O Balonmán Ribadosar acolliuse o Plan Corresponsables coa Federación Galega de Balonmán, Secretaria Xeral para o Deporte e o Ministerio de Igualdade.
Por iso este veran temos previstas varias actividades Totalmente Gratuitas para axudar a conciliación das familias e dar a coñecer o balonmán aos nenos e nenas de idades entre 5 e 14 anos na Comarca de Compostela.
Pola pouca dispoñibilidade das instalacións deportivas iremos actualizando neste blob e na web www.ribadosar.es os distintos puntos nos que imos estar.
O único que teñen que facer as familias e inscribirse no seguinte formulario.
https://forms.gle/RLdD84XjNc4LRFaX8
Están previsto levar a cabo varios campus en Santiago, Teo, e Ames en horarios de 10:00 a 13:45 horas a esperas de cerrar outros concellos, colexios e anpas.
Tamen temos previsto facer actividades puntuais en pistas exteriores, balonmán herba e un longo etc.
Unha gran oportunidade para que os nenos e nenas desta comarca coñezan un deporte de equipo novo para moitos de eles.
Actividades Confirmadas en:
Pavillón Apóstolo Santiago (Santiago) Inicio o 27 de xuño de 10:00 a 13:45
- Inscribirse aquí
- Acudir ao pavillón do CEIP Apóstolo Santiago o 27 de xuño as 10:00
- Roupa e calzado deportiva
- Vir cunha mochila na que tes que traer.
- Botella de auga co teu nome
- Una peza de fruta e un bocadillo para media maña
- Unha toalla pequena
- E por último moitas ganas de pasalo ben