás 10:30 co partido de infantil masculino liga galega entre os equipos Bm Ribadosar  vs Colexio Liceo.

Ás 11:45 foto oficial do equipo Cadete e  as 12:15 partido do equipo cadete masculino liga galega entre o Bm Ribadosar.es vs Nova Xestión Pavillón.

Continuaremos co tradicional xantar de nadal que celebramos todos os anos,  este ano na Casa Grande do Bachao ás 15:00 horas. (Situación Maps)

Esperamos contar con todos vós animando ao voso equipo.  

1, 2, 3,  Arriba Ribadosar!!!





Crónica xornadas días, 10 e 11 de decembro

O pasado fin de semana, celebrouse en Compostela no pavillón Quiroga Palacios,  a xornada número 4 de mini balonmán provincial grupo oeste.

A familia do balonmán reuniuse cos máis pequenos en Santiago o sábado 10 de decembro, os partidos empezaron ás 10:00 e terminaron ás 13:45, todo saíu segundo o previsto. Tivemos a presenza de equipos dos concellos de Carballo,  Camariñas, Zas, Santa Comba, ademais dos de Compostela. Participaron un total de 20 equipos de categorías alevín e benxamín (aproximadamente 200 xogadores) , o que nos fixo sentir un bo ambiente de balonmán a mañá do sábado.

Agradecemos a colaboración do departamento de Deportes de Santiago, Federación Galega de balonmán, Toldos Gómez e Voluntarios do Ribadosar, sen os cales estas xornadas serían imposibles levalas a cabo.

Doutra banda o equipo Infantil viaxo o domingo a Carballo para disputar un partido contra o  Marmolería José Rey XIRIA. Iniciamos o partido moi ben estando durante os primeiros 20 minutos moi igualados, a partir de aí os fallos do Ribadosar e os acertos do José Rey fixeron que estes fosen collendo vantaxe facéndose así co partido. Resultado Final 28 ? 16.
Parabén ao Marmolería José Rey XIRIA.




martes, 6 de decembro de 2016

Balonmán en Santiago

O sábado día 10 de decembro temos outra xornada de mini - balonmán na nosa cidade onde se enfrontarán durante toda a mañá, un total de 20 equipos de categorías alevín / benxamín. Contaremos con equipos de Carballo, Camariñas, Santa Comba e Zas ademais dos que temos en Santiago.
Promete unha mañá de sábado chea de balonmán, a cal dende o Ribadosar queremos animarvos a que asistades  a ver o espectáculo dos máis pequechos. Vai ser no Pavillón do Cardeal  Quiroga Palacios (Conxo) a partir das 10:00 da mañá.


Por outro lado temos aos infantís que o domingo 11 viaxan a Carballo para medirse co Balonmán Xiria. Ánimo Rapaces!!!





mércores, 30 de novembro de 2016

horarios sábado 3 de decembro

Este sábado 3 de decembro xoga o equipo cadete un partido moi difícil contra o BM Pontedeume. Temos previsto a saída en bus as 9:45 dende o Quiroga, animádevos a vir animar, partido que promete ;).



Nas demais categorías non hai partidos, os benxamíns, alevín xogan o sábado día 10 en Santiago e os Infantís en Carballo (Aínda esta por determinar día e hora)

Mais Info

mércores, 23 de novembro de 2016

horarios fin de semana

Horarios do fin de semana. 



Nota: O Autobús saldrá do quiroga Palacios as 8:30 e pasara polo Colexio Alca sobre as 8:35 para seguir hasta Camariñas. Apúntate ao Bus 

Xantar de Nadal 2016

Este ano vamos facer o xantar de Nadal na Casa Grande do Bachao. 

Dende a directiva do Ribadosar, agradecemosvos que nos fagades un oco nas vosas axendas nestas datas tan sinaladas.  

