Tamén adiantarvos que estaremos na Festa do deporte que se celebrara en Santiago o 17 de xuño, en breve os daremos mais información. Estade atentos a este blog.
Un deporte, unha pasión...
martes, 30 de maio de 2017
Xornadas de portas Abertas
Dende o Balonmán Ribadosar convidamos a todos os rapaces e rapazas de Santiago e a súa contorna a practicar o balonmán de balde durante os días 2 e 9 de xuño no pavillón Quiroga Palacios (Conxo).
Tamén adiantarvos que estaremos na Festa do deporte que se celebrara en Santiago o 17 de xuño, en breve os daremos mais información. Estade atentos a este blog.
Tamén adiantarvos que estaremos na Festa do deporte que se celebrara en Santiago o 17 de xuño, en breve os daremos mais información. Estade atentos a este blog.
Etiquetas:
xornadas portas abertas
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
Infantil Feminino 2017/18
Para a tempada 2017/18 sacamos equipo
Infantil Feminino
Xa estamos adestrando,
os xoves de 18:15 a 20:00 horas no
Se queres formar parte do equipo non esperes mais,
pásate polo Pavillón,
ou inscríbete no formulario
e dámosche mais información
Etiquetas:
Balonmán Infantil Femenino
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
Copa infantil
Este
sábado o noso equipo infantil deuno todo no Pavillón Quiroga Palacios derrotando
por un 26 – 25 ao Marmoleria Jose Rey Xiria de Carballo.
A
pesares de este partido intenso e con vitoria do Ribadosar, non foi posible clasificarse
para a final xa que o Pontedeume lles gañou ao Abegondo e ao Viveiro o sábado e
o domingo respectivamente, quedando así a 1 punto por enriba de nos.
Parabéns
aos clasificados para a final, que se disputará este fin de semana, entre o Culleredo
(1º grupo 1) e o Pontedeume (1º grupo 2), que gañe o mellor.
Dende
aquí aproveitar para felicitar a todo o equipo infantil xogadores e técnicos,
pola voa labor e progresión que tiveron ao largo da tempada.
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 23 de maio de 2017
Sábado todos cos infantís Ribadosar
Este sábado as 10:30 no Quiroga, o equipo infantil mídese contra o Marmolería José Rey XIRIA, ultimo partido de copa coa táboa moi axustada (primeiros posto da copa) despois de que o BM Viveiro nos empatase o partido cun penalti co tempo xa esgotado. Por outro lado estamos pendentes dos resultados do BM Pontedeume que xoga este fin de semana dous partidos, si gaña os dous pasaría o Pontedeume a final.
O sábado todos cos Infantís do Ribadosar no Quiroga!!!
Nas demais categorías non temos competición, en breve iremos comunicando os novos eventos.

horarios
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
martes, 9 de maio de 2017
Cronica, e horarios próximos encontros
O sábado 6 de maio celebrouse en Santiago a derradeira xornada de mini balonmán do grupo oeste da provincia de A Coruña.
Estivo a Pavillón Quiroga Palacios a pleno rendemento dende as 9:00 da maña montando as pistas, ata as 14:00 horas que se acabou de recoller todo. Os partidos comezaron as 10:00 con encontros cada 45 minutos en dobre pista e acabou o ultimo as 13:40.
Queremos agradecer a todos os que fan posible que estas xornadas se poidan levar a cabo ( Concello de Santiago, Voluntarios do Ribadosar, Xogadores de Categorías Cadete e infantil, que votan unha man cos arbitraxes e coas mesas dunha maneira desinteresada). Un evento de estas características necesita moitas pequenas cousiñas, que sen elas o resultado non seria o mesmo de ningunha maneira.
Tamén queremos agradecer o bo comportamento de todos os seareiros do balonmán, mostrando un comportamento exemplar en todas as xornadas da tempada xogadas en Santiago. Pincha na foto par a ver o albún.
Pola tarde viaxamos a Lugo a xogar un triangular, contra o Lucus e o Auseva de Oviedo, este ultimo esta preparando o Campionato de España cadete. Xogamos contra uns equipos de bo nivel, onde puxemos a proba a David como porteiro Cadete, facendo unha actuación moi boa. Noraboa a o equipo cadete polo nivel mostrado.
O Domingo, o equipo Infantil xogou as 10:00 no Quiroga, non pudendo superar a un Artabro que se fixo cunha diferenza no marcador e soubo aguantar ata o final do partido.
Para as próximas xornadas viaxamos co equipo infantil a xogar a copa e co cadete partidos amigables nas mesmas localidades, o domingo 14 toca Culleredo e o mércores 17 de maio a viveiro. A dalo todo...

martes, 2 de maio de 2017
Non Puido Ser!!!
Minibalonmán
O Sábado 29 de abril disputáronse varios partidos en categoría alevín en Carballo, esta claro que non foi un sábado de resultados para o noso club impoñéndose en todos os partidos os equipos do Xiria e do Camariñas, e para mais dous dos nosos xogadores lesionados. Parabéns aos xogadores do Xiria e do Camariñas.
Semifinal Copa Federación Cadete
En Categoría Cadete tampouco foi o noso día a pesares de gañar ao BM Moaña (34 – 28), nun partido moi igualado.
Este era o partido de volta da semifinal da copa federación, despois de perder de 9 o partido que disputamos en Moaña, o noso equipo cadete en ningún momento tirou a toalla dando exemplo dun gran equipo expóndolle cara o primeiro clasificado do outro grupo, chegando a poñer o marcador a 8 de diferenza a favor do Ribadosar, con tan so 2 goles para facerse coa eliminatoria. Acabando o partido gañando de 6 tantos non foi posible pasar a final. Parabéns para o Moaña.
O sábado temos a derradeira concentración de minibalonmán de liga oficial zona oeste en Santiago, no pavillón Quiroga Palacios. Veñen a xogar os equipos do Balonmán Xiria e Zas tanto en benxamín coma en alevín.
Comezaremos as 10:00 xogando simultaneamente en dúas pistas para acabar a xornada a iso das 14:00 horas, despois de disputar un total de 9 partidos.
O Domingo as 10:00 xogan os infantís na pista do Quiroga Palacios contra o BM Artabro, así que xa sabedes, si queredes ver balonmán este fin de semana, non tedes desculpa, sábado toda a maña e o domingo a primeira hora, para logo celebrar o día da nai.

3º Clasificado na Copa Federación cadete 2016/17
Bm Ribadosar BM Maoaña despois do partido en Santiago
Aquí podes ver o vídeo do partido en Santiago
Planificación próxima xornada
O sábado temos a derradeira concentración de minibalonmán de liga oficial zona oeste en Santiago, no pavillón Quiroga Palacios. Veñen a xogar os equipos do Balonmán Xiria e Zas tanto en benxamín coma en alevín.
Comezaremos as 10:00 xogando simultaneamente en dúas pistas para acabar a xornada a iso das 14:00 horas, despois de disputar un total de 9 partidos.
O Domingo as 10:00 xogan os infantís na pista do Quiroga Palacios contra o BM Artabro, así que xa sabedes, si queredes ver balonmán este fin de semana, non tedes desculpa, sábado toda a maña e o domingo a primeira hora, para logo celebrar o día da nai.
Ubicación:Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, La Coruña, España
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)