Dende a directiva esperamos que este compromiso vaia a mais, para facernos mais fortes de cara a próximas tempadas.
Queremos recordarvos a todos e todas que esta directiva esta constituída de forma desinteresada por pais de rapaces e rapazas que xogan no BM Ribadosar, e que estamos abertos a que participedes con nos dende dentro, para que poidades ver toda a maquinaria que fai mover que cada fin de semana as cousas saian medianamente ben.
Dende aquí convidámosvos a todos e a todas a participar na xornada que estamos preparando para o día 25 de maio, (comunicaremos en breve o programa) onde acabaremos co xantar de fin de tempada no Hotel Congreso.