Inscribete aquí antes do  9 de decembro



mércores, 16 de novembro de 2016

Asemblea Ordinaria Club Balonmán Ribadosar

Con esta convocatoria chamamos  a todos os socios do Club Balonmán Ribadosar a asemblea ordinaria que se vai a celebrar o próximo martes 22 de novembro. É moi importante a túa asistencia. 




https://drive.google.com/open?id=0B5nYii7u5kbfdmFuUDdzaWVnNFU

Horarios fin de sábado 19 de novembro

Este fin de semana os cadetes viaxan a Viveiro un partido moi igualado, os infantís reciben no Quiroga ao BM Ártabro e as categorías benxamín e alevín nesta xornada teñen descanso. 
Vamos todos animar ao voso Equipo!!. 


Horarios sábado 19 de novembro

Resultados benxamín alevín xornada 2

luns, 14 de novembro de 2016

Sensibilización en igualdade de xénero "Contra os elementos"

A Deputación da Coruña, Área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade. Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais, presenta "Contra os elementos"  é un documental que pretende visualizar o deporte feminino na provincia da Coruña amosando a realidade das deportistas galegas, reivindicar a proxección deportiva e apoiar os deportes minoritarios e de base, axudar a crear iconas femininas que sexan referentes para o fomento da práctica deportiva entre as mulleres en igualdade de oportunidades, rachando estereotipos de xénero impostos na sociedade.

O título refírese directamente por un lado, á loita contra os elementos que representa o empoderamento e a superación dos obstáculos que deben afrontar as mulleres para poder practicar ou adicarse profesionalmente ó deporte, e por outro, é unha alusión directa ó medio natural (auga, lume, terra e aire) onde se desenvolven as distintas prácticas deportivas.

Protagonistas: Verónica Boquete, Marta Brañas, Mónica Castelo, Mari Carmen Garcia, Sofía Toro, Isabel Gundín, Paula Mayobre, Thais Pazos, Alicia Sadia, Ruth Ballesteros, Elena González e María José Mosquera.

Unha produción de Esferobite para a Deputación da Coruña

Falamos de deporte para falar de igualdade

Podes ver os recursos nos links





mércores, 9 de novembro de 2016

Fin de semana do 12 e 13 de novembro

O programa de competición para este fin de semana e o que sigue,
En categoría Alevín e benxamín xogamos en dúas sedes distintas, o Equipo alevín “Alca Ribadosar B” e o benxamín “Alca Ribadosar P” viaxan a Carballo. O benxamín “Alca Ribadosar S” descansa esta xornada, e o resto de equipos en categoría alevín xogan no Quiroga Palacios.
O equipo de categoría infantil nesta ocasión viaxa a Culleredo, toca madrugar, e o equipo cadete descansa esta xornada.

Podes ver os horarios aquí.






venres, 4 de novembro de 2016

Nota de prensa

El Correo Gallego (edición papel) fai eco do das xornadas de mini- balonmán o pasado 29 de outubro en Santiago de Compostela.






mércores, 2 de novembro de 2016

Horarios para o sábado 5 de novembro

O Sábado 5 pola maña xogamos en categoría Infantil e Cadete no Quiroga Palacios dous partidos,visítanos o Lucus e o Oar Coruña.
En categoría benxamín e alevín descansamos ata a próxima xornada (12 de novembro)

Ver horarios


domingo, 30 de outubro de 2016

Crónica 1ª xornada mini-balonmán, grupo Oeste Coruña, tempada 2016/17

O pasado sábado 29 de outubro xogouse a primeira xornada de mini - balonmán do grupo oeste Provincia da Coruña no pavillón C. Quiroga Palacios en Santiago de Compostela. Tivemos unha asistencia de público a momentos roldando os 200 asistentes, iso indica a boa acollida que está a ter o balonmán en Santiago.
Comézamos as 10:00 da mañá e acabamos as 13:30, con partidos simultáneos en  en dúas pistas, unha para categoría alevín e outra benxamín.
Disputáronse un total de 8 partidos a o longo da maña, participando equipos dos seguintes clubs:
BM Xiria, BM Camariñas, BM Xallas, BM Ribadosar,
Dende o Balonmán Ribadosar agradecemos o bo comportamento de todos os seareiros, árbitros (titulares e os do plan colabora), mesas, e voluntarios que fan posible estas xornadas. Tamén e de agradecer a os distintos equipos a puntualidade que tiveron, evitando así acumular retrasos nos horarios.
Aos nosos colaboradores, Concello de Santiago, Federación Galega de Balonmán
Grazas a todos!!.





