Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

xoves, 19 de maio de 2022

Programación para o 21 e 22 de maio.

Xa estamos próximos a finalizar esta tempada, e aquí vos detallamos a actividade do club para esta fin de sema.

O sábado pola maña equipo cadete xoga o seu derradeiro partido da tempada contra un duro rival como e o Abegondo. Desexamos moita sorte aos nosos despois de unha tempada tan boa como fixeron.

O domingo temos aos nosos benxamíns liados todo o día. Clasificáronse para a fase final da Copa Deputación da Coruña que se disputa en Camariñas. Esta fase xogase durante todo o día, pola maña xogase a fase de grupo e pola tarde as 16:40 horas semifinais Benxamín, as 18:00 3º-4º posto e final benxamín. De 18:45 a 19:00 horas entregas de trofeos e medallas

Os xuvenís tamén se clasificaron para a fase final da Copa Federación e xogan as 18:00 horas en Vigo contra o Reconquista. Partido complicado no que o gañador pasa a semifinal da copa que se celebrara o próximo fin de semana.

Moita sorte a todos!!!








 

xoves, 12 de maio de 2022

Horarios para o domingo 15 de maio. Copa Deputación

 Este domingo temos unha maña chea de balonmán no pavillón do Quiroga Palacios.

Empezamos coa xornada da Copa Deputación da Coruña  grupo F de benxamín balonmán 5. Participan os equipo de BM Xallas, BM Camariñas e BM Ribadosar. Isto empezara as 9:30

Despois da xornada de copa dos benxamíns xogan os cadetes a segunda xornada de copa sponsor contra o BM Atlántico.

Esperámoste no pavillón Quiroga Palacios










Comunicado da Federación Galega

Este e o comunicado que nos enviaron dende a Federación Galega de Balonmán con respecto a como quedan as distintas competicións. Chegouse a estes acordos despois da reunión  telemática celebrada onte as 19:00 horas.

No caso noso aféctanos:

En xuvenil masculino suspendese os cuartos de final da copa sponsor, así que o equipo xuvenil quedou campión de copa no grupo E

En cadete so se xoga a copa sponsor (quedan dúas xornadas). Non imos ter cuartos, semifinais e finais.

En benxamín modificase a data da Final Four benxamín para o 4 de xuño.




martes, 3 de maio de 2022

Crónica e horarios de balonmán para o 7 de maio

O equipo sénior acabou a fase con moi bo sabor de boca a pesares de perder contra o Atl Guardes (30-28) na súa casa. Un partido que estivo moi igualado en todo momento facendo unha defensa moi sólida e un ataque mais claro que noutras ocasións. A nota negativa as lesión de Cristián e de Ricardo, desexámoslle unha pronta recuperación.

O Equipo Cadete esta pasada fin de semana empezou a copa xogando en Narón. Despois de un partido moi complicado trouxemos os dous puntos para a casa. Este fin de semana descansa.

Este fin de semana xogamos a terceira xornada de copa co equipo xuvenil no Pavillón do Restollal contra o ED Poio Artai, ultima xornada da fase na que nos xogamos o pase a cuartos de final.





 

Campaña 𝔻𝕖𝕡𝕠𝕣𝕥𝕖 𝕖𝕟 𝕀𝕘𝕦𝕒𝕝𝕕𝕒𝕕𝕖

Pequeno avance da reportaxe audiovisual que se estreará o 5 de maio, dentro da campaña 𝔻𝕖𝕡𝕠𝕣𝕥𝕖 𝕖𝕟 𝕀𝕘𝕦𝕒𝕝𝕕𝕒𝕕𝕖, na que varios clubes e persoas vencelladas ao deporte compostelán reflexionan sobre o valor da igualdade na práctica deportiva.

Un proxecto de María Cruz Dafonte Raña e Manuel Tato Silva para as Concellarías de Igualdade e de Deportes do Pazo de Raxoi

Coa participación de Asociación ASPAS, Club Atlético Fátima, Club Balonmán Ribadosar Club Deportivo Ximnasia Rítmica, Compostela judo, club SD A Gaiola, Toño Bermúdez Cadena SER Galicia