Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 28 de xuño de 2023

Nova directiva do Ribadosar

 

Comunicación

Nova directiva no Club Balonmán Ribadosar

A remuda na presidencia do Club Balonmán Ribadosar tivo lugar formalmente na asemblea extraordinaria celebrada ás 20:30h do luns 26 de xuño nas instalacións da Real Federación Galega de Fútbol, localizada no Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro.


A única candidatura apresentada para a presidencia foi a do profesor da Universidade da Coruña Roberto Samartim, quen estará acompañado na vicepresidencia por Patricia Rodríguez Botana, na Tesouraría por Santiago Suárez Gómez ‑ambos ligados laboralmente ao sector da banca e responsábeis nesta nova fase pola área económica do clube e na secretaria por Marta Solla Villaverde, xestora na Universidade de Santiago de Compostela (USC). A coordenación deportiva estará ao cuidado de José Manuel Brea Floriani e Ezequiel Álvarez Castro, ambos docentes da USC, e a área de comunicación será agora responsabilidade de María Balboa Castelo e Félix Díaz López, emprendedora no sector do turismo rural e docente de sistemas informáticos, respetivamente.


Tanto a directiva entrante, na voz do novo presidente, como a nutrida afluencia de persoas asociadas ao Ribadosar presentes na asemblea agradeceron e recoñeceron de xeito unánime o labor incontornábel realizado pola directiva sainte e, nomeadamente, por Ricardo Vázquez, quen estivo ligado ao clube desde a sua fundación en 2012 e foi seu presidente desde 2014 até a actualidade.


O novo presidente, Roberto Samartim, dirixiuse á asemblea para apontar, tamén, o que serán os obxectivos a curto e medio prazo do Ribadosar nesta nova etapa. Por un lado, dar continuidade ao legado de Vázquez, quen, en palabras de Samartim, “fixo do Ribadosar un espazo seguro e unha comunidade acolledora tanto para as crianzas como para as familias que escolleron desfrutar e educar co balonmán na comarca de Santiago”. Por outro lado, a nova directiva do Ribadosar tenciona estender a práctica do balonmán nas Terras de Compostela a todas as idades, tamén á categoría senior, reforzando especialmente as súas Escolas de Balonmán e consolidando as categorías benxamín e alevín misto, acrecentando tamén equipas femininas federadas ás categorías infantil, cadetes e xuvenís masculino actualmente existentes.

As nosas equipas

O clube ten abertas neste momento as inscricións para o próximo curso 2023-2024 a través da web www.ribadosar.es

xoves, 22 de xuño de 2023

Convocatoría de Asemblea Ordinaria e Extraordinaría

 A/A Socio/a do Club Balonmán Ribadosar

Mediante a seguinte circular quero informar aos socios/as do Club Balonmán Ribadosar, que o día 26 de xuño de 2023 celebrase a asemblea ordinaria en primeira convocatoria as 20:00 e en segunda convocatoria as 20:30 horas na sede da Real Federación Galega de Fútbol na sala Fernando Vázquez sito no Estadio Municipal Vero Boquete de San Lázaro, Porta 4,15703 Santiago de Compostela.

 Os Socio/as teñen que vir provistos co carnet de socio/a ou DNI, coa seguinte orde do día:

1.    Presentación

2.    Aprobación conta tempada 22/23

3.    Rogos e Preguntas.

 

A continuación da asemblea ordinaria celebrase a asemblea extraordinaria, coa seguinte orde do día:

1.    Elección do Presidente

2.    Cambio de domicilio social do club.

3.    Rogos e Preguntas.


A cal poden asistir con voz e voto todos los socios/as Numerarios que teñan a cota de socio a dia 8 de xuño o corrente. A votación farase a man alzada ao haber un so candidato.










Elección a presidencia do Ribadosar. Listado definitivo

 



Despois do tempo transcurrido e non ter alegación ningunha este e o listado definitivo. O seguinte paso e  convocar asemblea extraordinaría



luns, 19 de xuño de 2023

Elección a presidencia do Ribadosar. Listado provisional

Seguimos co proceso para a elección dunha persoa para a presidencia do Ribadosar. Onte acabou o prazo para a presentación de candidaturas. So se presentou a seguinte candidatura. 

Listado provisional:

    Roberto Samartin López-Iglesias, numero de socio 350

Temos de prazo para reclamacións ata o día 21 de xuño as 20:00 horas.

Calquera reclamación hai que dirixila a través do e-mail ribadosar.info@gmail.com


O 22 de xuño publicase a lista definitiva.