Album de Fotos da Xornada










martes, 25 de outubro de 2016

Horarios sábado 29 de octubre

Este sábado comeza a competición das categorías alevín e benxamín. A primeira xornada vaise disputar en Santiago, no pavillón Quiroga Palacios. Este ano contamos con sete equipos en competición alevín e dous en benxamín.

Os equipos categoría Cadete e Infantil descansan esta xornada.

Tamén dicirvos que xa temos a lotería de nadal. Non te quedes sen ela!







martes, 18 de outubro de 2016

Horarios fin de semana

Este fin de semana empezan a competición os infantís, van a xogar a Lugo. Os cadetes desprázanse a Ourense, contra un Pabellón que vai de líder sen perder ningún partido.



luns, 17 de outubro de 2016

Horarios de Adestramento

Deixamos aquí os horarios de adestramentos dos distintas categorías para o ano 2016/2017.


Crónica dun sábado cheo de balonmán

O pasado sábado tivemos balonmán de calidade. Pola mañan os cadetes do Ribadosar e Pontedeume xogaron no Quiroga Palacios facéndose coa vitoria o Pontedeume, o Ribadosar non deixou de loitar ata o derradeiro segundo, bo partido por parte dos dous equipos, parabéns ao Pontedeume.




Pola tarde fomos a ver a o Frigoríficos do Morrazo vs F C Barcelona Lassa un partido no que se fixo coa vitoria o Barcelona, un cangas que o dou todo ata o  derradeiro minuto.
Podes ver ver máis información e fotos nos seguintes links.







venres, 14 de outubro de 2016

Horarios fin de semana 15 de outubro

Este fin de semana en categoría Cadete masculino xogamos no Quiroga Palacios as 11:30 contra o BM Pontedeume, e logo iremos a Cangas a animar ao Frigoríficos do Morrazo que xoga contra o Barcelona. Un sábado cheo de Balonmán.

Saída do Bus as 14:45 dende o Quiroga Palacios. Estar 10 minutos antes.

Aproveitar dende aquí para agradecer a Directiva do Frigorificos do Morrazo a invitación a os nosos xogadores a ver un partido de este nivel.

Moitas grazas en nome da directiva do Ribadosar.


venres, 7 de outubro de 2016

Para Fernando y Rubén Suarez

Sabemos que en momentos como estes, ningunha palabra é suficiente, con todo, enviámosvos as nosas condolencias polo falecemento da túa Nai e Avoa respectivamente. Unha aperta da Familia do Ribadosar para Fernando (Secretario do Club) e Rubén (Xogador do Equipo Cadete) e a toda a familia.

Sinceramente Directiva Ribadosar

Enterro hoxe as 12:30 Tanatorio de Boisaca



Frigorificos do Morrazo - FC Barcelona Lassa

O Sábado 15 de outubro as 17:00 horas en Cangas do Morrazo xoga o 

BM Frigoríficos  do Morrazo Contra o FC Barcelona Lassa

no Gatañal.  

Dende o BM Ribadosar falamos coa directiva do Cangas e poñen a nosa disposición entradas para os nosos xogadores. Os adultos teñen que pagar a entrada (aprox. 15€, por confirmar). 

A idea e que si somos un mínimo de 25 o club Balonmán Ribadosar poñerá un autobús de balde para todos os xogadores e socios que queiran ir, ata completar aforo de 55 prazas por orden de inscrición no formulario, (teñen preferencia os socios sobre os non socios).

