Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

luns, 26 de xullo de 2021

ELECCIONS A PRESIDENCÍA DO CLUB BALONMAN RIBADOSAR

 Comunicado Importante para os socios/as do Club Balonmán Ribadosar

 

Dende aquí diríxome a todos os socios/as para comunicar que temos que facer eleccións a presidencia do club.

Este proceso conta con varias fases que enumero agora:

·        Ábrese un prazo dende o día 26 de xullo de 2021 ata o 2 de agosto de 2021 para presentacións de candidaturas a presidencia.

o   Os requisitos para poder presentar a candidatura e ser socio do club e estar ao corrente dos pagos, e ser maior de idade.

o   Calquera que este interesado/a que cumpra estes requisitos pode presentar a candidatura cubrindo o anexo que podes descargar aquí e envialo por e-mail a ribadosar@gmail.com antes das 20:00 horas do próximo 2 de agosto de 2021.

·        A partires do 3 de agosto publicarase neste sitio o listado provisional de candidatos/as.

o   Ábrese un prazo reclamación sobre esta lista dende o día 3 de agosto ata as 20:00 horas do 7 de agosto de 2021. Hai que enviar a reclamación ao e-mail ribadosar@gmail.com.

·        O día 9 de agosto publicarase neste sitio o listado definitivo de candidatos/as, así como a data para Asemblea de socios/as para o día 17 de agosto 2021 as 21:30 horas para a votación dos socios de forma telemática.


O Ribadosar precisa de ti, presenta a candidatura!!

Convocatoria