Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

luns, 25 de xuño de 2012

RIBADOSAR NO III CAMPUS TECNOLÓXICO DE BALONMÁN EN PONTEVEDRA

 Seis xogadores do C.B. Ribadosar están participando no III Campus de Tecnificación de balonmán en Pontevedra organizado polo C.B. Cisne, con entrenamentos específicos e outras actividades.
Ánimo e xa nos contaredes a vosa experiencia.

Cadetes: Lorenzo, Antón (non sae na foto) e Emilio
Infantiles: Rubén, Enrique e Pablo Manuel

luns, 18 de xuño de 2012

GRAN EXITO DAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS


Debido a choiba do día anterior a xornada celebrouse no pavillón de Santa Isabel. Asistiron sobre 100 rapaces. Contamos coa colaboración do Club de Balonmán Xallas de Santa Comba, co delegado provincial da Coruña da Federación Galega de Balonmán Bruno Molina e tamén fíxonos unha visita o concellal de deportes do Concello de Santiago Adrián Varela.
Dende as 10 da mañán estivéronse xogando partidos e realizando diferentes actividades coordinadas polo noso presidente Gregorio Vendrell e membros da directiva do club.
Grazas a todos, nenos, pais, amigos e colaboradores por facer posible que fose unha experiencia inolvidable.























xoves, 7 de xuño de 2012

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS SÁBADO 16 DE XUÑO


O Club de Balonmán Ribadosar vai a organizar o sábado 16 de xuño unhas xornadas de portas abertas no Campus Sur desde as 10 ata as 14 h.
¡Contamos contigo!

Aviso!!! de última hora
A xornada de portas abertas celebrarase no 
Pavillón Polideportivo de Santa Isabel
a misma hora...


Mapa