Data tope para inscrición Martes 11 de outubro as 22:00 horas. 

No caso que non se chegase a un mínimo de 25 prazas cubertas teríase que ir en coches particulares.

O Autobús vai sair do Colexio Quiroga Palacios as 14:45 horas (Hay que estar 10 minutos antes da Saída)

Estaremos de volta en Santiago a eso das 20:00 horas


Os xogadores de categoría Benxamín teran que ir acompañados de un maior (tera que pagar a entrada)


martes, 4 de outubro de 2016

Horarios Partidos Fin de Semana

Despois da victoria na casa contra o BM Galipizza Viveiro, este fin de semana viaxamos a Lugo a polos dous puntos, pincha en Horarios para ver toda a información.

Apúntate para o bus antes do mercores as 22:00 horas.

xoves, 29 de setembro de 2016

Inicio tempada balonmán 2016/2017

O vindeiro sábado día 1 de outubro iniciamos unha vez máis unha nova tempada, cunha expectativa moi alta de obxectivos. 

Este ano sacaremos equipos nas categorías de Benxamín mixto, Alevín mixto, en liga provincial e infantil masculino, cadete Masculino en liga galega. Así mesmo estaremos a adestrar o equipo sénior (composto por xogadores xuvenís e sénior) para preparar a próxima tempada. 

Este ano temos un  proxecto moi ambicioso con apostas moi fortes, desde a integración nas nosas liñas dos xogadores do Colexio Alca, unindo forzas para así poder responder mellor ás distintas demandas que temos, así como a preparación do equipo sénior para a próxima tempada. 

Para iso teremos que traballar moi duro buscando colaboracións en empresas e institucións  para poder afrontar os gastos do equipo sénior e abaratar as competicións de base. Temos un déficit moi alto de instalacións deportivas, técnicos e voluntarios sendo iso para nós o noso cabalo de Troia. Somos moi novos en Santiago por iso necesitamos todo o apoio posible para que esta familia do balonmán siga crecendo amodo pero con solidez, necesitamos xente con ilusión e ganas de traballar por un proxecto único en Santiago. 

Podedes ver o cartel para o sábado, estades todos convidados a participar.


Moitas Grazas



Horarios de adestramento semana do 3 ao 9 de outubro


Esperamos que para esta semana se normalice o tema dos Horarios. Dispulpade as molestias.

venres, 9 de setembro de 2016

Merchandising

Estamos a facer algunaha modificacion na nosa web www.ribadosar.es , abrimos unha nova sección "Merchandising" para que poidades ir pedindo articulos que temos de promoción do club. Animadevos!!

Xornadas de portas abertas en setembro en Santiago

O vindeiro venres 16 de setembro de 16 a 18 horas empeza a actividade de balonmán para nenos/as de 1º a 6º de primaria, este mes de setembro imos facer xornadas de portas abertas (gratuíto) para que todos os nenos que queiran probar poidan asistir.  
Estamos pendentes de dispoñer de mais horas de pavillón a ver se en outubro segundo o volume de nenos podemos distribuír en mais días.


Horarios adestramentos


mércores, 31 de agosto de 2016

Tempada 2016/17

Volvemos estar ao comezo dunha nova tempada, despois dun verán de bo tempo empezamos a achegarnos a ás rutinas do curso. Para iso desde o Ribadosar levamos un tempo  preparando unha chea de temas para que todo funcione á perfección.

Este mes de setembro imos empezar os adestramentos de todas as categorías, como aínda non temos os horarios definitivos dos pavillóns (a esperas de que no lo confirme o Concello) iremos comunicando os distintos horarios por semana.

Adiantámosvos que este ano temos novidades que vos iremos contando segundo nos sexa posible.

Os primeiros en empezar a adestrar van ser os Infantís e cadetes o martes día 6 de setembro no Pavillón Quiroga Palacios.

