Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 23 de febreiro de 2021

Iniciamos a actividade!!

 A raíz do parón que tivemos polas restricións da COVID19 tivemos que adaptar a nosa actividade. 

Todos os nosos equipos estiveron adestrando cos seus adestradores a través de videoconferencia. Sabemos que non es o mesmo pero aproveitamos para facer mais análise de partidos, mellora física e técnica individual. Foi moi ben acollida polos xogadores/as. A directiva e os técnicos do club están moi contentos co compromiso que mostraron todos/as xogadores/as con esta etapa que nos tocou vivir.

Dende o luns 22 de febreiro xa estamos adestrando coas mesmas condicións que estabamos antes do parón, aplicando o protocolo FISICOCOVID-DXTGALEGO.

De cara as competicións estamos a espera de que se publiquen de novo os calendarios da segunda fase de competición coas adaptacións do calendario, publicarémolo na web nos próximos días.

Mentres tanto vanse xogar distintos partido que quedaron aprazados da 1ª fase. Este sábado dia 27 de febreiro xogamos as 18:00 horas no Pavillón do Restollal o partido de categoría sénior masculino 2ª Autonómica entre os equipos BM Ribadosar.es vs Parrillada la Ronda Arteixo, podelo seguir pola nosa canle de instagram.

Dende o Balonmán Ribadosar pedímosche a máxima responsabilidade coa aplicación dos distintos protocolos e ante dubida preguntar ou moito sentido común. E polo teu ben e o de todos.



luns, 8 de febreiro de 2021

Asemblea Xeral Ordinaria do BM Ribadosar


O 16 de febreiro as 19:45 celebraremos a Asemblea Xeral Ordinaria do Club Balonmán Ribadosar a través de videoconferencia.

Agradecer dende aquí a Federación Galega de Balonmán o préstamo da conta de zoom para poder facer a asemblea, xa que para poder facer as votacións ten que ser unha conta de pago da que non dispoñemos no Balonmán Ribadosar.

Para poder acceder a asemblea comunicóuselle en prazo e forma aos socios/as os prazos e a forma de inscribirse, desta forma temos o control de asistentes.

Enviaráselles por privado aos socios/as inscritos un link de acceso a asemblea.