Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 20 de marzo de 2018

Horarios previos a Semana Santa

Este fin de semana non tes desculpa, temos balonmán na capital galega sábado e domingo. Todos os partidos no Pavillón Quiroga Palacios. (Estate atento por si temos que cambiar de pavillón a ultima hora)

Categoría Cadete:

                O Ribadosar Amancio deportes segue subindo postos na fase final, con moi bos partidos en toda a fase. Este fin de semana ten dobre xornada  xogando o Sábado na casa contra o BM Xiria Hierros Urbieta e o domingo en Culleredo contra o BM Culleredo Técnicos 115.

                O Ribadosar Táboa Asesores esta de segundo na táboa con un ascenso moi bo nesta copa Federación. Tamén dobran xornada,  o sábado na casa e o domingo en Lugo  contra o Bm Lucus Recambios Infra.

Categoría Infantil:

                O BM Ribadosar Masculino dobra xornada, pero esta vez xoga na casa os dous partidos.
Despois de viaxar a Viveiro o pasado fin de semana a xogar o partido de ida da fase final e vir con unha vitoria, este fin de semana o sábado xogan contra o Viveiro o partido aprazado polo temporal.
O domingo en Santiago empezan coa copa xogando contra o BM Línea 21 O Abade.

                O BM Ribadosar Feminino despois de un parón de 3 semanas empezan coa copa en Santiago  o sábado pola maña xogando contra o C. Polideportivo Lucense.

Alevín e benxamín:
                Este fin de semana descansan ata o dia 7 de abril que temos xornada en Santiago.   
Xa están colgados os novos calendarios (Copa benxamín), podes consultalo na sección de alevín e benxamín.

En Semana Santa paramos os adestramentos. Inicio da actividade normal o luns 2 de abril.



Novos Horarios


mércores, 14 de marzo de 2018

Promoción do Balonmán en Santiago

Desde o Balonmán Ribadosar estamos dando a coñecer nos distintos centros educativos de Santiago este fermoso deporte. Un deporte que desde que o coñeces éo empezas a practicar non o podes deixar.

Deixamos aquí un link da publicación que fixeron no colexio Santiago Apóstol  de cando estivemos cos seus nenos e nenas de 4, 5 e 6 de primaria.

http://almacigaenverde.blogspot.com.es/2018/03/visita-dun-adestrador-de-balonman.html?m=1

Agradecer a colaboración de Pili (Mestra de Ed. Física)

Se eres Mestre  de Educación Física e queres que vaimos dar unas sesións de balonmán ao teu centro ponte en contacto con nos e vemos datas.



Balonmán para tod@s

Despois dun fin de semana moi movido, con suspensión de partidos, cambios de pavillóns partidos moi axustados. Volvemos con mais competición.

O Sábado pola maña os equipos alevíns e o benxamín xogan en carballo a xornada nº 9 de competición.

Os equipos cadetes xogan o sábado pola tarde as 17:00 horas. O Ribadosar Táboa Asesores  xoga en Oleiros e o Ribadosar Amancio Deportes no Pavillón do Restollal.

Os infantís xogan o domingo en Viveiro viaxe largo...

As nenas infantís seguen de descanso este fin de semana.

Os partidos aprazados en categoría cadete e infantil Masculino xogaranse o 24 e 25 de marzo, para a semana publicaremos os horarios.

A desfrutar do Balonmán..




venres, 9 de marzo de 2018

Temporal para o Fin de Semana


Aviso de última hora ! 

Bos días, acaban de comunicar desde o  Concello de Santiago o cambio de pavillón para os partidos que se disputan este fin de semana en Santiago.


Xogaremos cos mesmos horarios pero no  Pavillón do Restollal (á beira do Corte Ingles).

Estamos tamén pendentes da evolución do temporal, que se a Xunta de Galicia declara Alerta Nivel Laranxa suspenderase toda competición en Santiago.

martes, 6 de marzo de 2018

Horarios para o 10 e 11 de marzo


En categorías alevín e benxamín descansan esta semana

As xogadoras do equipo infantil feminino acabaron a 1ª fase de competición, estamos a esperas de que de comezo a copa para o próximo día 24 de marzo.  
No infantil feminino  no que levan de competición puidemos ver unha boa progresión dende os inicios da tempada  ata o de agora, vese que a pesar de ser un equipo configurado coa metade das xogadoras de idade Alevín esta collendo confianza e empezan a verse mellor no campo. Moito animo e a seguir traballando en equipo para poder medrar.

O infantil masculino despois de acabar a 1º fase facendo moi  bo xogo,  vai xogar a fase  final da zona norte  a disputar o 9º ou 10º posto da zona norte contra o BM Viveiro a dous partidos. Este domingo toca na casa as 12:30 no Pavillón Quiroga palacios.
Para o dia 24 de marzo empezara a copa.

En categoría cadete dobramos xornada cos dous equipos.

Ribadosar Táboa Asesores despois da vitoria en Narón moi merecida,  xoga no pavillón Quiroga Palacios, o sábado as 16:45 contra o Linea 21 Básculas Veiga e o domingo as 10:30 o partido aprazado por pingueiras contra o Lucus Recambios Infra .

Ribadosar Amancio Deportes  despois de varios partidos de “infarto” resolvéndose  nos últimos segundos pola mínima, empeza a 2ª volta da fase final enfrontándose o sábado as 18:30 no pavillón Quiroga Palacios ao BM Nova xestión Pabellón   (1º clasificado) e o domingo as 13:00 en Culleredo contra o BM Culleredo Técnicos 115 (2º Clasificado) . Partidos moi complicados os que vamos con moita forza.

Así que este fin de semana non vos podedes perder o balonmán na capital galega.
Todos con eles no Quiroga Palacios, sábado tarde e domingo pola mañan.   
Esperámoste...



Recorda que no seguinte link a partires dos martes podes ver os horarios do seguinte fin de semana, localización de pavillóns, así como apuntarte para o bus  www.ribadosar.es/horarios-partidos