Infantís: 6 e 7 de setembro de 18:00 a 20:00
Cadetes : 6 e 7 de setembro de 20:00 a 22:00

En breve daremos as datas de inicio de adestramentos  de benxamíns, alevíns, xuvenís, e sénior.

Dende a directiva danvos a benvida a todos esperando  que disfrutedes a tope desta tempada a!!!





xoves, 4 de agosto de 2016

ESCOLAS BALONMÁN 2016/17 APÚNTATE!!!



Buscamos Nenas e Nenos para a tempada 2016/2017 Comezamos a primeiros de setembro. 

Inscríbete xa, poñerémonos en contacto contigo. Estamos no Pavillon Quiroga Palacios (Conxo)

Camisetas Ribadosar

Ainda non tes a tu camiseta??? Non quedes sen ela, ainda estas a tempo de pedila pincha na que queiras. A disfrutala!!!













http://goo.gl/forms/mLz2AthouxEWCYyo2
Cubre o formulario e poñemonos en contacto contigo. 

martes, 21 de xuño de 2016

Actividades Peche Tempada 2015/16

Un ano máis chegou ao fin a tempada de balonmán.

O pasado venres 17 de xuño celebramos no Colexio Quiroga Palacios o peche das escolas de balonmán en categorías benxamín e alevín, asistiron case todos os nenos das escolas. Empezamos cunha exhibición dos nenos/as  aos asistentes seguindo con partidos contra os pais/nais  no cal se viviu un ambiente moi festivo.

Terminamos a xornada con entrega de medallas a todos os xogadores da escola e agradecemento aos adestradores polo traballo feito durante toda a tempada.

O domingo 19 de xuño fixemos o peche da tempada do club con todas as categorías, empezamos no Quiroga palacios a iso das 10:00 AM con xornada de portas abertas onde os máis pequenos estiveron cos adestradores e  xogadores de categoría cadete e xuvenil vendo as distintas posicións en balonmán coas súas particularidades, (bote, Pase, Portería, lanzamento, defensa, etc.), acabamos poñendo en práctica todos eses conceptos.

Ás 12:00 empezados co sorteo de distintos lotes de material escolar e balóns de balonmán entre todos os nenos asistentes para continuar logo coa foto de fin de tempada
Celebramos un  partido amigable entre os equipos Balonmán Ribadosar vs Balonmán Xallas coa súa entrega de trofeos.

Pola tarde comida, piscina, e xogos ao aire libre para todos os xogadores que asistiron na Casa Grande do Bachao.

Aproveito estas liñas a para agradecer a Toldos Gómez, Distrisantiago, Concello de Santiago, Federación Galega de Balonmán, Espina e Delfín, Deputación da Coruña a colaboración que teñen co Ribadosar sen a cal levar este proxecto a bo fin seria moi complicado. Grazas!



Pincha na foto para ver mais do Festival 



Pincha na foto para ver mais do peche de tempada



xoves, 16 de xuño de 2016

Clinic Victor Vigo

O mércores 22 de xuño dende as 17:00 tense previsto desenvolver unha xornada técnica para benxamín, alevín, infantil e cadete en Camariñas.

Saldremos de santiago as 16:00 do Quiroga Palacios e estaremos de volta sobre as 21:30  

Esta xornada será dirixida por: 

Pedro Rodríguez (internacional absoluto con España, xogador de Naturhouse A Rioxa, que a próxima tempada xogará no Pick Szeged húngaro)

Pablo Cacheda (internacional junior, subcampión de Europa e Mundial junior, xogador do Naturhouse A Rioxa) 

Víctor Vigo(xogador do Naturhouse A Rioxa)

Temos previsto facer varias quendas de adestramento e para os que non lles toque facelo nese momento haberá varias actividades.

Dispoñeremos de autobús se hai un mínimo de xogadores.


