Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 26 de outubro de 2022

Horarios de competición para o sábado 29 de outubro

Este sábado xogan no quiroga palacios o equipo infantil e o cadete. O xuvenil descansa esta xornada e o alevín e benxamín están a espera de que saia a competición.





martes, 18 de outubro de 2022

Inicio de competición tempada 22/23 para os equipo cadete e infantil

Esta fin de semana comeza a competición para os equipos cadete e infantil. Un fin de semana no que nos toca xogar todo fora da casa. O xuveni xoga en Culleredo, cadete en Coruña (Oar) e o infantil en Carballo.

Moita sorte a todos eles!!



Pinchando no equipo poderás acceder a toda información sobre o equipo en cuestión, calendarios de competición, clasificación así coma o modelo de competición.

Xuvenil        Cadete      Infantil


venres, 14 de outubro de 2022

I XORNADA DE TECNIFICACIÓN ALEVÍN E BENXAMÍN

O pasado fin de semana celebrouse na Estrada a I xornada  de tecnificación alevín e benxamín, xeracións 2011 / 2012 / 2013.

Nesta ocasión do noso club foron convocados en alevín Rodrigo e en benxamín Ivan,. Pasarono moi ben unha experiencia para repetir, Noraboa aos dous.

  













Inicio de liga 22/23 do equipo xuvenil masculino

 Xa estamos de novo co inicio de tempada 22/23 para o equipo xuvenil.

O primeiro partido xogamos o pasado  mércores día 12 de outubro contra o linea21 na súa casa. 

O partido con boas sensacions ainda que non poidemos traer os 2 puntos para a casa, victoria do Linea21  24-22.

Este sábado xogamos as 19:30 pavillón do Restollal contra o Als Xiria B, estaremos todos cos nosos para anímalos. 






xoves, 6 de outubro de 2022

Actividade balonmán para a Anpa Athenea do C. Quiroga Palacios

Despois de moito esperar parece que temos un oco na pista coa Anpa Athenea.

Estaremos no Pavillon Quiroga Palacios os venres de outubro a novembro para os nenos e nenas da Anpa Athenea en horario de 17:30 a 18:30


Que teño que facer para poder asistir:

  1. Inscribirse aquí
  2. Acudir ao Pavillón Quiroga Palacios os días da túa idade.
  3. Roupa e calzado deportiva
  4. Vir cunha mochila na que tes que traer.
    1. Botella de auga co teu nome
    2. Unha toalla pequena
  5. E por último moitas ganas de pasalo ben
Nota: Faraselle un seguro deportivo a todos/as os asistentes,