Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 28 de abril de 2022

Horarios partidos para o sábado 30 de abril

O próximo fin de semana o equipo sénior xoga o derradeiro partido da tempada en a Guarda.

Os cadetes teñen a primeira xornada de Copa Sponsor en Narón e o equipo xuvenil despois de gañar ao BM Arousa descansa esta fin de semana.







mércores, 20 de abril de 2022

Horarios dos partidos para o fin de semana

Este fin de semana empeza a Copa Sponsor para o equipo xuvenil, xogan en Carril.
Os cadetes xogan o seu derradeiro partido da segunda fase contra o Acanor Atl Novas e o sénior o sábado no Restollal contra o Linea 21.

Moita sorte aos tres equipos.








martes, 19 de abril de 2022

PORTAS ABERTAS BALONMÁN MAIO E SETEMBRO


No Balonmán Ribadosar xa estamos preparando a tempada 22/23


Se queres formar parte dos nosos equipos pincha no cartel ou escanea o QR para aceder ao formulario de preinscripción e poderas vir a probar gratis no mes de maio ou setembro para ver si che gusta, ben cos teus amigos/as


OBXECTIVOS DAS ESCOLAS:

  • Fomentar a práctica deportiva en xeral e do balonmán en particular.
  • Promover a actividade física e deportiva.
  • Educar e formar nenos/as deportistas.
  • Sensibilizar o xogo colectivo de cara o espíritu de grupo.
  • Dinamizador da convivencia.

 ACTIVIDADES O LONGO DO CURSO:

  • Entrenamentos semanais.
  • Competición  interescolas.
  • Posibilidade de participación nos equipos do C.B. Ribadosar que compiten nos Campeonatos provinciais organizados pola Federación Galega de Balonmán.
  • Participación en torneos internos do Club a desenvolver en Santiago e noutras localidades (Nadal, Semana Santa, etc …).
  • Saídas a ver partidos de balonmán (Asobal, 1ª Estatal, ... )
  • Outro tipo de actividades culturáis e deportivas, ao longo de ano.

DATAS DE INICIO - FINALIZACIÓN DO CURSO:

  • Comezará e rematará co calendario escolar, de setembro a maio.

Horarios dos adestramentos por categorías os que podes vir a probar 




mércores, 6 de abril de 2022

Recta final de competición

A estas altura de tempada xa estamos chegando ao fin da competición en algunhas categorías.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo.

Os Benxamíns acabaron competición este pasado sábado 2 de abril no que se enfrontaron ao Oar Coruña gañando os catro tempos, o que fixo que se colocaran de terceiros na táboa clasificatoria. Moi boa progresión!!





Os Infantís xogaron o seu último partido da tempada en Arteixo, no que perderon pola mínima nos últimos minutos. Para este equipo foi unha tempada moi difícil polas baixas que tivemos despois de ter todo configurado, pero con traballo e boa vontade van afianzándose e saíndo as cousas. Parabéns!!



Os Cadetes seguen coa súa loita entre os seis primeiros da liga Prata Galega, despois de non saír as cousas contra o Teucro o pasado fin de semana, estamos preparando o partido para este fin de semana xogar contra o Atlético  Bueu o partido que tiñamos aprazado da primeira xornada desta fase. Moita Forza!!





Os Xuvenís acabaron a competición xa fai 2 semanas. Equipo con moito mérito despois de afrontar unha tempada con  moitas baixas e completando o equipo con xogadores cadetes que tiveron que dobrar xornadas. Na segunda fase acadaron o segundo posto na táboa clasificatoria. Parabéns po lo esforzo e capacidade de loita que demóstraste durante toda a tempada.



O equipo sénior este fin de semana xogou contra o BM Loriga segundo clasificado na táboa. Partido difícil no que no minuto 33 puxémonos a tan so un gol 16-17. Despois de dous lances de partido estivemos con inferioridade numérica por dúas exclusións o que fixo que o equipo se atascara un pouco e o Loriga puidera aumentar a diferencia de goles ata o final. Este fin de semana toca xogar contra o Bm Xallas no Fontela en Santa Comba.






Cartel Para este fin de semana