O Formulario pechásese o Venres a iso das 21:00 horas

Animarvos!!!



xoves, 9 de xuño de 2016

Peche Tempada 2015/2016

Facendo un pouco de historia, nacemos alá polo ano 2012 cando a Gregorio se lle ocorreu de montar un club específico de balonmán (sen ánimo de lucro), naqueles intres formaban a directiva Gregorio, Maruxa, Aurelio, Ricardo, Quique, Suso e Tino, e co paso do tempo esta directiva foise modificando por diversos motivos quedando ao día de hoxe con, Ricardo (Presidente), Fernando (Secretario), Lorenzo (Tesoureiro) e Quique, Suso, Jean, Juan (Vocais), tamén tivemos distintos adestradores que estiveron moi involucrados cos xogadores. Sen esquecernos das distintas empresas, institucións, amigos que nos axudaron a organizar os distintos eventos en todo este tempo.

Facendo un resumo da tempada 2015/16 ademais das competicións oficiais fixemos xornadas amigables, xornadas de portas abertas, peches de temporadas, asistir a partidos de Asobal (Cangas -Barcelona) con todos os nosos xogadores, colaboración directa coa federación para que xogasen as Guerreiras en Santiago o 7 de outubro e se conseguira un aforo de 3.400 persoas no Multiusos Fontes do Sar, partido retransmitido por tdp en directo, un gran éxito para o balonmán galego e en concreto tamén para nós como entidade representante do balonmán en Santiago.

Estes días tamén contamos con xornadas de portas abertas en todos os adestramentos para os nenos e nenas que queiran probar o balonmán de balde.

O próximo domingo día 19 de xuño facemos o acto de peche da tempada 2015/16 no pavillón Quiroga Palacios durante toda a mañá con actividades para os benxamíns, alevíns, sorteo de agasallos aos asistentes, foto de grupo e partido de xuvenís. Ao rematar temos un xantar para todos aqueles que vos queirades apuntar na casa Grande do Bachao.

Sen mais anímovos que nos sigades apoiando para que entre todos seguir medrando, pouco a pouco e cos pes no chan pero sen deixar de medrar.

PD. Tamén quero aproveitar estas liñas para agradecer a todos aqueles que participaron en calquera tarefa do Club para que todo fose mais sinxelo. Moitas Grazas.

J. Ricardo Vázquez
Presidente






luns, 6 de xuño de 2016

Crónica Torneo Santa Comba

O sábado 4 de xuño celebrouse un torneo organizado polo Clube de Balonman Xallas donde participaron os nosos benxamíns e alevíns. Tratouse do primeiro contacto de estes xogadores co balonmán 7 en pista completa, xa que nestas categorías xógase a minibalonmán (campos e porterías máis pequenas e 5 xogadores por equipo)na competición oficial. Os nosos xogadoras deron o mellor de si, formando un único equipo onde os benxamíns xogaban entre rapaces dous anos maiores sen baixar o nivel. Xogouse durante toda a maña acadando un terceiro posto, trofeo incluído. Parabéns para eles! E parabéns para o equipo gañador o Balonmán Camariñas.
Ademáis os nosos xogadores tiveron a ocasión de ver partidos de balonmán 7 o longo do día, onde xogaron outras categorías como infantís, cadetes e senior. Pincha na foto para ver a galeria.


Dende aquí mostrar o noso agracemento ao Balonmán Xallas por dita invitación. A seguir traballando ....


venres, 3 de xuño de 2016

Xornadas de portas abertas Balonmán en Santiago (Gratuitas)

Dende o Balonmán Ribadosar un ano mais vamos a facer unhas xornadas de portas abertas no mes de xuño ata o día 17 incluido. 

Son unhas xornadas total mente gratuitas dirixidas a nenas e nenos apartires de 6 anos para dar a coñecer o balonmán entre eles, o único requisito e vir con roupa deportiva e gañas de pasalo ben.


Esperamoste !!!!!

