O vindeiro mércores 1 de maio
celebraráse en Santiago de Compostela a 10ª
edición do Campionato Galego de Selecccións Provinciais das categorías: alevín
mixta, infantil masculina e infantil feminina. Como ben sendo habitual
neste torneo, as selección de
A Coruña e Pontevedra competirán con xogadores de 1º ano ou e de 2º ano da
categoría inmediatamante inferior.
A primeira preselección de Xogadores terá lugar este domingo 14 de abril en Carballo, no Pavillón Vila de Noia. Os adestramentos serán á seguinte hora:
Alevín mixta: de 15:30 a 17:00
horas.
Infantil Feminina: de 17:00 a 18:30 horas.
Infantil masculina: de 18:30 a 20:00
horas.
*Os nenos deben estar 10 minutos
antes na instalación; deben levar
calzado para cambiar, chandal e equipación do Ribadosar. Adestrarán unha
hora e media; ahí o corpo técnico de cada selección lle explicará aos pais
o funcionamento desta preselección.
Esta é a relación de xogadores convocados para esta 1ª preselección.
Noraboa, moita sorte a todos.