Calquera dúbida no correo ribadosar@gmail.com


mércores, 25 de maio de 2016

Crónica e fotos xornada amigable domingo 22 de maio

O pasado domingo 22 de maio celebramos en Santiago unha xornada amigable de Mini balonmán entre os clubs Asociación Deportiva Alca, Balonmán Camariñas, e o Balonmán Ribadosar. Empezamos a xornada ás 10:00 da mañá e estivemos a xogar ata as 12:15 en dúas pistas simultaneamente coas categorías alevín e benxamín, tivemos ocasión de ver como gozaban preto de 80 nenos e a bancada en momentos con bastante público. Ás 12:45 xogamos o partido de copa entre o Ribadosar.es vs BM Camariñas coa vitoria do Camariñas. Unha mañá a tope de balonmán onde todos pasárono moi ben. Podedes ver as fotos picando aquí.


O noso agradecemento a todos os que fan posibles estas xornadas. 
(Colaboradores, Institucions, Voluntarios, Familias, AD.Alca e BM Camariñas)


luns, 16 de maio de 2016

Balonmán domingo 22 de maio

O próximo domingo 22 de maio celebramos unha xornada de balonmán en Santiago.
A Xornada divídese en dúas partes, de 10:00 a 12:15 temos partidos de minibalonmán (benxamín e alevín)  cos clubs invitados de AD Alca e BM Camariñas, e as 12:45 comeza o partido oficial de categoría 2ª div. Infantil Copa delegación entre o Ribadosar.es vs Camariñas. Finalizaremos a xornada a eso das 14:00 horas. Dende aquí aproveitamos para animar a todos aqueles que vos gusta o balonmán que veñades o domingo pola mañan  a encher o Quiroga..


mércores, 11 de maio de 2016

Sábado 14 de maio

Estamos case ao final da tempada, xa empezando a preparar a tempada 2016/2017 organizando equipos, etc.

Os equipos Benxamín e Alevín xa acabaron a su tempada oficial, en breve comunicaremos as datas para partidos amistosos e xornada de peche de tempada.

Os xuvenís tamén acabaron a súa tempada oficial e en breve teremos unha reunión para organizar a tempada que ven.

Os dous equipos infantís que temos aínda lle queda un partido oficial a cada un deles, o equipo mixto este fin de semana descansa e o masculino viaxa a Lalín. Estamos pendentes de varios torneos de fin de tempada en breve comunicaremos as datas.



mércores, 4 de maio de 2016

Horarios sábado 7 de maio

A competición regular de alevín e benxamín xa rematou, agora quedan as fases finais, a competición que sigue activa e a categoría infantil na cal nos temos dous equipos en distintas categorías. Xogan tanto os infantil mixto (Ribadosar.es) coma o infantil Masculino (BM Ribadosar) este sábado no pavillón Quiroga Palacios. Podes ver os horarios na seguinte táboa. Ven animar ao Ribadosar!!!


mércores, 27 de abril de 2016

XIII CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS PROVINCIAIS

Este fin de semana 1 de maio celébrase en Lalín o Campionato Provincial de Seleccións, no cal están seleccionados dous xogadores do noso equipo infantil Teo e Felipe, Felipe non poderá participar por unha lesión, desde aquí queremos darlle o noso máximo apoio para unha pronta recuperación. 

Parabén aos dous e para ti Teo desexámosche un excelente campionato como nos vés tendo afeitos.


Para os demais xogadores preseleccionados que finalmente non fostes seleccionados ánimo e a seguir traballando ;)

Estades todos os seguidores do balonmán convidados a vir ver o evento, a entrada é gratuita




Horarios 30 abril

Este Fin de semana os equipos alevín e benxamín xogan en carballo a derradeira xornada de liga oficial. O Infantil masculino viaxa a Bueu partido difícil. Podense ver os horarios na seguinte táboa.




martes, 26 de abril de 2016

Campus Balonmán 2016 Colexio Alca

O Colexio Alca vai facer un campus de balonmán para o mes de xullo. Pincha no cartel para ver mais información.